Maximiliano I de México

arquiduque de Austria e príncipe de Hungría e Bohemia e despois emperador de México

Ferdinand Maximilian Joseph von Habsburg-Lothringen, nado o 6 de xullo de 1832 en Viena e finado o 19 de xuño de 1867 en Santiago de Querétaro, foi arquiduque de Austria e príncipe de Hungría e Bohemia, mais renunciou aos seus títulos para converterse no emperador Maximiliano I de México, quen encabezou o Segundo Imperio Mexicano, entre 1863 e 1867.

Maximiliano I de México
Nacemento6 de xullo de 1832 e 1832
Lugar de nacementoPalácio de Schönbrunn
Falecemento19 de xuño de 1867 e 1867
Lugar de falecementoSantiago de Querétaro
Causaferida por arma de fogo
SoterradoCripta Imperial de Viena
NacionalidadeImperio Austríaco e Segundo Império Mexicano
Relixióncatolicismo
Ocupaciónpolítico e botánico
PaiFrancisco Carlos da Áustria
NaiSofia da Baviera
CónxuxeCarlota de México
IrmánsMaria Ana da Áustria, Arquiduque Francisco Xosé, Carlos Luís da Áustria e Luís Vítor da Áustria
PremiosCabaleiro da Orde do Vélaro de Ouro, Order of Saint Anna, 1st class, Order of the White Eagle, Order of Saint Stanislaus, 1st class, Ordem de Santo Alexandre Nevsky, Ordem de Santo André, Order of Saint Stephen of Hungary, Orde de Malta, Ordem Equestre do Santo Sepulcro de Jerusalém, Orde da Aguia Negra, Order of Saint Hubert, Real Ordem Guélfica, Order of Philip the Magnanimous, Order of the Rue Crown, Order of Fidelity, Lexión de Honra, Order of Saint-Charles, Ordem do Leão Neerlandês, Grand Cordon of the Order of Leopold, Ordem do Serafim, Orde do Elefante, Ordem da Anunciação, Ordem dos Santos Maurício e Lázaro, Ordem de São Januário, Ordem de São Fernando e do Mérito, grand cross of the Order of Saint Joseph, Ordem do Redentor, Ordem Nacional do Cruzeiro do Sul, Grã-Cruz da Ordem da Torre e Espada, Ordem da Águia Vermelha, 1.ª classe, Cabaleiro da Orde dos santos Mauricio e Lázaro e Order of Saint Stanislaus
Na rede
WikiTree: Habsburg-Lothringen-34 Find a Grave: 22003 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Era irmán do emperador de Austria, Francisco Xosé e curmán de Pedro II do Brasil. Casado coa princesa Carlota de Bélxica, tamén coñecida como emperatriz Carlota de México. Foi persuadido polo emperador francés Napoleón III e por realistas mexicanos a aceptar a coroa do Imperio Mexicano acabado de fundar (1864-1867).

A Aventura de Maximiliano de Habsburgo - como foi chamada no México - non pasou dun triste episodio de intereses creados, inxenuidade e desespero. Os conservadores viron na súa persoa a posibilidade de manter un sistema político que lles era cómodo e que lles parecía seguro por contar co apoio de Francia, de Inglaterra e da Santa Sé. O arquiduque austríaco, pola súa parte, de certo modo condenado a ser sempre o irmán do emperador de Austria, aceptou o papel que lle era ofrecido desempeñar nun país completamente descoñecido para el e sumido nunha profunda crise política.

 
Execución do emperador Maximiliano, en 1867. Óleo sobre tea de Édouard Manet (1866-1868).

Debido ás súas tendencias liberais, logo perdeu o apoio dos conservadores. Foi o punto de mira das hostilidades dos seguidores de Benito Juárez, os republicanos, ao ordenar a execución sumaria dos seus líderes (1865). A única protección de Maximiliano era a presenza de tropas francesas; cando estas se retiraron (1866-1867), el asumiu persoalmente o comando dos seus soldados. Após un cerco en Santiago de Querétaro, foi capturado, aprisionado, xulgado por unha corte marcial e fusilado xunto cos seus xenerais Tomás Mejía e Miguel Miramón.

Coa súa morte, a pretensión ao trono mexicano foi reivindicada por dous ramos distintos. Os Habsburgo-Itúrbide, por pedimento dos netos do primeiro emperador de México Agustín de Iturbide.

 
Deseño da execución do emperador Maximiliano e dos seus xenerais, Tomás Mejía e Miramón, que foron executados por un pelotón de fusilamento en Santiago de Querétaro, en México, o 19 de xuño de 1867.