María Cristina de Habsburgo-Lorena

política española

María Cristina de Habsburgo-Lorena (de nome completo Maria Christina Désirée Henriette Felicitas Rainiera von Habsburg-Lothringen), nada en Gross-Seelowitz, Moravia (Imperio Austríaco) o 21 de xullo de 1858 e finada en Madrid o 6 de febreiro de 1929, Exerceu de raíña consorte de España entre 1879 e 1885 polo seu casamento con Afonso XII (foi a segunda esposa). Cando este morreu converteuse na raíña rexente durante a minoría de idade do seu fillo Afonso XIII entre 1885 e 1902. Era coñecida popularmente co alcume de "dona Virtudes".[1]

Modelo:BiografíaMaría Cristina de Habsburgo-Lorena

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(de) Maria Christina von Habsburg-Lothringen Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Maria Christina Désirée Henriette Felicitas Rainiera von Habsburg-Lothringen Editar o valor en Wikidata
21 de xullo de 1858 Editar o valor en Wikidata
Židlochovice Castle, República Checa (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte6 de febreiro de 1929 Editar o valor en Wikidata (70 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCripta Real do Mosteiro do Escorial Editar o valor en Wikidata
Rexente de España
1885 – 1902
Consorte de España
1879 – 1885
Abadesa da Institución de Damas Nobres do Castelo de Praga
1875 – 1879 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaPalacio Real de Madrid Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor en Wikidata
ProfesoresFranz Xaver Malcher Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloRaíña nai (1885–1929)
Raíña consorte de España (1879–1885)
Arquiduquesa (pt) Traducir (1858–1929)
Raíña
Raíña Rexente Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Habsburgo-Lorena (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeAfonso XII de España (1879–valor descoñecido) Editar o valor en Wikidata
FillosMaría de las Mercedes de Borbón y Habsburgo-Lorena, María Teresa de Borbón, Afonso XIII de España Editar o valor en Wikidata
PaisCarlos Fernando de Áustria-Teschen Editar o valor en Wikidata  e Isabel Francisca de Áustria-Toscana Editar o valor en Wikidata
IrmánsKarl Stephan von Österreich
Eugen von Österreich-Teschen
Frederico de Áustria-Teschen
Maria Teresa Henriqueta de Áustria-Este Editar o valor en Wikidata
Premios

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fontePequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
KALLIOPE Austria (en) Traducir, (p.31) >>>:Maria Christine Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0703074 BNE: XX1227450 Musicbrainz: 2b83c5f7-d170-4f39-928f-252dcfc6611d WikiTree: Von_Habsburg-Lothringen-1 Find a Grave: 8857586 Editar o valor en Wikidata

Por dereito de nacemento era arquiduquesa de Austria e princesa de Hungría, Bohemia, Croacia, Dalmacia e Eslavonia. Por vía materna, gardaba parentesco coa familia real española e austríaca, posto que era tataraneta de Carlos III de España e bisneta de Leopoldo II de Austria.

Traxectoria

editar

Familia

editar

Filla do arquiduque Carlos Fernando de Austria e da arquiduquesa Isabel Francisca de Austria. Foi sobriña dos emperadores de Austria e de México: Francisco Xosé e Maximiliano I, e segunda esposa do rei Afonso XII de España. Exerceu a rexencia durante a minoría de idade do seu fillo, o rei Afonso XIII desde 1885 ata 1902. Gobernou España durante a Guerra Hispano-Estadounidense. Logo da derrota no conflito, e poloTratado de París (1898) o país perdería as últimas posesións do seu imperio colonial.

En 1879 converteuse na segunda esposa do rei Afonso XII, tras enviuvar este de María das Mercedes de Orleáns. Non conxeniou moi ben co extravertido monarca por mor do seu carácter tímido e tranquilo.

Rexencia

editar

Dado que cando faleceu o soberano (1885) se achaba embarazada dun fillo que nacería póstumo, tivo que asumir a rexencia e, así, o 30 de decembro de 1885, xurou a Constitución, tal como quedou inmortalizada na obra de Sorolla. Meses máis tarde naceu o futuro Afonso XIII, quen se converteu na grande esperanza para o trono español. A raíña, inexperta nos negocios da política, deixouse asesorar por Sagasta, con quen acabaría trabando unha estreita amizade. María Cristina guiouse pola sensatez e o equilibrio nos seus dezasete anos de rexencia. Tivo por confesor a José Fernández Montaña, ao cal lle encargou a educación de Afonso XIII como preceptor. Pouco logo da morte do rei Afonso XII, co obxectivo de evitar os erros que deron lugar á crise do reinado de Isabel II, chegouse ao Pacto do Pardo, un acordo subscrito por Cánovas e Sagasta que instituíu o sistema de quendas pacíficas no exercicio do poder entre liberais e conservadores e consolidou a Restauración ata finais do século XIX e principios do XX. O papel de Cristina no sistema de goberno foi representativo, xa que non participou nos enfrontamentos entre os partidos dinásticos, respectando a quenda á hora de chamar os candidatos a formar goberno aínda que se sentiu máis próxima a Sagasta e non puxo dificultades ao mantemento de longos períodos de goberno do partido liberal. Promulgáronse, entre outras, a Lei de Sufraxio Universal e a Lei de Asociacións.

Nos seus últimos anos de rexencia agravouse o problema marroquí e agudizouse a conflitividade social. Desta época datan tamén os inicios do catalanismo político. Ademais, a perda das tres últimas colonias hispanoamericanas en 1898 e o inicio da descomposición dos dous partidos da quenda ao desaparecer Cánovas e Sagasta poucos anos despois, sumiron o país nunha grave crise, que evidenciou de xeito claro a inoperancia que adquiriu coincidindo co cambio de século o réxime da Restauración. O seu máis fervente desexo era traspasar a Coroa ao seu fillo, desexo que viu cumprido en 1902, cando Afonso XIII alcanzou a maioría de idade e foi proclamado rei de España. Desde ese momento consagrouse ás obras de caridade e á súa vida familiar e, a partir de 1906, ao contraer matrimonio o seu fillo Afonso con Vitoria Uxía de Battenberg utilizou o título de "Raíña Nai". Faleceu no Palacio Real de Madrid o 6 de febreiro de 1929 e foi enterrada no Mosteiro do Escorial.

Descendencia

editar

Tivo tres fillos con Afonso XII:

Títulos, tratamentos e distincións

editar
  • 21 de xullo de 1858-29 de novembro de 1879: A Súa Alteza Imperial e Real a arquiduquesa María Cristina de Austria, Princesa Real de Hungría e Bohemia
  • 29 de novembro de 1879-25 de novembro de 1885: A Súa Maxestade a Raíña de España
  • 25 de novembro de 1885-17 de maio de 1902: A Súa Maxestade a Raíña Rexente de España
  • 17 de maio de 1902-31 de maio de 1906: A Súa Maxestade a Raíña de España
  • 31 de maio de 1906-6 de febreiro de 1929: A Súa Maxestade a Raíña Nai de España

Dende 1885 até 1902, período no que exerceu a rexencia, o seu título completo foi: A Súa Maxestade a Raíña Rexente do Reino Dona María Cristina de Habsburgo-Lorena.

Distincións honoríficas

editar
  •  Rosa de Ouro da Cristiandade (Cidade do Vaticano, 1886).
  •  Gran Mestre da Orde das Damas Nobres da Raíña María Luisa (Reino de España).
  •  Dama da Orde da Cruz Estrelada (Imperio Austrohúngaro).
  •  Dama gran cruz de honor e devoción da Orde de Malta.
  •  Dama da Real Orde de Victoria e Alberto (Reino Unido).

María Cristina na ficción

editar
  • ¿Dónde vas, triste de ti? (película). A arquiduquesa foi interpretada por Marga López.
  • Acacias 38
Predecesor:
María das Mercedes de Orleáns
Raíña consorte de España
1879 - 1885 (Rexente 1885-1902)
Sucesor:
Vitoria Uxía de Battenberg
  1. Trías Sagnier, Jorge (09-02-2004). "Doña Virtudes". abc.es. Consultado o 22-09-2017. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Rubio, María José (2009). Reinas de España: siglos XVIII-XXI. De María Luisa Gabriela de Saboya a Letizia Ortiz (1ª ed.). Madrid: La Esfera de los Libros. ISBN 978-84-9734-804-1. 
  • Pericot García, Luis (dir.); VV. AA. (1983) Historia de España: La Casa de Borbón. Barcelona: Ediciones Océano. Instituto Gallach de Librería y Ediciones. ISBN 84-7505-725-X.