Baixa Carniola
A Baixa Carniola (esloveno: Dolenjska; alemán: Unterkrain) é unha rexión tradicional da Eslovenia. Forma parte do territorio histórico da coroa dos Habsburgo na Carniola. A rexión da Carniola Branca tamén é considerada parte da Baixa Carniola. O centro tradicional da rexión é Novo Mesto, outros centros urbanos son Kočevje, Grosuplje, Krško, Brežice, Trebnje, Črnomelj, Semič, e Metlika.