A Carniola Branca (en esloveno Bela Krajina, en alemán, Weißkrain) é unha rexión tradicional de Eslovenia, situada no sueste do país, na fronteira con Croacia.

Localización da Carniola Branca en Eslovenia.
Vista do río Kolpa, na Carniola Branca.

As súas cidades máis importantes son Metlika, Črnomelj e Semič, e o seu principal río é o Kolpa, que fai de fronteira entre Eslovenia e Croacia.

Nesta rexión hai algúns outeiros baixos, con bosquetes de bidueiros.

É unha importante rexión vitivinícola e os seus viños son moi apreciados.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar