Li Po

poeta chinés considerado o mellor poeta romántico da dinastía Tang
(Redirección desde «Li Bai»)

Li Po ou Li Bai (chinés tradicional e simplificado: 李白, pinyin: Lǐ Bái, Wade-Giles: Li3 Pai2), nado en 701 e finado en 762,[1] foi un poeta chinés considerado o mellor poeta romántico da dinastía Tang. O carácter 白, pronunciado bái en mandarín moderno, pronunciábase antigamente , motivo polo cal o seu nome transcribíase antigamente como Li Po, representación segundo o sistema Wade-Giles (actualmente en desuso).

Infotaula de personaLi Po

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(zh) 李白 Editar o valor em Wikidata
19 de maio de 701 Editar o valor em Wikidata
Suyab (Dinastía Tang) Editar o valor em Wikidata
Morte30 de novembro de 762 Editar o valor em Wikidata (61 anos)
Dangtu County (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteAfogamento Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaTomb of Li Bai (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeDinastía Tang Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo China Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpoeta , calígrafo , letrista , escritor Editar o valor em Wikidata
Período de tempoDinastía Tang Editar o valor em Wikidata
LinguaChinés clásico e lingua chinesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
FamiliaLi clan of Longxi (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiLi Ke (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: a1a8f59e-a5a3-4152-9fab-a15ab5eff21d Discogs: 4465989 IMSLP: Category:Li_Tai_Po Editar o valor em Wikidata


Nomes
Chinés: 李白
Pinyin: Lǐ Bó ou Lǐ Bái
Wade-Giles: Li Po ou Li Pai
Zi: Tàibái (太白)
Tamén coñecido como: Poeta Inmortal
(Shīxiān, 詩仙)

Renomeado como o poeta inmortal, está considerado un dos máis respectados poetas da historia da literatura chinesa. Aproximadamente mil poemas seus permanecen na actualidade. O mundo occidental introduciu os traballos de Li Bai a través de moi liberais traducións de versións en xaponés dos seus poemas, realizadas por Ezra Pound. Li Bai é máis coñecido pola súa imaxinación extravagante e imaxes taoístas vertidas na su poesía, e tamén polo seu grande amor á bebida. Formou parte do grupo dos "8 inmortais da copa de viño", un grupo de poetas amantes do desenfreo.[1] Igual que Du Fu, Li Bai pasou gran parte da súa vida viaxando, mais no seu caso isto foi grazas á súa riqueza. Dise que afogou no río Yangtzé, caendo da súa lancha ao intentar abrazar a lúa estando baixo os efectos do alcol.

Variantes do nome editar

Li (李) é o seu apelido; con todo, foi coñecido con varios nomes. O seu nome de pía escríbese co carácter chinés (), que é romanizado de maneira diversa, como Po, Bo, Bai, Pai, e outras variantes. Mesmo en pinyin hai unha certa ambigüidade, posto que Bái é a variante común e a variante literaria. O seu nome de cortesía foi Taibai (Tai-pai; 太白), literalmente 'Grande Branco', que era tamén o antigo nome chinés para o planeta Venus (posteriormente, o termo Estrela Dourada substituíu Gran Branco como nome do planeta). Así pois, combinando o apelido co nome de cortesía, o seu aparece en diversas variantes, por exemplo Li Taibo, Li Taibai, Li Tai-po, e outros.[2] Con menos frecuencia, pode atoparse tamén co pseudónimo (hao) Qīnglián Jūshì (Ching-lien Chu-shih; 青蓮居士), que significa 'Gahapati do Lotus Azul', ou cos pseudónimos poéticos Transcendente (chinés tradicional: 詩仙, simplificado: 诗仙, pinyin: Shīxiān, Wade-Giles: Shih1-hsien1), Inmortal do Viño (chinés tradicional: 酒仙, pinyin: Jiǔxiān, Wade-Giles: Chiu3-hsien1), Desterrado Transcendente (chinés tradicional: 謫仙人, pinyin: Zhéxiānrén, Wade-Giles: Che2-hsien1-jen2), Poeta Cabaleiro Andante (chinés tradicional: 詩俠, simplificado: 诗侠, pinyin: Shīxiá, Wade-Giles: Shih1-hsia2, ou Poeta Heroe). Nas obras que se traduciron ao inglés pasando polo xaponés, o seu nome pode aparecer como Ri Haku ou Ri Taihaku. Todas estas variantes e máis están historicamente documentadas. Xeralmente, el referíase a si mesmo como "白".

Traxectoria editar

Os dous libros de Tang, O Libro Vello de Tang e O Novo Libro de Tang son as fontes primarias do material bibliográfico sobre Li Bai.[3] Outras fontes inclúen evidencias internas de poemas de Li Bai ou sobre el.

Li Bai foi o fillo dun mercador rico. O seu lugar de nacemento é incerto, pero un candidato é Suiye en Asia Central (nas proximidades do actual Tokmak en Kirguizistán).[4] Cando tiña só cinco anos de idade a súa familia mudouse a Jiangyou, cerca da moderna Chengdu na provincia de Sichuan. Foi influenciado polo pensamento confuciano e taoísta, pero finalmente a súa herdanza familiar non lle permitiu grandes oportunidades dentro da aristocrática dinastía Tang. A pesar de que desexaba converterse en oficial, non se presentou ao exame de servizo civil chinés. En cambio, á idade de 25 anos, dedicouse a viaxar pola China, desenvolvendo unha personalidade salvaxe e libre, moi diferente das ideas prevalecentes dun cabaleiro confuciano correcto. Esta imaxe fascinou tanto aos aristrócratas como á xente común e Li Bai foi finalmente presentado ao emperador Xuan Zong en 742.

Outorgóuselle un cargo na Academia Hanlin, a cal servía para prover unha fonte de experticia intelectual para o emperador. Li Bai permaneceu durante menos de dous anos como un poeta ao servizo do emperador, aínda que finalmente foi despedido por unha indiscreción descoñecida. Consecuentemente vagou pola China o resto da vida. Coñeceu a Du Fu no outono de 744 e volveuno a encontrar o ano seguinte. Estas foron as únicas ocasións en que se encontraron, pero a súa amizade permaneceu sendo particularmente importante para Du Fu (unha ducia dos poemas de Du Fu tratan de Li Bai, comparados con só un de Li Bai a Du Fu). No momento da rebelión de An Lushan involucrouse nunha revolta subsidiaria en contra do emperador, pero aínda non se sabe o grao no cal foi unha acción voluntaria. O fracaso da rebelión resultou no seu segundo exilio a Yelang. Foi absolto antes de que a súa viaxe de exilio terminara.

Li Bai morreu en Dangtu, actual Anhui. Algúns eruditos cren que a súa morte foi o resultado de envelenamento por mercurio tras un longo historial de consumo de elixires taoístas para a lonxevidade, en cambio outros cren que morreu por envelenamento con alcol.

Poesía editar

Atribúenselle máis de mil poemas, pero a autenticidade de moitos é incerta. Nos seus traballos, hai unha presenza moi clara do espírito taoista, tanto nos sentimentos e a maneira en como son expresados, como no ton espontáneo que usa. Aínda así, polo feito da presenza de elementos formais antigos, tamén hai algo da perspectiva moralista de Confucio.

Dicíase que podía compor a unha velocidade sorprendente, sen ter que corrixir o que era capaz de crear nun primeiro intento. A súa forma favorita era o jueju, que é unha forma literaria que consiste en cuartetos de versos de cinco ou sete caracteres; deste tipo de obras, compuxo unhas 160. Estes poemas son intensos e a miúdo fantásticos.

O uso da lingua impresiona pola capacidade de imaxinación con elementos que se poderían considerar extravagantes, e consegue comunicar ao lector dunha maneira moi directa a súa liberdade de espírito. As interaccións de Li Po coa natureza, a amizade, o seu amor ao viño e as súas observacións agudas e enxeñosas sobre a vida, forman parte dos seus mellores poemas. Nalgunhas obras, como no Changgan xing, traducido por Ezra Pound como A muller do comerciante de río: unha carta,[5] deixa constancia das dificultades e as emocións da xente común. Tamén escribiu un certo número de poemas que trataban das mulleres.

Nos seus poemas, Li Po tentaba evitar o uso de palabras escuras e referencias históricas. A diferenza doutros antigos poetas chineses, como Du Fu, Li Po non necesitaba demostrar nada ao público; en cambio, podíase permitir concentrarse en comunicar ós lectores as súas sensacións xenuínas. A súa habilidade para crear de maneira extraordinaria o que estaba máis aló do que é habitual era un agasallo para os seus contemporáneos, e quizais é a razón principal pola cal era considerado o "deus da poesía". O feito que os chineses lle puxesen o alcume "詩仙" o shīxiān,, que se traduce literalmente como 'deus da poesía', ven a demostrar esta capacidade excepcional. A espontaneidade da súa lingua combinada co uso de elementos extravagantes plenos de imaxinación distinguiu Li Po de moitos outros poetas da historia chinesa.

Como seguidor de Lao Zi e practicante de taoísmo durante a dinastía Tang, incluído Xuanzong, e, sobre todo, unha persoa libre animada, Li Po non mostraba un especial interese por Confucio e a súa ideoloxía. Por isto, foi a miúdo atacado polos neoconfucionistas "moralistas", xa desde a dinastía Song. Entre a xente común da China, aínda así, Li Po é incuestionablemente o poeta máis estimado.

As críticas á obra de Li Po centráronse no seu forte sentido da continuidade da tradición poética, a súa glorificación das bebidas alcohólicas (e, de feito, a franca celebración da embriaguez), a súa utilización da persoa, os fantásticos extremos dalgunhas das súas imaxes, o seu dominio das regras poéticas formais, e a súa habilidade para combinar todo isto cun virtuosismo aparentemente sen esforzo para producir unha poesía inimitable. Outros temas na poesía de Li, especialmente apreciados no século XX, son a simpatía pola xente común e a antipatía cara ás guerras innecesarias (incluso cando as dirixe o propio emperador).[6]

Traballos editados editar

A pesar de que moitos dos poemas de Li Po sobreviviron, son aínda moitos máis os que se perderon. Desde o punto de vista editorial, hai unha certa dificultade en canto ás diversas versións textuais dos seus poemas. Un dos primeiros esforzos no traballo de edición de Li Po foi feito polo seu parente Li Yangbing, ao cal Li Po finalmente confiou os seus manuscritos. Este era un parente de Po e maxistrado de Dangtu, e foi con quen quedou nos seus últimos anos.

Tradición poética editar

Li Po tiña un forte sentido de si mesmo como parte dunha tradición poética. Burton Watson, comparándoo con Du Fu, di que a súa poesía, "é esencialmente un mirar atrás, que representa máis dun renacemento e o cumprimento das promesas do pasado e a gloria dunha incursión no futuro."[7] Watson engade, como proba, que de todos os poemas atribuídos a Li Po, ao redor dunha sexta parte son en forma de yuefu ou, noutras palabras, reelaboradas letras de baladas populares tradicionais.[8] Como proba adicional, Watson cita a existencia dunha colección de cincuenta e nove poemas de Li Bai Gu Feng titulada Gu Feng ou Á maneira antiga, que é, en parte, homenaxe á poesía das dinastías Han e Wei.[9] A súa admiración por algúns poetas en particular faise patente tamén en alusións específicas, por exemplo a Qu Yuan ou Tao Yuanming, e ocasionalmente a Du Fu.

Unha apreciación máis xeral pola historia móstrase nos seus poemas do xénero huaigu,[10] ou meditacións sobre o pasado, en que despois de "un dos temas perennes da poesía chinesa, o poeta contempla as ruínas da gloria pasada."[11]

Extasiado co viño editar

 
Viño de arroz chinés.

John C. H. Wu sinalou que "mentres algúns poden ter bebido máis viño que Li [Po], ninguén escribiu máis poemas sobre o viño."[12] Os poetas clásicos asócianse a miúdo co consumo de viño e Li Po formaba parte do grupo de eruditos chineses en Chang'an que o seu compañeiro poeta Du Fu denominou os "Oito Inmortais do viño". Os chineses, xeralmente, non consideran que tomar alcol de maneira moderada sexa inmoral ou non saudable. James J. E. Liu comenta que zui en poesía "non quere dicir o mesmo que bébedo, intoxicado, ou ebrio, senón que máis ben significa que se transporta mentalmente lonxe das propias preocupacións normais...". Liu traduce ao inglés a palabra zui como "rapt with wine", ou sexa, "extasiado co viño".[13] Os "Oito Inmortais", aínda así, bebían dunha maneira desmesurada; e a pesar diso, eran vistos como agradables excéntricos.[14] Burton Watson concluíu que "ao principio, todos os poetas chineses celebraban a súa alegría co viño, pero ningún deles o facía dunha maneira tan incansable e con aquel tipo de convicción tan xenuína como Li [Po]."[15]

En 1935 apareceu un libro do poeta catalán Josep Carneiro titulado Lluna i llanterna, no que fai varias recreacións de poesía chinesa a partir das súas versións inglesas. Unha destas recreacións é un poema titulado A vida e o viño, en que podemos apreciar este desmesurado amor polo viño que manifestaba Li Po:

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Pieter EIJKHOFF (15-10-2000). "'Wine' in Chinese literature and in other parts of Chinese culture". Wine in China:its History and Contemporary Developments (PDF) (en inglés). pp. 1 a 5. Consultado o 2 de xaneiro do 2010. Tese para obter o grado de Gran Mestre Catador do viño da Cofraría do viño holandés 
  2. Shigeyoshi, Obata (1922). 'The Works of Li Po, the Chinese Poet. Nova York: Parangon. 
  3. Obata, Parte III
  4. Beckwith, 127
  5. *Pound, Ezra (1915). Cathay (Elkin Mathews, Londres). ASIN B00085 NWJI.
  6. Sun, 28–35
  7. Watson, 141
  8. Watson, 141-142
  9. Watson, 142
  10. Watson, 145
  11. Watson, 88
  12. Wu, 66
  13. James J. E. Liu. The Arte of Chinese Poetry. (Chicago: University of Chicago Press, 1962). ISBN 0226486869), p. 59.
  14. William Hung. Ti Fu: China's Greatest Poet. (Cambridge,: Harvard University Press, 1952), p 22.
  15. Watson, 143

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar