Imperio Austríaco

(Redirección desde «Imperio austríaco»)

O Imperio Austríaco foi fundado en 1804 como reacción á creación do Primeiro Imperio Francés baixo Napoleón I. O primeiro emperador de Austria foi Francisco I, tamén ostentando o título de emperador Sacro-Romano co nome de Francisco II. Máis tarde abdicaría deste cando o imperio foi abolido na reorganización napoleónica de Alemaña en 1806.[1] Para manter o seu título imperial elevou a Austria da categoría de arquiducado á de imperio.

Kaiserthum Österreich
Imperio Austríaco

1804–1867
Bandeira Escudo
Himno: Gott erhalte Franz den Kaiser
Capital Viena
Lingua alemán, húngaro, checo, polaco, croata, romanés, esloveno, eslovaco, serbio ruteno e italiano
Relixión Católica Romana
Goberno Monarquía
Período histórico Novo Imperialismo
 • Abdicación de Francisco II 1804
 • Compromiso Austrohúngaro 1867
Moeda Florín (Gulden)

HistoriaEditar

O Imperio Austríaco formou parte da Confederación Xermánica a partir de 1815, cando o Congreso de Viena restableceu as fronteiras de Europa despois da derrota de Napoleón I e reorganizou a forma e ideoloxía políticas do Antigo Réxime.

Tras varios intentos errados de reforma constitucional, o Imperio Austríaco transformouse no Imperio Austrohúngaro como consecuencia directa da derrota sufrida na guerra das Sete Semanas e grazas ao Compromiso austrohúngaro de 1867 baixo o reinado de Francisco Xosé I de Austria, outorgando igualdade de status aos territorios húngaros.

Países do Imperio AustríacoEditar

 
A Coroa Imperial, antiga propiedade de Rodolfo II

EconomíaEditar

Situación en HungríaEditar

Até a revolución de 1848 os únicos propietarios da terra eran os nobres.[2] A reforma agraria de 1852-1853 por parte da coroa tratou de crear unha nova clase social de campesiños propietarios na que apoiarse fronte á nobreza maxiar[3] A reforma foi, con todo, un fracaso.[3] As novas posesións eran, en xeral, demasiado pequenas para sustentar ao campesiñado que, sen experiencia no mercado, sen crédito accesible e debido á depresión agrícola de finais do XIX viuse abocada a vender as súas propiedades aos terratenentes e volver a unha situación de dependencia moi semellante á anterior á reforma.[3]

NotasEditar

  1. "Os novos Estados e o Sacro Imperio". Deutsche Welle 28.08.2006 (en español). 2006. Consultado o 07/10/2007. 
  2. Macartney, p. 578
  3. 3,0 3,1 3,2 Macartney, p. 579

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar