Jože Plečnik

arquitecto esloveno

Jože Plečnik, nado o 23 de xaneiro de 1872 en Laibach (Imperio Austrohúngaro) e finado na mesma cidade o 7 de xaneiro de 1957, foi un arquitecto esloveno que desenvolveu a súa carreira principalmente en Viena, Belgrado, Praga e Liubliana. Considerado o Arquitecto Nacional Esloveno, quixo facer da súa arte un instrumento ao servizo da afirmación da identidade eslovena fronte á cultura xermánica dominante no Imperio Austrohúngaro. En 1949 foille concedido o Premio Prešeren.

Infotaula de personaJože Plečnik

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento23 de xaneiro de 1872 Editar o valor em Wikidata
Liubliana (Imperio Austrohúngaro) Editar o valor em Wikidata
Morte7 de xaneiro de 1957 Editar o valor em Wikidata (84 anos)
Liubliana (Iugoslavia) Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaŽale Central Cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRepública Federal Socialista de Iugoslavia
Reino dos Sérvios, Croatas e Eslovenos (pt) Traducir
Reino de Iugoslavia
Cisleitania Editar o valor em Wikidata
EducaciónAcademia de Belas-Artes de Viena (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Graz
Praga
Viena
Liubliana Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónarquitecto , deseñador , urbanista , profesor universitario , mestre Editar o valor em Wikidata
EmpregadorTechical faculty of Ljubljana (en) Traducir, catedrático
Universidade de Ljubljana (pt) Traducir
Academia de Artes, Arquitectura e Deseño Editar o valor em Wikidata
Membro de
ProfesoresOtto Wagner Editar o valor em Wikidata
AlumnosFrantišek Lydie Gahura (pt) Traducir, France Tomažič (pt) Traducir, Josef Fuchs (pt) Traducir e Zdenko Sila (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua eslovena e lingua alemá Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

Find a Grave: 149169395 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Primeiros anos editar

Plečnik naceu en Liubliana (daquela chamada Laibach), actual capital de Eslovenia e daquela parte do Imperio Austrohúngaro. Terceiro fillo dun carpinteiro, el e os seus dous irmáns estudaron ata o principio do ensino medio, pasando entón a traballar na oficina de carpintería do seu pai, quen non toleraba artistas na súa familia e quería que os seus fillos seguisen carreiras "prácticas". Jože destacou entre os seus irmáns e, tras graduarse nunha escola estatal, Plečnik marchou estudar deseño de mobles á escola de Artes e Oficios de Graz, formándose en carpintería en 1888, e mesmo participando no proxecto do parque Joanneum de Graz.

En 1892, o seu pai faleceu, mais Plečnik, con apenas 20 anos, era moi novo para proseguir cos negocios da súa familia, polo que se trasladou a Viena, onde durante algún tempo traballou como deseñador de mobles. En 1895 ingresou na Academia de Viena e estudou co famoso arquitecto Otto Wagner, estudando con el de 1894 a 1897, e despois traballando no seu estudo ata 1900. En 1898 graduouse sendo o mellor alumno da súa clase. En 1898-1899 viaxou por Italia e Francia admirando aos mestres clásicos e do Renacemento en París e Roma grazas a unha bolsa de estudos.

Arquitecto independente editar

Ao regresar a Viena en 1900 e ata 1911, traballou como arquitecto independente realizando diversos proxectos como a casa Langer (1900), o bloque de apartamentos Zacherl (1903-05) no centro de Viena, ou a fonte de Karl Borromeamus (1909). Estes primeiros proxectos caracterizábanse por unha organización racional e unha planificación típica dos deseños de Wagner para edificios de departamentos e infraestrutura, ademais de superficies ricamente decoradas con motivos orgánicos típicos da Sezession, un estilo que adoptara como favorito traballando no estudo de Otto Wagner.

A súa igrexa do Santo Espírito (Viena, 1910-13), no suburbio vienés de Ottakring, salienta polo uso innovador do formigón, tanto na estrutura como na superficie exterior, así como pola súa forma de linguaxe abstracto-clásica. Máis radical é a cripta da igrexa, coas súas esveltos e angulares columnas de formigón, de capiteis e bases cubistas. Con estes traballos, Plečnik converteuse nun dos pioneiros da arquitectura moderna europea.

Universidade editar

En 1911 aceptou unha praza como profesor universitario na Escola de Artes e Oficios de Praga, onde permaneceu dez anos (1911-1921), grazas a unha invitación do seu colega Jan Kotera.

Trala creación da Universidade de Liubliana, foi invitado polo arquitecto Ivan Vurnik como profesor no departamento de arquitectura da Facultade de Liubliana de Tecnoloxía (1921). Simultaneamente, aceptou a invitación do presidente checoslovaco Masaryk para ser o arquitecto xefe no proxecto de renovación do castelo de Praga, que dende o alto do distrito de Hradčany domina a cidade.

Foi daquela cando se crearon dous grupos de traballo, un en Praga e outro en Liubliana, que traballaron xuntos entre 1920 e 1933.

No Hradčany praguense, deseñou ambiciosos xardíns, patios, pasaxes e interiores, hoxe mantidos. Tamén en Praga ergueu a Igrexa do Sagrado Corazón (1928-1932) no barrio de Vinohrady. Así mesmo, daquela, construíu en Serbia a Igrexa de Santo Antonio de Padua (1929-1932) de Belgrado.

Liubliana editar

Jože Plečnik viviu o resto da súa vida en Liubliana, onde se concentran a meirande parte das súas obras. Os seus comezos en Liubliana foron moito máis modestos. Comezou construíndo a súa propia casa en Trnovo (1923-1925), que conserva o ambiente e os utensilios empregados polo arquitecto na súa vida, así como os seus arquivos. Mais pronto recibiu importantes encargos como a Igrexa de San Francisco de Šiška (Župnijska cerkev sv. Frančisčka v Šiški) (1925-1930).

Para a capital eslovena, Plečnik creou un deseño de rúas e canles nos que introduciu numerosos elementos primarios: pequenas columnas, farois, bancos, vexetación, pontes e prazas. Quería transformar a cidade nunha nova Atenas, a nova capital cultural da nación eslovena, e tentou renovar as formas históricas metafóricamente para recrear o repertorio ateniense. Destacan o mercado, que é un complexo urbano á dereita do río Ljubljanica, cunha monumental columnata que chega ata a ponte dos dragóns; tamén a Biblioteca Nacional e Universitaria, que é o punto culminante da súa arquitectura; sen esquecer o famoso Cemiterio de Žale, segundo planos anteriores á segunda guerra mundial, cuxa entrada é un impresionante portal cunha columnata que simbolicamente separa o espazo dos vivos do dos mortos.[1]

A súa gran reputación porén, perdeuse logo da segunda guerra mundial, xa que no medio da Checoslovaquia comunista, as súas obras pasaron a ser vistas como elitistas. A partir da década dos '40, Plečnik non realizou ningunha obra, a excepción dalgunhas fontes, monumentos menores e reformas en igrexas. Logo da súa morte, acontecida o 7 de xaneiro de 1957, a súa figura quedou esquecida, ata que nas décadas dos '80 e '90, recuperouse o interese na súa arquitectura, cando a escola posmodernista se instalou no lugar das sobrias construcións soviéticas.

Principais Obras editar

Por orde cronolóxica, as principais obras de Jože Plečnik son:

  • Langer House, Viena (1900-1901)

A Langer House, en Viena, foi o primeiro gran proxecto de Plečnik.

  • Zacherlhaus, Viena (1903-1905)

O Zacherlhaus é un edificio orixinalmente residencial e comercial construído no centro de Viena. Ata a actualidade pertence ao patrimonio da familia Zacherl, que o usa como edificio comercial.

  • Igrexa do Espírito Santo, Viena (1908-1913)
  • Castelo de Praga, Praga (1920-1934)

Plečnik realizou varias reformas e anexos no castelo, sendo mesmo o arquitecto xefe de Checoslovaquia.

  • Igrexa do Sagrado Corazón de Xesús, Praga (1921-1932)
  • Estedio Bežigrad, Liubliana (1923-1939)

O Estadio Bežigrad é actualmente a sede do equipo de fútbol NK Olimpija, mais na actualidade está pechado por unha reforma que o ampliará ata cerca dos 12.000 assentos e creará un aparcadoiro subterráneo para 2.300 vehículos.

  • Igrexa de San Francisco de Asís, Liubliana (1925-1927)
  • Cámara de Comercio Traballo e Industria, Liubliana (1925-1927)
  • Edificio do Banco de Celje, Celje (1927-1930).

O edificio do Banco Popular de Poupanças, ou Banco de Celje, aínda é un importante edificio no centro de Celje, mantendo o seu propósito orixinal.

  • Praza de Levstik, Liubliana (1927) arranxo.
  • A praza do Congreso e o Ágora (1927)
  • Igrexa de Santo Antonio de Padua, Belgrado (1928-1932)
  • Edificio da compañia de seguros Vzajemna zavarovalnica, Liubliana (1928-1939)
  • Tromostrovje ou "Ponte Tripla", Liubliana (1929-1932)

A Tromostrovje é unha ponte situada en Liubliana e feita de madeira en 1280. En 1657 foi reconstruída logo dun lume, e en 1929, Jože Plečnik engadiu dúas pontes máis aos seus lados, o que lle deu o seu nome actual.

  • Biblioteca Nacional-Universitária, Ljubljana (1930-1941)

O edificio da Biblioteca Nacional Universitaria Eslovena é por moitos considerado a mellor obra de Jože Plečnik. A Biblioteca é o maior órgano educativo do país. Está en marcha a construción da nova sede, que aínda tardará en finalizarse a causa do descubrimento dun xacemento arqueolóxico na zona.

  • Ponte Cobblers, Liubliana (1931-1932)
  • Peglezen, Liubliana (1932-1934)
     
    A Zacherlhaus, edificio ata hoxe en posesión da familia Zacherl, que o encargou a Jože Plečnik.
  • O castelo de Liubliana (Ljubljanski grad) e a Acrópole, Liubliana (1932-incompleto)

Tan só realizou a renovación da fortificación Šance en 1934.

  • Cemiterio de Žale, Liubliana (1937-1940)

Construído en 1906, o crecemento da cidade esixiu unha superficie maior para novas sepulturas, polo que Plečnik foi contratado para construír a parte B do cemiterio, que resultou máis bela que a orixinal.

  • Mercado de Peixes, Liubliana (1939-1942)
  • Ximnasio de Ursuline, Liubliana (1939-1940)
  • Parlamento Nacional Esloveno, Liubliana (Non Realizado, proxecto de 1947)

Plečnik realizou en 1947 dous proxectos para o parlamento esloveno, coñecidos como o Parlamento de Plečnik. Ámbolos dous proxectos foron rexeitados en favor dun proxecto máis convencional.

  • Križanke, Liubliana (1952-1956)

Notas editar

  1. Dónde. Guía de Liubliana, Liubliana, 2012

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • "Joze Plecknik Arquitecto 1872-1957", editado pola Dirección Xeral para a Vivenda e Arquitectura do MOPU, Madrid 1987, ISBN 84-7433-480-2
  • "La Liubliana de Plečnik", Dónde. Guía de Liubliana, Centro de información turística de Liubliana, Liubliana, 2012, pp. 36–38.

Ligazóns externas editar