Lingua coreana

lingua falada en Corea

A lingua coreana[2] (chamada en Corea do Sur: 한국어, hangug-eo; en Corea do Norte: 조선말, joseommal) é a lingua nativa duns 80 millóns de persoas, na súa maioría de orixe coreana.[a] É a lingua oficial e nacional tanto de Corea do Norte como de Corea do Sur (xeograficamente Corea), pero durante os últimos 74 anos de división política (e illamento de Corea do Norte), as dúas Coreas desenvolveron algunhas diferenzas de vocabulario notables. Ademais de nas dúas Corea, o coreano é unha lingua minoritaria recoñecida en partes da China, a saber, na Provincia de Jilin, e concretamente na Prefectura de Yanbian (연변/延邊) situada ao sur da provincia de Heilongjiang e no Condado de Changbai. Así mesmo tamén se fala o Koryo-saram[b] en partes da illa rusa de Sakhalin e en zonas da Asia Central.[3]

Coreano
한국어 (Corea do Sur)
조선말 (Corea do Norte)
Pronuncia:Hangugeo, Chosŏnmal
Outros nomes:국어(國語) gugeo. Coloquialmente tamén 우리말 urimal
Falado en: Corea do Norte e Corea do Sur
Rexións: Corea
Total de falantes: 80,4 millóns (2020)
Posición: 17
Familia: Linguas coreánicas
 Coreano
Escrita: hangul, hanja
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Flag of South Korea.svg Corea do Sur
Flag of North Korea.svg Corea do Norte
Rexional: Flag of the People's Republic of China.svg China Prefectura autónoma coreana de Yanbian e Changbai
Regulado por: En Corea do Sur, o Instituto Nacional da Lingua Coreana (국립국어원/國立國語院)
Códigos de lingua
ISO 639-1: ko
ISO 639-2: kor
ISO 639-3: kor
SIL: KKN
Mapa
Idioma coreano.png
Map of Korean language.png
Status
Lang Status 99-NI.png
O coreano está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

O coreano é unha lingua asiática de clasificación controvertida, xa que presenta unhas características que se afastan do resto das linguas. A relación exacta entre o coreano e as linguas xapónicas, sobre todo a xaponesa, non está clara; hai unha longa controversia sobre se as semellanzas percibidas entre as dúas linguas deben ser atribuídas a unha orixe común ou máis ben á mutua influencia e a un sprachbund.[4][5][6] A lingua ten algúns parentes extintos que, xunto coa lingua jeju da Illa Jeju e o propio coreano, forman a familia compacta de linguas coreanas. Aínda así, o jeju e o coreano non son mutuamente intelixibles entre si. Suxírese que a patria lingüística do coreano está nalgún lugar do Nordeste da China contemporánea.[3] A xerarquía da sociedade da que procede a lingua inflúe profundamente no idioma, o que dá lugar a un sistema de niveis de fala e a honoríficos indicativos da formalidade de calquera situación.

O coreano moderno usa o alfabeto hangul nos seus escritos (한글; Hangul na Corea do Sur, 조선글; Choson'gul na Corea do Norte) un sistema fonético desenvolvido durante o século XV para tal fin, aínda que non se converteu na escritura primaria coreana ata o século XX. O alfabeto utiliza 24 letras básicas (jamo) e 27 letras complexas formadas a partir das básicas. O hangul ao contrario dos kanas xaponeses (hiragana e katakana) componse verdadeiramente de consoantes e vogais, formando un alfabeto de feito. Cando se rexistraron por primeira vez os textos históricos, o coreano era só unha lingua falada; todos os rexistros escritos mantíñanse en chinés clásico, que, mesmo cando se fala, é non inteligible para alguén que só fala coreano. Posteriormente, os caracteres chineses adaptados á lingua coreana, nanja 漢字, utilizáronse para escribir o idioma durante a maior parte da historia de Corea e aínda se utilizan de forma limitada en Corea do Sur, sobre todo nas humanidades e o estudo de textos históricos.

Desde principios do século XXI, algúns aspectos da cultura coreana estendéronse a outros países a través da globalización e a exportación cultural. Por iso, o interese pola adquisición do idioma coreano (como lingua estranxeira) tamén se xera polas alianzas, a participación militar e a diplomacia duradeira, como entre as relacións Corea do Sur-Estados Unidos, as relacións China-Corea do Norte e as relacións Corea do Norte-Rusia desde o final da segunda guerra mundial e a Guerra de Corea. Xunto con outros idiomas como o chinés e o árabe, o coreano está clasificado no nivel de dificultade máximo para os angloparlantes polo Departamento de Defensa dos Estados Unidos.

HistoriaEditar

O coreano moderno descende do coreano medio, que á súa vez descende do coreano antigo, que descende da lingua protocoreana da que xeralmente se suxire que ten a súa procedencia lingüística (Urheimat).[c][7][8] Whitman (2012) suxire que os protocoreanos, xa presentes no norte de Corea, expandíronse cara ao sur da Península de Corea en torno ao ano 300 a.C. e conviviron (ou os asimilaron) cos descendentes dos cultivadores xaponeses do período da cerámica Mumun. Ambos se influíron mutuamente e un efecto fundador posterior diminuíu a variedade interna de ambas as familias lingüísticas.[9]

Desde a guerra de Corea, despois de 70 anos de separación, as diferenzas norte-sur desenvolvéronse no coreano estándar, incluíndo variacións na pronuncia e no vocabulario elixido, pero estas pequenas diferenzas pódese atopar en calquera dos dialectos coreanos, que aínda son en gran parte mutuamente intelixibles.

Sistemas de escrituraEditar

 
O dicionario coreano máis antigo (1920)

Os caracteres chineses chegaron a Corea xunto co budismo durante o período protohistorico dos Tres Reinos de Corea no século I a.C. Adaptáronse ao coreano e coñecéronse como caracteres sinocoreanos, mantendose como a principal escritura para escribir coreano durante máis dun milenio xunto con varias escrituras fonéticas que se inventaron posteriormente, como a idu, o gugyeol e o hyangchal. Principalmente as elites privilexiadas foron educadas para ler e escribir en hanja. Con todo, a maioría da poboación era analfabeta.

No século XV, o rei Sejong o Grande desenvolveu persoalmente un sistema de escritura alfabético coñecido hoxe como hangul.[10][11] Consideraba que o hanja era inadecuado para escribir coreano e que esta era a causa do seu uso tan restrinxido; o hangul foi deseñado para axudar a ler o hanja ou para substituílo por completo. Introducido no documento Hunminjeongeum (que significa Os sons correctos para a instrución do pobo), chamouse eonmun (escritura coloquial) e estendeuse rapidamente por todo o país para aumentar a alfabetización en Corea. O hangul era amplamente utilizado por todas as clases coreanas, pero a miúdo era tratado como amkeul ("escritura para mulleres") e desprezado polas elites privilexiadas, mentres que o hanja era considerado como jinseo ("texto verdadeiro"). En consecuencia, os documentos oficiais, durante a era de Joseon, escribíanse sempre en hanja. Xa no século XVI como a maioría da xente non entendía o hanja, os reis coreanos ás veces publicaban avisos públicos totalmente escritos en hangul para todas as clases coreanas, incluídos os campesiños sen educación e os escravos. No século XVII, a clase de elite dos yangban intercambiaba cartas en hangul cos seus escravos, o que suxire unha alta taxa de alfabetización en hangul durante a era Joseon. [12]

Na actualidade, o hanja non se utiliza na vida cotiá debido á súa inconveniencia, pero segue sendo importante para os estudos históricos e lingüísticos. Nin Corea do Sur nin Corea do Norte opóñense á aprendizaxe do hanja, aínda que xa non se utiliza oficialmente en Corea do Norte, e o seu uso en Corea do Sur se reserva principalmente para circunstancias específicas, como periódicos, traballos académicos e desambiguación.

Clasificación lingüísticaEditar

A clasificación da lingua coreana é un tema debatido poi non hai un consenso entre os lingüistas sobre a clasificación da lingua coreana, e por iso é frecuentemente clasificado como lingua illada. O coreano é un membro das linguas coreánicas xunto coa lingua jeju. Algúns lingüistas incluírono na familia das linguas altaicas, pero a principal proposta altaica perdeu a maior parte do seu apoio anterior.[13] A lingua khitan ten varios elementos de vocabulario similares ao coreano que non se atopan noutras linguas mongoles ou tungúsicas, o que suxire unha influencia coreana no khitan.[14]

A hipótese de que o coreano podería estar relacionado coa lingua xaponesa tivo algúns partidarios debido a algunha superposición de vocabulario e características gramaticais similares que foron elaboradas por investigadores como Samuel E. Martin][15] e Roy Andrew Miller.[16] En parte, este parentesco lingüístico é negado sobre a base das difíciles relacións históricas entre as dúas nacións, entre elas o imperialismo xaponés. Comparte tamén partículas idénticas (ga, ka, e), formación gramatical igual: Suxeito-Obxecto-Verbo. O hangugo (lingua coreana) componse de máis diversidade sonora que o nihongo (lingua xaponesa). A pesar de ter numerosos empréstimos do chinés (máis dun 50% do vocabulario), é un consenso entre todos os lingüistas que o chinés e o coreano non teñen parentesco lingüístico. Sergei Anatolyevich Starostin (1991) atopou preto dun 25% de cognados potenciais na lista de 100 palabras Swadesh entre o xaponés e coreano.[17] Algúns lingüistas preocupados pola cuestión entre o xaponés e o coreano, entre eles Alexander Vovin, argumentaron que as similitudes indicadas non se deben a ningunha relación xenética, senón máis ben a un efecto de sprachbund (unión de linguas) e a fortes préstamos, especialmente do coreano antigo ao xaponés antigo occidental.[18] Un bo exemplo pode ser o sàm do coreano medio e o asá xaponés , que significan "cánabo".[19] Esta palabra parece ser un cognado, pero aínda que está ben testemuñada no xaponés antigo occidental e nas linguas ryukyuanas do norte, no xaponés antigo oriental só aparece en compostos, e só está presente en tres dialectos do grupo de linguas ryukyuanas do sur. Ademais, o dobrete wo que significa "cáñamo" está testemuñado no xaponés antigo occidental e nas linguas do sur de Ryukyuan. Por tanto, é plausible supoñer que se trata dun termo prestado.[20]

Hudson & Robbeets (2020) suxeriu que hai vestixios dun substrato pre-nivkh en coreano. Segundo a hipótese, as variedades ancestrais do nivkh (tamén coñecidas como amuric) distribuíronse na península coreana antes da chegada dos falantes de coreano.[21]

A tese do coreano alemán Andre Eckardt , segundo a cal a lingua coreana ata se relaciona coas linguas indoeuropeas , que tivo varios intentos de demostrar a sorprendente semellanza de 500 palabras a primeira vista, xa non é aceptada pola maioría dos estudosos de hoxe.

Os seguintes trazos comúns levan a pensar que o coreano pode incluírse no grupo de linguas altaicas :

  1. harmonía vocálica na formación de palabras
  2. Restrición do sistema consonántico ao comezo dunha palabra
  3. Aglutinante
  4. falta de alternancia vogal - consoante
  5. falta de pronomes e pronomes relativos e conxuncións
  6. Presenza de formas verbais compostas

Non obstante, é difícil estar seguro da clasificación do coreano, aínda hoxe as tres teorías máis acreditadas son as vinculadas ás linguas altaicas , ás linguas xaponesas e a unha lingua illada.

VocabularioEditar

O núcleo do vocabulario coreano componse de palabras nativas coreanas. Con todo, unha proporción significativa do vocabulario, especialmente as palabras que denotan ideas abstractas, son palabras sino-coreanas (de orixe chinesa).[22] En moita menor medida, algunhas palabras tamén se tomaron prestadas do mongol e outras linguas.[23] Os préstamos máis recentes están dominados polo inglés.

O vocabulario norcoreano mostra unha tendencia para preferir o coreano nativo sobre o chinés-coreano ou os préstamos estranxeiros, especialmente cos recentes obxectivos políticos que pretenden eliminar as influencias estranxeiras da lingua coreana en Corea do Norte. Nos primeiros anos, o goberno norcoreano tentou eliminar as palabras sino-coreanas. En consecuencia, o coreano do sur pode ter varios préstamos chinés-coreanos ou estranxeiros que non están no coreano do norte.

Números Cardeais sino-coreano Cardeais nativos coreanos
Hangul Romanización Hangul Romanización
1 il 하나 hana
2 i dul
3 sam set
4 sa net
5 o 다섯 daseot
6 , yuk, ryuk 여섯 yeoseot
7 chil 일곱 ilgop
8 pal 여덟 yeodeol
9 gu 아홉 ahop
10 sip yeol

Sino-coreanoEditar

O vocabulario sino-coreano consta de:

Por tanto, do mesmo xeito que outras palabras, o coreano ten dous conxuntos de sistemas numéricos. O inglés é similar, xa que ten palabras nativas do inglés e equivalentes en latín como water-aqua, fire-flame, sea-marine, two-dual, sun-solar, star-stellar. Con todo, a diferenza do inglés e o latín, que pertencen á mesma familia de linguas indoeuropeas e gardan certo parecido, o coreano e o chinés non están relacionados xeneticamente e os dous conxuntos de palabras coreanas difiren completamente entre si. Todos os morfemas sino-coreanos son monosilábicos como no chinés, mentres que os morfemas nativos coreanos poden ser polisilábicos. As palabras sino-coreanas importáronse deliberadamente xunto cos correspondentes caracteres chineses para unha lingua escrita e supoñíase que todo se escribiría en hanja, para que a coexistencia do sino-coreano fose máis completa e sistemática que a das palabras latinas en inglés.

A proporción exacta do vocabulario sino-coreano é un asunto a debate. Sohn en 2001 afirmou que era unha proporción do 50-60%.[22] En 2006 o mesmo autor dá unha estimación aínda maior ata 65%.[24] Porén, Jeong Jae-do, un dos compiladores do dicionario Urimal Keun Sajeon, asegura que a proporción non é tan alta. Sinala que os dicionarios coreanos compilados durante o período colonial xaponés inclúen moitas palabras sino-coreanas non usadas. Na súa estimación, a proporción de vocabulario sino-coreano na lingua coreana podería ser tan baixa como do 30%.[25]

Aspectos históricos, sociais e culturaisEditar

A denominación do idioma difire segundo refirámonos ao utilizado en Corea do Norte ou en Corea do Sur. En Corea do Sur adóitaselle chamar Hangugeo (en hangul, 한국어; en hanja, 韓國語) ou Hangugmal (en hangul, 한국말). En contextos oficiais ou cultos refírense moito á lingua como gugeo (en hangul, 국어; en hanja, 國語) que significa «lingua do país». Coloquialmente óese tamén urimal (en hangul, 우리말) que literalmente significa «o noso idioma». En Corea do Norte prefírese a denominación Chosŏnmal (en chosŏn'gŭl, 조선말; romanización revisada do coreano, Joseonmal) aínda que tamén se oe urimal (en chosŏn'gŭl, 우리말). O estándar de Corea do Norte está baseado no fala da capital Pyongyang, mentres que no sur o estándar está baseado na fala de Seúl. As diferenzas entre os dialectos do norte e do sur son máis ou menos equivalentes ás que se achan entre o español de España e o de Hispanoamérica, a diferenza máis grande é a postura ante neoloxismos; en Corea do Norte tenden a adaptar os conceptos con palabras coreanas e en Corea do Sur prefiren adoptar as palabras do inglés.

Distribución xeográficaEditar

 
Sinal de estrada en coreano e inglés, Daegu, Corea do Sur

O coreano é falado polos coreanos tanto en Corea do Sur como en Corea do Norte, e pola diáspora coreana en moitos países, incluíndo a República Popular da China, os Estados Unidos, Xapón e Rusia. Actualmente, o coreano é a cuarta lingua estranxeira máis popular na China, despois do inglés, o xaponés e o ruso.[26] Nestes estados existen minorías de fala coreana, pero debido a asimilación cultural nos países de acollida, non todos os coreanos étnicos saben falalo con soltura nativa.

Estado oficialEditar

O coreano é o lingua oficial de Corea do Sur e Corea do Norte. Tamén é, xunto co chinés mandarín, unha das dúas linguas oficiais da prefectura autónoma coreana de Yanbian da China.

Na Corea do Norte, o organismo regulador é o Instituto da Lingua da Academia de Ciencias Sociais (사회과학원 어학연구소; 社會科學院語學硏究所, Sahoe Gwahagweon Eohag Yeonguso). Na Corea do Sur, o organismo regulador do coreano é o Instituto Nacional da Lingua Coreana, con sede en Seúl, que foi creado por decreto presidencial o 23 de xaneiro de 1991.

Segundo a Enciclopedia Británica, o coreano é falado por máis de 75 millóns de persoas no mundo. Os cinco países con maior número de falantes son:[27]

País Número de falantes
  Corea do Sur 48 000 000
  Corea do Norte 25 000 000
  China 2 000 000
  Estados Unidos 1 000 000
  Xapón 500 000

Instituto King SejongEditar

Establecida en virtude do artigo 9, apartado 2, da Lei marco da lingua nacional, a Fundación do Instituto King Sejong[28] é unha institución pública creada para coordinar o proxecto do goberno de propagación da lingua e cultura coreanas; tamén apoia o Instituto King Sejong, que é a rama da institución no exterior. O Instituto King Sejong foi creado en resposta a:

  • un aumento da demanda de educación en lingua coreana;
  • un rápido aumento da educación en lingua coreana grazas á difusión da cultura (hallyu), o aumento de matrimonios internacionais, a expansión das empresas coreanas nos mercados estranxeiros e a aplicación do sistema de licenzas de emprego;
  • a necesidade dunha institución educativa en lingua coreana sancionada polo goberno;
  • a necesidade de apoio xeral para a educación en coreano no exterior baseada nun programa exitoso de educación na lingua doméstica.

NotasEditar

  1. Calculada a partir de 2020. A poboación combinada de Corea do Norte e do Sur estimada para 2020 era duns 77 millóns.
  2. Koryo-saram é o nome que usan os coreanos nos estados postsoviéticos para referirse a si mesmos.
  3. urheimat (do alemá: ur- ‘orixinal’ e Heimat ‘fogar’, IPA: [ouʁhajmat]) é un termo lingüístico que denota o lugar orixinario dos falantes dunha protolingua.
Referencias
  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para coreano.
  3. 3,0 3,1 Hölzl, Andreas (2018-08-29). A typology of questions in Northeast Asia and beyond: An ecological perspective. Language Science Press. p. 25. ISBN 9783961101023. 
  4. Jae Jung (2005). The Korean language: structure, use and context. Routledge. p. 15. ISBN 978-0-415-32802-9. .
  5. Campbell, Lyle; Mixco, Mauricio (2007). "Korean, A language isolate". A Glossary of Historical Linguistics. University of Utah Press. pp. 7, 90–91. most specialists... no longer believe that the... Altaic groups... are related […] Korean is often said to belong with the Altaic hypothesis, often also with Japanese, though this is not widely supported .
  6. Kim, Nam-Kil (1992). "Korean". International Encyclopedia of Linguistics 2. pp. 282–86. scholars have tried to establish genetic relationships between Korean and other languages and major language families, but with little success .
  7. Janhunen, Juha (2010). "Reconstructing the Language Map of Prehistorical Northeast Asia". Studia Orientalia (108). ... hai fortes indicios de que o veciño estado de Baekje (no suroeste) era predominantemente de fala xaponesa ata que foi coreanizado lingüísticamente. 
  8. Vovin, Alexander (2013). "From Koguryo to Tamna: Slowly riding to the South with speakers of Proto-Korean". Korean Linguistics 15 (2): 222–240. doi:10.1075/kl.15.2.03vov. 
  9. Whitman, John (2011-12-01). "Northeast Asian Linguistic Ecology and the Advent of Rice Agriculture in Korea and Japan" (PDF). Rice (en inglés) 4 (3). pp. 149–158. ISSN 1939-8433. doi:10.1007/s12284-011-9080-0. Consultado o 9 de setembro do 2022. 
  10. Kim-Renaud, Young-Key (1997). The Korean Alphabet: Its History and Structure (en inglés). University of Hawaii Press. p. 15. ISBN 9780824817237. Consultado o 12 de setembro do 2022. 
  11. "알고 싶은 한글". 국립국어원 (en coreano). National Institute of Korean Language. Consultado o 12 de setembro do 2022. 
  12. "Archive of Joseon's Hangul letters – A letter sent from Song Gyuryeom to slave Guityuk (1692)". Consultado o 12 de setembro do 2022. 
  13. Cho & Whitman (2020), pp. 11–12.
  14. Vovin, Alexander (xuño de 2017). "Koreanic loanwords in Khitan and their importance in the decipherment of the latter" (PDF). Acta Orientalia Academiae Scientiarum Hungaricae 70 (2). pp. 207–215. doi:10.1556/062.2017.70.2.4. Consultado o 8 setembro do 2022. 
  15. Martin (1966), Martin (1990)
  16. e.g. Miller (1971), Miller (1996)
  17. Starostin, Sergei (1991). Altaiskaya problema i proishozhdeniye yaponskogo yazika [The Altaic Problem and the Origins of the Japanese Language] (PDF) (en ruso). Moscova: Nauka. 
  18. Vovin (2008).
  19. Whitman (1985), p. 232, tamén atopado en Martin (1966), p. 233
  20. Vovin (2008), pp. 211–212.
  21. Hudson, Mark J.; Robbeets, Martine (2020). "Archaeolinguistic Evidence for the Farming/Language Dispersal of Koreanic". Evolutionary Human Sciences (en inglés) 2. e52. doi:10.1017/ehs.2020.49. 
  22. 22,0 22,1 Sohn (2001), Section 1.5.3 "Korean vocabulary", pp. 12–13
  23. Lee & Ramsey (2011), p. 6.
  24. Sohn (2006), p. 5.
  25. Kim, Jin-su (2009-09-11). 우리말 70%가 한자말? 일제가 왜곡한 거라네 [É o 70% do coreano chinés? Distorsión do imperio xaponés]. The Hankyoreh (en coreano). Consultado o 12 de setembro do 2022.  O dicionario mencionado é 우리말 큰 사전. Seul: Hangul Hakhoe. 1992. OCLC 27072560. 
  26. Sohn (2001), p. 6.
  27. "Korean language - History, Characteristics, & Facts". Britannica. Consultado o 26 de febreiro de 2021. 
  28. "세종학당) (Instituto King Sejong)". Consultado o 23 de setembro do 2022. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Argüelles, Alexander; Kim, Jong-Rok (2000). A Historical, Literary and Cultural Approach to the Korean Language. Seul, corea do Sur: Hollym. 
  • Argüelles, Alexander; Kim, Jongrok (2004). A Handbook of Korean Verbal Conjugation. Hyattsville, Maryland: Dunwoody Press. 
  • Argüelles, Alexander (2007). Korean Newspaper Reader. Hyattsville, Maryland: Dunwoody Press. 
  • Argüelles, Alexander (2010). North Korean Reader. Hyattsville, Maryland: Dunwoody Press. 
  • Brown, L. (2015). "Expressive, Social and Gendered Meanings of Korean Honorifics". Korean Linguistics 17 (2): 242–266. doi:10.1075/kl.17.2.04bro. 
  • Chang, Suk-jin (1996). Korean. Philadelphia: John Benjamins Publishing Company. ISBN 978-1-55619-728-4.  (Volume 4 of the London Oriental and African Language Library).
  • Cho, Young A. (2006). "Gender Differences in Korean Speech". En Ho-min Sohn. Korean Language in Culture and Society. University of Hawaii Press. p. 189. 
  • Cho, Sungdai; Whitman, John (2020). Korean: A Linguistic Introduction. Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-51485-9. 
  • Hulbert, Homer B. (1905). A Comparative Grammar of the Korean Language and the Dravidian Dialects in India. Seoul. 
  • Lee, Ki-Moon; Ramsey, S. Robert (2011). A History of the Korean Language. Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-66189-8. 
  • Martin, Samuel E. (1966). "Lexical Evidence Relating Japanese to Korean". Language 42 (2): 185–251. JSTOR 411687. doi:10.2307/411687. 
  • Martin, Samuel E. (1990). "Morphological clues to the relationship of Japanese and Korean". En Baldi Philip. Linguistic Change and Reconstruction Methodology. Trends in Linguistics: Studies and Monographs 45. pp. 483–509. 
  • Martin, Samuel E. (2006). A Reference Grammar of Korean: A Complete Guide to the Grammar and History of the Korean Language – 韓國語文法總監. Tuttle Publishing. ISBN 978-0-8048-3771-2. 
  • Miller, Roy Andrew (1971). Japanese and the Other Altaic Languages. Chicago, IL: University of Chicago Press. ISBN 0-226-52719-0. 
  • Miller, Roy Andrew (1996). Languages and History: Japanese, Korean and Altaic. Oslo, Noruega: Institute for Comparative Research in Human Culture. ISBN 974-8299-69-4. 
  • Ramstedt, G. J. (1928). "Remarks on the Korean language". Mémoires de la Société Finno-Ougrienne 58. 
  • Rybatzki, Volker (2003). "Middle Mongol". En Juha Janhunen. The Mongolic languages. Londres, Inglaterra: Routledge. pp. 47–82. ISBN 0-7007-1133-3. 
  • Starostin, Sergei A.; Dybo, Anna V.; Mudrak, Oleg A. (2003). Etymological Dictionary of the Altaic Languages. Leiden, South Holland: Brill Academic Publishers. ISBN 90-04-13153-1.  In 3 volumes.
  • Sohn, Ho-Min (2001) [1999]. The Korean Language. Cambridge, Inglaterra: Cambridge University Press. ISBN 978-0521369435. 
  • Sohn, Ho-Min (2006). Korean Language in Culture and Society. Boston, MA: Twayne Publishers. ISBN 978-0-8248-2694-9. 
  • Song, J.-J. (2005). The Korean Language: Structure, Use and Context. Londres, Inglaterra: Routledge. 
  • Trask, R. L. (1996). Historical linguistics. Hodder Arnold. 
  • Vovin, Alexander (2010). Koreo-Japonica: A Re-evaluation of a Common Genetic Origin. Honolulu, HI: University of Hawai'i Press. 
  • Whitman, John B. (1985). The Phonological Basis for the Comparison of Japanese and Korean (Tese). Cambridge, MA: Harvard University.  Unpublished Harvard University PhD dissertation.
  • Yeon, Jaehoon; Brown, Lucien (2011). Korean: A Comprehensive Grammar. Londres, Inglaterra: Routledge. 

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar