Illa dels Conills

A illa dels Conills (Illa dos Coellos en galego), tamén coñecida como Conillera, é a segunda illa máis grande do arquipélago de Cabrera, nas Illas Baleares, cunha superficie de 1,37 km².[1]

Illa dels Conills
Situación
PaísEspaña España
Comunidade autónoma Illas Baleares
ArquipélagoIllas Baleares
MarMediterráneo
Coordenadas39°10′59″N 2°57′51″L / 39.18306, -2.96417
Xeografía
Superficie1,37 km²
Demografía
PoboaciónDeshabitada

Esta illa podería ser a chamada Parva Hannibalis ("a pequena de Aníbal") por Plinio o Vello, que por unha mala interpretación podería haberse convertido en Patria Hannibalis ("a patria de Aníbal"), dando lugar á lenda do nacemento de Aníbal nela. En realidade, as indicacións de Plinio son tan imprecisas que esa illa podería referirse a calquera das illas do arquipélago de Cabrera, aos illotes da baía de Palma ou outros da costa mallorquina.

Notas editar

  1. "Arqueobalear.net" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 13 de xuño de 2018. Consultado o 2017-12-30.