Margrave

título da nobreza xermánica equivalente a marqués

Margrave (feminino margravina)[1] é o nome que se lle dá en galego ao título nobiliario xermánico Markgraf (de Mark, fronteira, marca, e Graf, conde), equivalente ao título de marqués.

Mapa con todos os condados da Marca hispánica e Vasconia (que non formaba parte da marca).
Mapa do margraviato de Brandeburgo en 1320.

A esposa dun margrave, ou na muller que ostenta o título, denominase margravina (en alemán, Markgräfin). Equivale a marquesa en Alemaña.

Un margrave tiña, orixinalmente, funcións de gobernador militar dunha marca carolinxia, como, por exemplo, a marca hispánica, é dicir, unha provincia ou territorio limítrofe no medievo.

Os margraves tiñan xurisdición sobre unha marca, cuxo territorio se denomiaba margraviato, margraviado ou marquesado.

A medida que as provincias limítrofes adquirían importancia, facíanse máis grandes e poderosas que as interiores, conseguindo os margraves poder sobre os outros gobernantes do reino.

Margraviatos famosos

editar
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para margrave.