Palma

cidade balear da illa de Mallorca

Palma[1], tamén coñecida como Palma de Mallorca ou localmente como Ciutat, é unha cidade e concello insular español, capital da comunidade autónoma das Illas Baleares e da illa de Mallorca.

Modelo:Xeografía políticaPalma
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 39°34′00″N 2°38′59″L / 39.5667, 2.6497
EstadoEspaña
Comunidade autónomaIllas Baleares
IllaMallorca Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación423.350 (2023) Editar o valor en Wikidata (2.029,19 hab./km²)
Lingua oficiallingua castelá
lingua catalá Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie208,63 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porMar Mediterráneo Editar o valor en Wikidata
Altitude13 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Santo padrónSebastián e Nossa Senhora da Saúde (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataJaime Martínez Llabrés (pt) Traducir (2023–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal07000–07099 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE07040 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webpalma.cat Editar o valor en Wikidata

Ocupa unha superficie de 208,63 km², situada a beiras do mar Mediterráneo, na costa suroeste da illa, no centro da baía de Palma. Cunha poboación de 416.065 habitantes en 2019, é a oitava cidade de España en número de habitantes e a primeira das Illas Baleares. A súa área metropolitana engloba nove concellos que abranguen 560.240 habitantes repartidos nunha superficie de 1.015,88 km².

Historia

editar

A cidade foi fundada polo cónsul romano Quinto Cecilio Metelo o ano 123 aC. Durante o período islámico denomínase Madina Mayurqa. Co rei Xaime I chámase Mallorca. Co Decreto de Nova Planta recuperou oficialmente o nome romano, que, tamén oficialmente, no século XIX, se transformou en Palma de Mallorca; desde 1998 é oficialmente só Palma. Por antonomasia tradicionalmente os mallorquinos denomínana simplemente La Ciutat (A Cidade).

Xeografía

editar

O termo municipal de Palma ten unha superficie de 208,63 km² e limita cos termos de Calvià, Puigpunyent, Esporles, Valldemossa, Bunyola, Marratxí, Santa Eugènia, Algaida, Llucmajor e o mar Mediterráneo.

Corresponde ao termo municipal de Palma o arquipélago de Cabrera, formado polas illas de Cabrera, Conillera, els Estells, l'Imperial, Na Rodona, Na Foradada, Na Plana, Na Pobla e outros illotes menores.

Atópase situada no sector occidental da illa de Mallorca, quedando situada entre as comarcas naturais da Serra de Tramuntana, a cal presenta un relevo accidentado definido por aliñacións de dirección nordés-suroeste e polo Pla de Mallorca.

 
Panorámica de Palma desde o castelo de Bellver.

Distritos

editar

A causa da aplicación da Lei de grandes cidades, desde marzo de 2005 Palma está dividida en cinco distritos:

Palma goza de clima mediterráneo cunha temperatura media anual de 17 °C e unha media anual de precipitacións de 450 l/m².

Observatorio do Aeroporto de Son Sant Joan
1971-2000 xan feb mar abr mai xuñ xul ago set out nov dec TOTAL
Temp. máxima (°C) 15,1 15,5 17,1 19,2 23,3 27,4 30,8 31,0 27,7 23,2 18,8 16,1 22,1
Temp. mínima (°C) 3,5 3,8 4,5 6,5 10,5 14,6 17,3 18,2 15,9 12,2 7,6 5,2 10,0
Precipitacións (mm) 36 32 28 34 27 16 7 16 48 68 48 46 410

Demografía

editar

Cunha poboación de 400.578 habitantes (INE 2015), é a cidade máis poboada de Mallorca e das Illas Baleares, así como a oitava cidade en poboación de España.

Evolución da poboación de Palma entre 1900 e 2010[2]
Gráfica elaborada por Wikipedia en base aos datos do INE-2010

Economía

editar

Os dous principais motores da economía son o turismo e a construción, que relegaron a un segundo plano á industria e ao sector primario (agricultura, gandería, pesca, minería). As industrias de hotelería atópanse entre as primeiras de España e ata do mundo enteiro. As zonas que concentran maior número de turistas son a praia de Palma e o centro da cidade.

Lugares de interese

editar
 
Catedral de Mallorca
  • Catedral de Mallorca
  • Castelo de Bellver
  • Convento de Sant Francesc
  • Igrexa de Santa Eulària
  • Igrexa de Sant Miquel
  • Praza Maior
  • Pazo da Almudaina
  1. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 101. ISBN 84-8158-266-2. 
  2. Instituto Nacional de Estadística (INE) España (ed.). "Series históricas de poboación". Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2011. Consultado o 7 de xaneiro de 2011. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar