Chengdu

Coordenadas: 30°39′31″N 104°3′53″L / 30.65861, -104.06472

Chengdu (en chinés: 成都; pinyin: Chéngdū) é unha cidade da China, capital da provincia de Sichuan, na bacía do mesmo nome pertencente ao curso medio do río Yangtzé, no centro do país.

Chengdu
成都市
Chengdu montage.png
Varias imaxes da cidade
Localización
Sichuan subdivisions - Chengdu.svg
PaísRepública Popular da China China
ProvinciaSichuan
Xeografía
Altitude500 msnm
Superficie2.129 km²
Demografía
Poboación7 677 100 hab. (2010)
Densidade3.600 hab/km²
Outros datos
Código postal610000-611944
AlcaldeGe Honglin (葛红林)
Páxina oficial

Historia e característicasEditar

A beira dun dos seus afluentes, o río Min, que irriga a fértil chaira de Chengdu. A municipalidade, de 12.346 km², ten unha poboación de arredor de 16 millóns de persoas (2019), dos que 4 520 000 (1-1-2005) habitan a cidade propiamente.

De fundación tan antiga coma a dinastía Zhou (1027-256 aC), coa trama en grella ortogonal típica do urbanismo chinés primixenio, foi sempre a principal capital desa rexión inda que periférica respecto as capitais imperiais.

Prestixioso centro manufactureiro de teas, brocados e lacados, asemade cultural coma conservador das esencias da ópera chinesa, converteuse dende a segunda guerra mundial nunha metrópole industrial e comercial.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar