Principado teocrático de Montenegro

estado montenegrino desde 1516 a 1851

O Principado teocrático de Montenegro ou Principado-Bispado de Montenegro (en montenegrino e en serbio Владикат Црна Гора, Vladikat Crna Gora) foi un Estado teocrático que comprendía o estado montenegrino que existiu desde 1516 a 1851. Xurdido do bispo de Cetinje (bispos ortodoxos serbios, máis tarde metropolitanos) cando renunciou á soberanía otomá e transformou o bispado de Cetinje a un protectorado ruso de facto, gobernando polos píncipes-bispos (Vladika).[1][2][3]

Modelo:Xeografía políticaPrincipado teocrático de Montenegro

Localización
Editar o valor em Wikidata
CapitalCetinje Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación60.000 Editar o valor em Wikidata
Lingua oficiallingua montenegrina Editar o valor em Wikidata
RelixiónCristianismo ortodoxo Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Comparte fronteira con
Datos históricos
Creación1516 (Gregoriano)Editar o valor em Wikidata
Disolución13 de marzo de 1852 Editar o valor em Wikidata
Organización política
Forma de gobernoabsolute theocratic monarchy (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
MoedaMontenegrin perun (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

A súa historia comeza con Danilo Šćepčević (Daniel Šćepčević), un bispo de Cetinje ao que se uniron varios clans de Montenegro na loita contra o Imperio Otomán, que ocupara a maior parte do sueste de Europa. O Vladika Danilo foi o primeiro príncipe-bispo da Casa Petrovic-Njegoš, que ocuparía o cargo de metropolitanato de Cetinje até 1851, cando Montenegro se converteu nun Estado laico (Principado) baixo Danilo Petrović-Njegoš.

Xa o fora antes, durante un breve período (1767-1773), unha monarquía, cando o impostor Estevo o Pequeno postulouse como emperador de Rusia e coroouse a si mesmo como Señor de Montenegro.

Antecedentes editar

Pouco se sabe dos primeiros tempos deste país. Só que os seus primitivos poboadores eran ilirios e que foi ocupado polas tribos eslavas no século VII. Da unión destas tribos xurdiu, no século IX, o principado de Duklja, coñecido máis tarde por Zeta.

Os serbios converteron aos montenegrinos nos seus vasalos (1215), e aínda que estes lograron un período de independencia baixo a dinastía dos Balsas (1360-1421), o país quedou finalmente sometido a Venecia.

Porén, a influencia de Venecia (1421-1709), ao igual que a posterior ocupación turca, produciuse fundamentalmente na costa e territorios periféricos, mentres que o interior das montañas permaneceu inaccesíbel.

Os seus habitantes e cantos alí se refuxiaron foron gobernados durante este período polo Consello de Metropolitanos ortodoxos de Cetinje, converténdose así, grazas a este goberno teocrático, nun símbolo da resistencia eslava fronte ao xugo otomán.

Establecemento editar

Despois da caída do principado de Zeta en 1498, Montenegro foi incorporado ao Imperio Otomán. En 1514, Montenegro foi declarado como un estado separado (Sanjak de Montenegro), polo sultán Bayezid II. O primeiro Bei do Sanjak foi un fillo de Ivan Crnojević, Skanderbeg Staniša Crnojević, que se converteu o islam e ocupou o cargo entre 1514 e 1528. A pesar da crueldade que lles atribúe a historiografía, os otománs non tiñan ningún poder real en Montenegro. O verdadeiro poder estaba en mans de clans serbios. Desde 1534 en adiante só se menciona, en Montenegro, a casa de Crnojević.[4]

O ano 1516 produciuse un cambio na constitución de Montenegro que moitos historiadores consideran que asegurou a súa supervivencia como Estado independente. O último representante da dinastía dos Crnojević retirouse a Venecia (casara cunha veneciana) e conferiu a sucesión aos bispos de Cetinje. En Montenegro, a posición do vladika, como era coñecido o príncipe-bispo, trouxo estabilidade ao liderado neste país. O vínculo entre Igrexa e Estado, moi condiderado aos ollos dos campesiños, deu unha forma institucionalizada de sucesión que impediu que se convertera nunha cuestión de competencia entre clans menores e excluía a posibilidade de establecer alianzas cos turcos.

Desenvolvemento posterior editar

 
O Vladika Danilo I de Montenegro (Danilo Petrović-Njegoš).
 
Icona de Petar I Petrović Njegoš, Vladika Pedro I de Montenegro, San Pedro de Cetinje.
 
Danilo Petrović-Njegoš, Danilo I
Príncipe-Bispo de Montenegro (1851–1852),
Príncipe de Montenegro (1852–1860).

Nos anos posteriores os vladikas procedían de familias diferentes e eran elixidos por asembleas populares. De acordo con Petar I Petrović Njegoš (San Pedro de Cetinje), "o Vladika é un montenegrino exemplar, como foron os primeiros Vladikas, e non pode ser máis que un montenegrino nado nunha das mellores familias Montenegro." Un escritor de renome da historia de Montenegro sinalou: "Os Vladikas eran verdadeiros líderes espirituais e populares do pobo de Montenegro. O Vladika foi un gardián da fortaleza espiritual e a autoconciencia das persoas, baseada na fe e a tradición de heroísmo e gloriosos antepasados... os Vladikas gobernaban non pola forza bruta, senón mediante oracións, a persuasión e la influencia puramente moral. E todos os montenegrinos recoñecían a autoridade suprema da fe e a igrexa na que os Vladikas e as persoas eran un. Era unha especie de irmandade espiritual".[5]

A institución da soberanía teocrática e as persoas que ocuparon a través dos séculos seguintes foron clave para a independencia de Montenegro, a súa identidade nacional e a unidade, fronte ás antigas divisións tribais. Rodeado polo Imperio Otomán, enclavado nas montañas ao redor do monte Lovćen, Montenegro mantivo a súa soberanía grazas á dirección dos Vladikas.

O goberno teocrático do Consello de Bispos de Cetinje asentouse aínda máis ao formarse o Estado feudal encabezado polo metropolita Danilo Petrović-Njegoš (1696-1735), metyropolita de Cetinje, que fixo hereditario o poder político-relixioso para a súa familia, proclamándose a si mesmo "vojevodič srpskoj zemlji" (Duque da Terra Serbia),[6] ao tempo que o utilizou como arma de persecución contra os musulmáns.

Paulatinamente fixéronse frecuentes as sublevacións antiotomás, entre as que destaca a de 1683.

O sucesor de Danilo I, Petar I Petrović Njegoš (Pedro I) coñecido como San Pedro de Cetinje, (17471830) Vladika de Montenegro e Exarca (pretendente) da Igrexa Ortodoxa Serbia, foi o líder espiritual e militar máis popular da dionastía Petrović. Durante o seu longo reinado fortaleceu o poder central, unindo aos a miúdo enfrontados clans serbios, consolidou o control sobre as terras de Montenegro, e introdicindo as primeiras leis en Montenegro (Законик Петра I ou Zakonik Petra I), poñendo en marcha o primeiro programa de liberación nacional e de unificación dos serbios. Apoiándose en Rusia para loitar contra Turquía, logrou consolidar a situación internacional de Montenegro.[7]

Mentres que Serbia se debatía entre a debilidade das súas estruturas internas e a pretensión de converterse nunha gran potencia eslava, o principado de Montenegro mantiña o seu tradicional papel de baluarte antiturco. Gobernados polos bispos de Cetinje, que se sucedían de tío a sobriño, os pouco máis de 100.000 habitantes do montañoso territorio levaban unha existencia moi primitiva, agrupados en clans virtualmente independentes e a miúdo enfrontados.

Con Pedro II (1830-1851) realizáronse as primeiras reformas: substitución da tradicional asemblea de clans por un Senado de 12 membros, establecemento dun exército regular, introdución da imprenta, centralización administrativa etc.[8]

Fin do Principado teocrátrico editar

Artigo principal: Principado de Montenegro.

O sucesor de Pedro II, Danilo I (Daniel I, 1851-1860), deu un paso decisivo ao renunciar á xerarquía eclesiástica, abandonar os hábitos e secularizar o principado, centralizando o poder político. Convertido en hospodar, promulgou unha Constitución en 1852 e introduciu algunhas reformas liberais. Apoiado por Napoleón III conseguiu asestar un duro golpe á dominación turca (1858), rexeitando unha invasión dos otománs, co que a causa independentista do país deu un novo avance.

O seu sucesor, Nicolao I (1860-1918), afondou as reformas liberais. Tivo que rexeitar un intento de invasión dos turcos en 1862. Trala derrota otomá na guerra ruso-turca de 1877-78, na que participou Montenegro, este país adquiriu a súa independencia (Tratado de Santo Stefano, 1878) e a súa salída ao Adriático polo porto de Antivari no posterior Congreso de Berlín (1878).

Nicolao I asumiu o título de rei en 1908. Interveu nas guerras balcánicas, e na I Guerra Mundial participou ao lado da Entente.

Notas editar

  1. Victoria Clark, Why angels fall: a journey through Orthodox Europe from Byzantium to Kosovo, páx. 93
  2. Robert Bideleux & Ian Jeffries, A history of eastern Europe: crisis and change, páx. 86
  3. Anthony Trollope, Saint Pauls, Volume 5, páx. 430
  4. J. Jovanovic (1948): Stvaranje Crnogorske Drzave i Razvoj Crnogorske Nacionalnosti, Cetinje, páxs. 54-55).
  5. Rovinski, Crna Gora u proslosti i sadasnjosti, 1989, Cetinje, páxs. 352-353).
  6. Serbian Wikiquote: Danilo I Petrović Njegoš
  7. "Pedro I de Montenegro (San Pedro de Cetinje)". Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2012. Consultado o 23 de xaneiro de 2012. 
  8. Petar II Petrovic Njegos (en inglés) Consultada o 23/1/2012.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar