Estiria
Estiria (en Alemá Steiermark, Esloveno e croata: Štajerska, Húngaro: Stájerország) é un Land da Austria centro oriental. A súa capital é Graz. O estado limita coa Baixa Austria ó norte e Burgenland ó leste, Estiria fai fronteira con Eslovenia ó sueste, con Carintia ó suroeste, Salzburgo ó oeste e Alta Austria ó noroeste.
Steiermark | |||
---|---|---|---|
| |||
Estado | ![]() | ||
Capital | Graz | ||
• Poboación | 288.806 | ||
Cidade máis poboada | Graz | ||
Lingua oficial | Alemá | ||
Gobernador | Hermann Schützenhöfer (ÖVP) | ||
• Total | 16.401´04 km² | ||
• Total | 1.243.052 hab. | ||
• Densidade | 76 hab./km² | ||
Xentilicio | Estiriano/a | ||
Fuso horario | +1 | ||
• Horario de verán | +2 | ||
Dominio de Internet | www.verwaltung.steiermark.at | ||
Código ISO | AT-6 | ||
Estiria é o segundo maior Estado do país, con 16.401 km², a súa poboación, a cuarta maior do país, era de 1.243.052 no 2019. A cidade capital é Graz (289.000 habitantes no 2019).
EtimoloxíaEditar
O seu nome deriva da Marca de Estiria a sede do goberno da dinastía Otakar: Steyr na Alta Austria de hoxe. En alemá, a zona aínda se chama "Steiermark" mentres que en galego utilízase o nome en latín "Estiria". O antigo vínculo entre Steyr e Estiria é tamén evidente nos seus case idénticos escudos de armas, unha Panthera branca sobre un fondo verde.
XeografíaEditar
- O termo "Alta Estiria" (alemá Obersteiermark) é utilizado polos austríacos para referirse ás rexións do norte e do noroeste do Estado Federado (distritos Liezen, Murau, Murtal, Leoben, Bruck-Mürzzuschlag).
- O termo "Estiria occidental" (Weststeiermark) utilízase para os distritos ao oeste de Graz ( Voitsberg, Deutschlandsberg, parte occidental do distrito de Leibnitz).
- Os distritos ao leste de Graz ( Weiz, Hartberg-Fürstenfeld, e Südoststeiermark) coñécense como "Estiria oriental" (Oststeiermark).
As partes occidental e oriental do distrito de Graz-Umgebung poden ou non poden ser considerados partes do oeste e do leste de Estiria, respectivamente. As rexións do sur do Ducado de Estiria, que forman parte de Eslovenia desde 1918, foron (e, ás veces coloquialmente seguen sendo) coñecidas como "Baixa Estiria" (Untersteiermark).
HistoriaEditar
Nos principios da época romana, Estiria estaba habitada por tribos Celtas. Trala súa conquista polos romanos, a parte oriental do que hoxe é Estiria formaba parte de Pannonia, mentres que a occidental formaba parte de Noricum. Durante as invasións bárbaras, foi conquistada ou atravesada polos visigodos, os hunos, os ostrogodos, os Ruxios, os lombardos, os francos e os Ávaros. En 595 estes últimos foron derrotados polos eslavos, que a partir de entón gobernárona.
En 1180 Estiria separouse do Ducado de Carintia e converteuse nun Gran Ducado independente; en 1192 pasou a formar parte de Austria. Logo da subdivisión hereditaria desta última, Estiria formou a parte central da Austria interior. Estiria desenvolveuse cultural e economicamente baixo o mandato de Juan de Habsburgo-Lorena entre 1809 e 1859. En 1918, logo da primeira guerra mundial, dividiuse en dúas partes, a parte norte (formando o que é o actual estado de Austria ), e a parte sur, chamada Baixa Estiria, habitada na súa maioría pola etnia eslovena, que estaba incluída en Iugoslavia, e actualmente en Eslovenia.
Divisións administrativasEditar
O estado federado está dividido en 12 distritos (Bezirke) e unha cidade aberta (2020).
Cidade estatutariaEditar
DistritosEditar
- Distrito de Bruck-Mürzzuschlag
- Distrito de Deutschlandsberg
- Distrito de Graz-Umgebung
- Distrito de Hartberg-Fürstenfeld
- Distrito de Leibnitz
- Distrito de Leoben
- Distrito de Liezen co subdistrito de Gröbming
- Distrito de Murau
- Distrito de Murtal
- Distrito de Südoststeiermark
- Distrito de Voitsberg
- Distrito de Weiz
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |