Liubliana

Coordenadas: 46°03′20″N 14°30′30″L / 46.05556, -14.50833

Liubliana[1][2] (en esloveno: Ljubljana, literalmente: A cidade que se ama, en alemán: Laibach, en italiano: Lubiana) é a capital de Eslovenia, situada entre os ríos Ljubljanica e Sava. A súa poboación é de 310.000 habitantes.

Liubliana
Ljubljana
Flag of Ljubljana.svg
Blason ville si Ljubljana (Slovénie).svg
Ljubljana Montage.png
Vistas da cidade
Localización
Liubliana en Eslovenia
Liubliana
Liubliana
PaísEslovenia Eslovenia
ConcelloCidade de Liubliana
Xeografía
Altitude295 msnm
Superficie163,8 km²
Demografía
Poboación292.988 hab. (2019)
Densidade1.712 hab/km²
Outros datos
Código postal1000
AlcaldeZoran Janković (PS)
Páxina oficial de Liubliana

HistoriaEditar

Os restos arqueolóxicos permitiron datar os primeiros asentamentos humanos hai 3500 anos. Os romanos chamaron a cidade Emona (Colonia Emona (Æmona) Iulia trubu Claudia), e o seu nome actual aparece mencionado en 1144 (baixo o nome alemán de Laibach) e en 1146 (co nome de Luwigana).

Despois de ser recoñecida como cidade en 1220, Liubliana pasou a formar parte do imperio dos Habsburgo en 1335. Converteuse no centro dunha diocese en 1461 e desenvolveu unha cultura eslovena durante a Idade Media. Os Habsburgo de Austria gobernaron a rexión cunha interrupción debida ás guerras napoleónicas. Entre 1809 e 1813 Liubliana foi a capital das provincias ilirias pertencentes ao Primeiro Imperio francés. En 1821 a cidade acolleu o congreso de Laibach.

En 1693 estableceuse en Liubliana a sociedade científica Academia operosorum labacensis, e en 1701 naceu a sociedade filharmónica Academia philharmonicorum. En 1919 Liubliana foi dotada dunha universidade, e en 1937 fundouse a Academia Nacional das Ciencias e das Artes.

Coa coalición de croatas e serbios en 1918, Liubliana converteuse no centro da Dravska banovina (o dominio do ban do Drava e, despois da segunda guerra mundial, a capital da república iugoslava de Eslovenia. Liubliana seguiu sendo a capital eslovena despois da independencia desta república en 1991.

Liubliana foi moitas veces devastada por tremores de terra. Despois do sismo de 1511 foi reconstruída segundo o modelo dunha cidade renacentista e despois do de 1895, que danou seriamente a cidade, foi novamente reconstruída seguindo esta vez o estilo neoclásico. A arquitectura da cidade é pois unha mestura de estilos. As grandes estruturas da cidade construídas despois da Segunda Guerra Mundial están caracterizadas polo traballo do arquitecto esloveno Jože Plečnik.

TransportesEditar

  • A frota de autobuses é moderna. Os buses son coñecidos como troles, desde o tempo en que Liubliana tiña un servizo de trolebús. En 2005, a tarifación non permitía coller dous buses ou máis co mesmo billete.
  • A estación de Liubliana ten conexións ferroviarias con numerosas cidades de Eslovenia e de Europa.
  • A rede de taxis é parecida á de calquera cidade europea

Cidades irmásEditar

NotasEditar

  1. Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). ISBN 84-9749-199-8. 
  2. Varios. Universidade de Vigo, ed. "Lingua galega. Dúbidas lingüísticas." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de xuño de 2014. Consultado o 7 de xuño de 2013. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar