Área metropolitana

Unha área metropolitana é un gran centro de poboación que abrangue unha cidade central, que lle dá o nome á área, e a súa zona adxacente de influencia. Esta zona de influencia normalmente consiste nunha serie de cidades adxacentes, chamadas cidades satélites, que poden funcionar como cidades dormitorio, industriais ou comerciais. A área metropolitana organizase de maneira centralizada en torno a cidade central.

Definición e características

editar

O concepto de área metropolitana fai referencia a unha aglomeración urbana, xeralmente unha grande cidade central, combinada cunha periferia non necesariamente urbana que se acha dentro da zona de influencia, xeralmente cidades satélites e/ou suburbios, e que constitúen un gran centro de poboación.

Varias son as características que definen a área metropolitana e a relación entre ambas zonas.

  • A rexión metropolitana non precisa estar obrigatoriamenta formada por unha única zona contigua urbanizada, podéndose designar como rexión metropolitana, unha rexión con dúas ou máis áreas urbanizadas intercaladas con áreas rurais.
  • A rexión metropolitana posúe un alto grau de integración entre as áreas mantendo unha organización centralizada en torno a cidade central.
  • A rexión metropolitana está definida polas correspondentes administracións. E,
  • A rexión metropolitana constitúese como un grande centro de poboación de grande densidade.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar

Asociación mundial das grandes metrópoles