Apelido

nome dunha persoa relacionado coa súa ascendencia

O apelido de familia é o nome da persoa relacionado coa súa ascendencia. Está intimamente ligado ao estudo xenealóxico e onomástico.

Mapa de España que mostra o apelido máis común en cada provincia

Breve análise editar

Na maioría das linguas indoeuropeas, o nome (chamado ás veces prenome) precede o apelido de familia (ou sobrenome) para designar as persoas. Nalgunhas culturas e idiomas (por exemplo en húngaro, vietnamita, chinés, xaponés ou coreano), o apelido precede o prenome na orde do nome completo.

Na maioría das culturas as persoas teñen só un apelido, xeralmente herdado do pai. No entanto, en culturas como a española, a portuguesa ou a brasileira é costume que os fillos reciban un (ou máis) apelido(s) de ambos os dous proxenitores. Mentres en España e na América hispana os sobrenomes paternos preceden os maternos, en Portugal e no Brasil é a inversa. En Portugal o número máximo de apelidos permitidos é catro, mentres que en España é de dous. No Brasil non existe esa limitación.

En moitas culturas tamén é normal para unha muller asumir o apelido do marido após o casamento. En Países como Francia, Alemaña e os países Anglo-Saxónicos é normal para a muller "abdicar" do seu apelido de solteira (o chamado maiden name) e ficar apenas co apelido do seu cónxuxe. Nos últimos anos, porén, tense tornado algo frecuente nas mulleres estadounidenses só "acrecentaren" o apelido do marido ao seu nome de solteira ou uniren ambos os apelidos (é o caso de Hillary Rodham Clinton).

En España, e nalgúns países de lingua española, a muller por veces substituía o seu apelido materno polo apelido do marido, precedido da preposición "de". Con todo, nas últimas décadas esta práctica foise abandonando.

En Portugal, é algo común nas mulleres acrecentaren o apelido (ou apelidos) do marido aos seus, sen perderen os seus propios. Esta práctica pode orixinar nomes extraordinariamente longos ou causar situacións como unha muller chamada Maria Santos Silva casar con un home chamado José Pereira Santos, pasando o seu nome a ser Maria Santos Silva Santos. Durante o Estado Novo isto era obrigatorio, mais actualmente depende da vontade da muller. Non é inhabitual en Portugal unha muller asumir o sobrenome do marido mais non o usar nin na súa vida profesional nin na súa vida persoal (véxase o caso de Maria Barroso). Na lei actual, tamén está permitido que os homes adopten o sobrenome das esposas, aínda que en realidade é pouco frecuente.

En países como o Xapón, ao casar, un matrimonio é obrigado a asumir un apelido en común, e a pesar de que a maioría das veces é tomado o do home, o contrario tamén está socialmente aceptado.

A práctica das mulleres asumiren o apelido do marido é considerada por veces sexista, debido ao seu significado histórico —as mulleres deixan de pertencer á familia do pai para pertenceren á familia do marido-.

Orixe dos apelidos editar

A maioría dos apelidos, segundo a orixe, poden dividirse en 5 grupos: patronímicos, toponímicos, mundo vexetal, mundo animal e outros[1]. Repárese en que na seguinte clasificación se mantén a grafía orixinal medieval, por tanto poden flutuar para un mesmo apelido as letras B e V (debido ao polimorfismo gráfico medieval), e a grafía Y correspóndese a un actual I; así mesmo, mantéñense G e J se así aparecían na Idade Media. Vexámolos:

Apelidos patronímicos editar

Os apelidos patronímicos están moi difundidos e son os nomes de familia máis antigos, nacidos na Idade Media no norte da Península Ibérica e despois difundidos cara ao sur, e posteriormente a América (México, América Central e do Sur). Orixináronse de tres maneiras:

  • a) O procedemento máis frecuente foi engadir ao nome de pai o sufixo -ez: así, o pai de Pai Estévez chamábase Estevo. Actualmente son os apelidos máis frecuentes na Península Ibérica, coa forma -es en Portugal (e Brasil), tras unha reforma ortográfica feita a mediados do séc. XX.
  • b) Cando o procedemento de formación do sufixo -ez deixou de funcionar, a finais do séc. XV, moitos nomes persoais se habilitaron como segundos nomes simplemente por xustaposición ou coa preposición de: así, Pedro de Alberte era fillo de Alberte.
  • c) Tomaron o nome de pía dun santo da Igrexa, moitas veces debido a seren cristiáns novos (sefardís, xitanos e outras etnias) e evitaren así problemas coa Santa Inquisición.

A) Patronímicos que manteñen o nome de pía orixinario

  • Alberte
  • Alexandre
  • Afonso
  • Amado
  • André
  • Antón / Antom
  • Arias (ant. Airas)
  • Baldomir
  • Benedito
  • Bernaldo
  • Breixo
  • Cristovo
  • Domingos
  • Estevo
  • Fins, Fiz
  • García / Garcia
  • Xil / Gil
  • Xiao / Giao (esp. Julián)
  • Xácome / Jácome
  • Xurxo / Jurjo (esp. Jorge)
  • Lourenzo / Lourenço
  • Osorio / Osoiro
  • Paio / Payo (esp. Pelayo)
  • Rosende
  • Senín / Senim
  • Tomé
  • Vasco
  • Vidal
  • Bieito / Vieito
  • Vicente

B) Patronímicos co sufixo -EZ / -ES (que por evolución fonética pode dar lugar a -IZ e -IS)

  • Álvarez
  • Bermúdez
  • Biéitez / Bieites / Vieites (esp. Benítez)
  • Díaz / Dias, Diéguez / Diegues, Diz
  • Domínguez / Domingues, Mínguez / Mingues
  • Estévez / Esteves
  • Fernández / Fernandes
  • Froiz
  • Gómez / Gomes
  • Henríquez / Henriques
  • López / Lopes
  • Méndez / Mendes (esp. Menéndez)
  • Miguez, Míguez, Miguéns (esp. Miguélez)
  • Ozores / Osores
  • Pais, Páez / Paes (esp. Peláez)
  • Pérez, Peres (port. Pires)
  • Ramírez / Ramires
  • Reimúndez / Reimundes
  • Rodríguez / Rodrigues
  • Ruiz / Rois
  • Sánchez / Sanches
  • Vázquez, Vásquez / Vasques

Algúns apelidos están hoxe escritos na súa forma española (por veces a forma é só unha españolización da galega, non existindo forma española de seu), entre parénteses as formas galegas medievais:

  • Alonso (Afonso, Affonso)
  • Martínez (Martís, Martíns)
  • Núñez (Núnez / Nunes)
  • Yáñez (Eanes)

Con similar significado ao noso -EZ/-ES temos sufixos semellantes noutras linguas: o sufixo "-son" (‘fillo’) utilizado en apelidos nórdicos e ingleses (Harrison, Morrison, Edison), "-vich" e "-ov(a)" dos apelidos rusos e otras culturas eslavas; ademais dos prefixos "Ibn-" ou "Bin-" dos árabes, "Ben-" dos xudeus, "Mac-" e "Mc-" (fillo de) e ou "O'-" (neto de) do gaélico (irlandés e escocés). Véxase tamén a formación de nomes islandeses.

Apelidos toponímicos editar

Estes apelidos son os más difundidos na Península Ibérica. Derivan do nome do lugar onde vivía, procedía ou posuía terras a persoa ou familia asociados ao apelido. Moitos están precedidos da preposición "da", "das", "do", "dos" ou simplemente son xentilicios. Os apelidos toponímicos forman case o 80% dos apelidos vascos, en particular aqueles que seguen a un sobrenome (por exemplo, ‘Otxoa de Zabalegi’, isto é, ‘o lobo da aba ancha’).

Algúns apelidos toponímicos son:

  • Abanqueiro
  • Axeitos
  • Agrafojo / Agra-fojo
  • Agromaior
  • Aira, Airas, Dasairas, Das Airas, Eiras
  • Alemparte, Alem-parte, Lamparte, Lemparte
  • Aneiros
  • Bal / Val, Daval / Da Val, Doval / Do Val, Dovale / Do Vale, Val, Vale, Vales
  • Balboa/Val-boa
  • Baliña / Valinha / Valiña, Baliño / Valinho / Valiño, Baliñas / Valinhas, Valín / Valim,
  • Balsa, Balseiro
  • Bao / Vau, Dobao / Do Vau / Dobau
  • Barcia, Várzea / Barxa
  • Beiras / Veiras, Beira
  • Braña, Brañas, Brañeiro
  • Cabana, Cabanas, Cabano
  • Camposa
  • Caneiro, Caneiros
  • Carreira, Carreiras, Carreiro
  • Casavella, Casasvellas / Casas-velhas
  • Casanova, Casasnovas
  • Casal, Casais, Casás, Casar, Casares
  • Castelo, Castelos
  • Castro, Castros
  • Celeiro
  • Chan, Cham, Chans, Chao, Chaos, Chas
  • Chousa
  • Corgo, Corgos
  • Corredoira, Corredoiras
  • Cortiña / Cortinha, Cortiñas / Cortinhas, Dacortiña / Dacortinha
  • Costa, Costas, Dacosta, Da Costa, Acosta
  • Cotarelo, Cotelo
  • Cotón, Cotom
  • Cuíña, Cuíñas
  • da Barca, da Bouza, da Cal, da Casa, da Cova, da Cruz, da Fonte, da Fraga, da Lama, da Pena, da Pía, da Praza, da Praça, da Ponte, da Porta, da Poza, da Presa, da Regueira, Darriba, da Riba, da Rocha, da Veiga, Davila, da Vila, Da Viña (moitos deles con variantes)
  • Devesa
  • Do Valo, Dobao, do Barro, do Cabo, do Cal, Docamiño, do Camiño, Do Caminho, do Canto, do casar, do Cobo, do Couso, do Couto, do Curro, do Forno, do Mato, do Muíño, do Muro, do Paço, Dopazo, do Pazo, do Rego, Dorrego, do Río, do Outarelo (moitos deles con variantes)
  • Escourido
  • Espiñeira
  • Foxo
  • Fonpedriña
  • Fontaíña
  • Fraga, Fragas, Dafraga / da Fraga
  • Freita
  • Graña
  • Ermida, Ermidas
  • Insua / Ínsua
  • Laxe, Laxes
  • Lousa, Lousas
  • Mariñas
  • Monforte
  • Monteagudo
  • Montemuíño, Montemuíños
  • Mosteiro
  • Outeda, Outeiral
  • Outomuro, Outo-Muro
  • Pacio / Pácio, Pacios / Pácios, Pazo / Paço, Pazos / Paços, Dopazo / Dopaço, Opazo, dos Pazos, Opazo / do Paço
  • Parada
  • Paradela
  • Páramo, Páramos
  • Pardiñas / Pardinhas
  • Parga
  • Pastoriza
  • Pazó/Paçó
  • Pedreira, Pedreiras
  • Pedrido
  • Rúa, Rúas

Haxiotopónimos (San ou Santo + nome persoal)

  • Sambreixo / San Breixo
  • Sampaio / San Paio
  • Sandomingos / San Domingos
  • Sanxurxo / San Xurxo
  • Sanfiz / San Fiz
  • Santalla, Santaia
  • Santamariña / Santa Mariña
  • Santiago
  • Santomé / San Tomé

Apelidos de toponímicos do mundo vexetal

  • Aveal
  • Albelo / Alvelo, Bodelo, Bodelos, Vidueira, Vidueiro, Vidueiros
  • Alvedro
  • Ameixeiras
  • Bacelo, Bacelos
  • Brion, Briom
  • Bugallo / Bugalho
  • Carballa / Carvalha, Carballo /Carvalho
  • Faba / Fava
  • Laranxeira / Laranjeira, Laranxo / Laranjo, Laranxeiro / Laranjeiro
  • Liño / Linho
  • Oliveira, Olveira
  • Pereira, Pereiras / Pereiro
  • Souto

Apelidos de toponímicos procedentes de nomes de animais

  • Abella/Abelha
  • Gato
  • Pardal
  • Pita, Pitos
  • Pombal
  • Raposo, Golpe
  • Rato
  • Sardiña

Outros apelidos editar

Profesións, títulos e dignidades editar

  • Barbeiro
  • Besteiro
  • Bispo
  • Cabaleiro / Cavaleiro
  • Carreiro
  • Conde
  • Cordeiro
  • Crego
  • Cribeiro / Criveiro
  • Cunqueiro
  • Ferreiro
  • Frade
  • Guerreiro
  • Xuíz / Juiz
  • Lobeiro
  • Mariño
  • Meleiro
  • Monteiro
  • Pulpeiro
  • Queixeiro
  • Santeiro
  • Troiteiro / Truiteiro

Apelidos de alcuños ou características morais ou físicas editar

Son aqueles que derivan dunha descrición ou algún alcuño da persoa ou familia asociada ao apelido. Algúns apelidos de alcumes ou descrición física ou moral son:

  • Albo
  • Bello (corresponde ó adxectivo Vello)
  • Boo/ Bo
  • Branco
  • Calvo
  • Cao ('que ten o cabelo branco')
  • Fachado
  • Formoso
  • Gago
  • Ledo
  • Louro
  • Louzán / Louzao
  • Mouriño, Mourelo
  • Roibal/Roival, Ruibal/Ruival
  • Roxo
  • Rouco
  • Tato
  • Veloso
  • Vizoso

Notas editar

  1. MONTERROSO DEVESA (1990)

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar