Carniola (en esloveno Kranjska, en alemán Krain) é unha rexión histórica de Eslovenia, ao redor da súa capital, Liubliana ( esloveno Ljubljana, en alemán Laibach).

Armas do Ducado de Carniola até 1918.
Rexións históricas de Eslovenia.
1: Primorska/Küstenland (Litoral esloveno). (A parte inferior, forma parte de Istria),
2: Kranjska/Krain (Carniola),
2a: Gorenjska/Oberkrain (Alta Carniola),
2b: Notranjska/Innerkrain (Carniola Interior),
2c: Dolenjska/Unterkrain (Baixa Carniola e Carniola Branca),
3: Koroška/Kärnten (Carintia),
4: (Spodnja) Štajerska/Untersteiermark (Baixa Estiria),
5: Prekmurje/Übermurgebiet (Prekmurje)
Nota: Prekmurje non era unha Terra da coroa austríaca, senón parte do Reino de Hungría.

Despois da caída do Imperio romano, os lombardos asentáronse en Carniola e, no século VI foi invadida por tribos eslavas. Como parte do Sacro Imperio Romano Xermánico, foi gobernada sucesivamente pola nobreza bávara, franca e eslovena, e polos Habsburgo case continuamente desde 1335 até 1918, aínda que acosada por expedicións otomás e axitada por rebelións locais contra o goberno dos Habsburgo desde o século XV até o XVII.

Despois da primeira guerra mundial pasou na súa maior parte a Iugoslavia, agás a súa zona máis occidental, que se incorporou a Italia (provincia de Gorizia/Gorica).

Tras a segunda guerra mundial, a parte italiana integrouse en Iugoslavia (excepto a cidade de Gorizia).

A capital de Carniola era orixinariamente Kranj; despois, e por un breve período de tempo, Kamnik e, por último, Ljubljana, capital de Eslovenia.

Desde o ano 900 até o século XX, as clases dominantes e os habitantes das zonas urbanas falaban alemán, mentres que o campesiñado falaba sobre todo esloveno.

Na Eslovenia actual, Carniola se divídese tres rexións históricas: Alta Carniola, Baixa Carniola e Carniola Interior (que inclúe a Carniola Branca).

Ao redor do 50 % da poboación actual de Eslovenia vive dentro das fronteiras do antigo Ducado de Carniola.

Xeografía

editar

Carniola ten unha superficie de 9 838 km² e é unha rexión montañosa alpina, atravesada ao norte polo río Sava, afluente do Danubio. A súa temperatura media é de 10° C.

Historia

editar

Antigüidade e Idade Media

editar
 
A Carniola dos antigos eslavos, ano 800.

Antes da chegada dos romanos, no 200 a.C., varios pobos habitaban no territorio da Carniola acutal. No norte os taurisci, pobo dos Alpes que vivían principalmente en Estiria; ao sueste, os panonios, pobos da Panonia (provincia romana situada principalmente na actual Hungría e partes de Croacia e de Serbia) e, finalmente, ao suroeste estaban os iapodes (ou iapydes) orixinarios do leste de Istria.

Durante a Roma antiga, Carniola estivo dividida entre varias provincias romanas.

Despois da caída do Imperio romano de Occidente en 476, Carniola incorpouse ao Reino de Italia baixo Teodorico o Grande en 493, converténdse nunha rexión do reino ostrogodo.

A finais do século VI, os eslavos invaden Carniola.

Carniola cambiou a miúdo nome: antes de se invadida polos eslavos, tiña os nomes latinos de "Carnia" ou "Carniola", despois tivo os nomes eslavos de "Krajina" ou "Kranjska" e os alemáns de "Chrainmark" e ""Krain".

De novo sometida por outro pobo, turco-mongol, os ávaros, finalmente pasa a formar parte do Reino de Samo, o primeiro Estado eslavo.

Marca de Carniola

editar
Artigo principal: Marca de Carniola.
 
Marca de Carniola (Mark Krain), no sueste do Sacro Imperio Romano Xermánico no século X.
Véxase a antiga capital Krainsburg (Kranj) e a súa cidade máis grande Laibach (Ljubljana).

Carniola estivo gobernada polos francos desde o ano 788. Cando Carlomagno creou a Marca de Friuli,[1] , engadiu Carniola a este feudo. Porén, tras a división do Friuli, unha rexión histórica italiana, Carniola foi unha Marca independente, de aí o nome de Marca de Carniola co seu propio margrave eslavo á cabeza [1] que vivía na cidade eslovena de Kranj, suxeito ao gobernador de Baviera primeiro e, despois de 976, aos duques de Carintia. En 1071, Henrique IV a encomenda ao Patriarca de Aquilea, unha cidade de nordeste de Italia.

Na Idade Media, a Igrexa ocupouse da gran pobreza presente en Carniola. Os bispos convertéronse en señores feudais, incluíndo a rexión eslovena e as súas cidades. Por outro lado, os duques gobernaron a provincia durante case medio século.

Finalmente, Carniola foi transferida, co acordo do patriarca, a Frederico II de Babenberg que obtivo o título de Duque en 1245, pero morreu o ano seguinte durante unha batalla e foi sucedido por Ulrich III, que casou con Agnes de Andechs, unha parente do patriarca. Ulrich pagou a construción de igrexas e mosteiros e instalou o seu goberno na cidade de Kostanjevica, Eslovenia. Por último, en 1268, legou ao rei Otakar II de Bohemia todas as súas posesións e o seu goberno de Carintia e Carniola.

Ducado de Carniola

editar

Otakar foi vencido e morto polo emperador Rodolfo I de Habsburgo-Lorena o 26 de agosto de 1278 na cidade austríaca de Dürnkrut no curso dunha batalla contra os Habsburgo.

Despois duna reunión na cidade alemá de Augsburgo, Rodolfo II, á súa vez, legou a provincia aos seu fillos maiores [Alberte I e Rodolfo II, pero foi confiada a Mainardo II, duque de Gorizia-Tirol. O seu fillo, Henrique Goertz, pediu a posesión do Ducado de Carniola e foi elixido rei de Bohemia.

 
As Provincias Ilirias, dentro do Imperio napoleónico.

Cando morreu, en 1335, o seu sucesor, Xoán I o Cego, renunciou aos seus dereitos sobre Carniola, que se asignou a Alberte II ''o Sabio''. O Ducado foi proclamado por Rodolfo IV ''o Magnánimo'' en 1364, e o emperador Frederico III reuniu a Carniola Superior, a Inferior e a Central ou Interior nun sá Ducado. A unión destas diferentes partes terminou en 1607.

Período napoleónico

editar

Despois da Revolución francesa de 1789, tropas revolucionarias (é dicir, grupos de soldados saídos da Revolución), ocuparon Carniola en 1797, e de 1805 a 1806. O 14 de outubro de 1809, asínase en Viena, no palacio de Schönbrunn, o Tratado de Schönbrunn entre Francia e Austria, que tivo que ceder este territorio a Francia despois da súa derrota na batalla de Wagram. Carniola, entón, formou parte das Provincias ilirias (que existiron de 1809 a 1814), que tiñan a Ljubljana como capital. A caída de Napoleón ocasionou a volta á dominación austríaca, baixo Franisco I de Austria con límites máis grandes pero, coa extinción do Reino de Iliria,[2] Desde 1816 até 1849, Carniola foi parte do Reino de Iliria,[2] que tiña como capital Ljubljana.

Restauración austríaca

editar
 
O Parlamento de Carniola antes de ser o edificio central da Universidade de Ljubljana, en 1919.

En 1849 o Imperio Austrohúngaro reorganizou o territorio, creando o Ducado de Carniola (sinalado co número 4 no mapa adxunto). Limitaba ao norte co Ducado de Carintia, ao nordeste co Ducado de Estiria, ao sueste e ao sur, con Croacia (baixo o dominio dos Habsburgo) e ao oeste o Condado de Gorizia e Gradisca d'Isonzo, así como Istria. A súa superficie era algo maior que a actual, que é de 9 838 km², e a poboación sumaba uns 510.000 habitantes. A capital, Ljubljana, era a sede dun Príncipe-bispo e tiña unha poboación duns 40.000 habitantes.

Carniola dividiuse en Alta Carniola (en esloveno, Gorenjska), Baixa Carniola (en esloveno Dolenjska) e Carniola Interior (en esloveno, Notranjska).

 
Estados que formaban parte de Imperio Austro-Húngaro :
Imperio de Austria (Cisleitania): 1. Bohemia, 2. Bucovina, 3. Carintia, 4. Carniola, 5. Dalmacia, 6. Galicia, 7. Litoral, 8. Baixa Austria, 9. Moravia, 10. Salzburgo, 11. Silesia, 12. Estiria, 13. Tirol, 14. Alta Austria, 15. Vorarlberg;
Reino de Hungría (Transleitania): 16. Hungría, 17. Croacia-Eslavonia;
Condominio austríaco: 18. Bosnia-Herzegovina.

Politicamente a provincia foi dividida en 11 distritos, con 359 municipios; a capital provincial era a residencia do gobernador imperial.

Os distritos foron: Kamnik, Kranj, Radovljica, o barrio de Ljubljana, Logatec, Postojna, Litija, Krsko, Novo Mesto, Crnomelj e Gotschee o Kocevje. Había 31circunscricións xudiciais.

O Ducado constituíuse por decreto de 20 de decembro de 1860 e patente imperial de 26 de febreiro de 1861, modificado pola lei de 21 de decembro de 1867, que outorgaba poderes ao Parlamento para promulgar todas as leis sobre asuntos non reservados á Dieta Imperial, na que estaba representada por once delegados, dos cales dous eran elixidos polos terratenentes, tres das cidades, pobos, comerciantes e industriais, cinco polos municipios e un por unha quinta curia, por votación secreta. Cada home debidamente rexistrado e de máis de 24 anos de idade tiña dereito a votar. A Lexislatura inicial consistiu nunha cámara única de 37 membros, entre os cales o príncipe-bispo sentaba de oficio. O emperador convocaba a Asemblea lexislativa, que era presidida polo gobernador.

En 1907, en lugar destas regras, introduciuse o sufraxio universal e igual para todos os homes. Os asuntos que podía tratar esta cámara estaban restrinxidos a lexislar sobre agricultura, institucións públicas e caritativas, administración de comunas, igrexa e asuntos escolares, transporte e aloxamento de soldados na guerra e durante manobras e outras cuestións locais. O orzamento manexado en 1901 ascendía a 3 573 280 coroas (aproximadamente uns 700.000 ou 800.000 euros actuais).

Época moderna

editar

En 1918 o Ducado deixou de existir e o seu territorio pasou a formar parte do novo Estado dos Eslovenos, Croatas e Serbios, que non durou máis que un mes, cando se fundou o Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos (por fusión co Reino de Serbia), despois Reino de Iugoslavia.

A parte oeste do Ducado, coas cidades de Postojna, Ilirska Bistrica, Idrija e Šturje, foron anexionadas ao Reino de Italia en 1920, pero despois da segunda guerra mundial devolvéronse a Iugoslavia.

Carniola é hoxe unha parte do territorio da República de Eslovenia, desde 1991, data da independencia desta república.

  1. 1,0 1,1 Unha Marca medieval era unha provincia nunha fronteira inimiga conquistada por un pobo que estaba ao outro lado da fronteira. Dirixida por un "margrave", é dicir, o xefe militar da provincia, a Marca era un feudo establecido para protexer o país veciño.
  2. 2,0 2,1 Este reino existiu entre 1816 e 1849, e era unha parte do Imperio de Austria. Non debe confundirse co reino de Iliria, que existiu desde ca. 380 a.C. até 168 a.C., baixo o Imperio romano.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar