Linguas xapónicas

familia de linguas

As linguas xapónicas son unha familia de linguas supostamente descendente dunha lingua común chamada proto-xapónica.

Variantes do xaponés

Linguas da familia editar

As linguas xapónicas son:

  • Xaponés (日本語)
    • Xaponés oriental (hoxe en día representado parcialmente pola fala de Aogashima, Hachijojima, Minamidaito, Kitadaito e unhas poucas illas pequenas máis).
    • Xaponés occidental (representado por todos os dialectos xaponeses das illas principais).
      • Xaponés occidental do leste, inclúe a maioría dos dialectos ao leste da rexión de Kansai.
      • Xaponés occidental do oeste, inclúe a maioría dos dialectos ao oeste da rexión de Kanto.
  • Linguas ryukyuanas (琉球語)
    • Lingua amami (奄美語)
      • Dialectos do norte
        • Tanegashima
        • Yakushima
        • Oshima setentrional
      • Dialectos do sur
        • Oshima meridional
        • Yoron
    • Lingua okinawana (沖縄語)
      • Kunigami (tamén chamado okinawense setentrional)
      • Ie
      • Dialectos do sur (tamén okinawense central ou okinawense estándar)
        • Principal
        • Shimajiri (a afiliación destes dialectos é incerta, mais inclúese aquí pois a rexión Shimajiri considérase parte da rexión correspondente)
    • Miyako (宮古語)
      • Miyako
      • Irabu
    • Yaeyama (八重山語)
      • Ishigaki
      • Iriomote
      • Taketomi
    • Yonaguni (与那国語)

Relacións con outras familias editar

Non existe unha proba concreta universalmente aceptada da relación entre as linguas xapónicas con outras linguas, pero existen unha serie de teorías apoiadas por diversas evidencias:

  • A teoría máis estendida relaciona as linguas xapónicas coa antiga e desaparecida lingua de Goguryeo. Outros van máis alá incluíndo o xapónico e o goguryeo dentro dunha hipotética e maior familia de linguas chamada fuyu que incluiría as linguas extinguidas asociadas cos antigos Fuyu e Baekje.
  • Outra teoría relaciona o xapónico co coreano, baseándose nunha gramática practicamente idéntica, a pesar de similitudes léxicas escasas. A maioría dos seguidores da teoría "fuyu" non inclúen o coreano como parte da familia.
  • Tamén está a controvertida teoría altaica que afirma que as linguas xapónicas, as linguas fuyu, o yoguryeo e o coreano ou calquera combinación delas forman parte da familia de linguas altaica. Estudos lexicoestatísticos mostraron que a lingua viva moderna que ten o léxico máis próximo a calquera lingua xapónica é o uigur, unha lingua turca, pertencente como o resto desa familia á macrofamilia altaica.
  • Finalmente están as teorías que propoñen vínculos coas linguas austronesias e incluso os que consideran que o xapónico é unha rama da macrofamilia áustrica, pero a evidencia en favor destes tipos de propostas é igualmente débil.

En vista da falta de probas contundentes, algúns ven nestas similitudes un simple "sprachbund" e que os parecidos son simplemente resultado da veciñanza dos pobos en Asia Central nos transcurso dos milenios.

Comparación léxica editar

Os numerais en diferentes linguas xapónicas son:[1]

GLOSA Numerais siníticos Numerais xapónicos
Sino-
xaponés
Chinés
clásico
Xaponés
antigo
Xaponés
moderno
Kunigami Yaeyama PROTO-
XAPÓNICO
'1' itɕi
ichi
*i̯it pijto çitoʦɯ
hitotsu
tʼiːtʃʼi pituʦy *piːto-tu
'2' ɲi
ni
*ńii̯ puta ɸɯtɑtsɯ
futatsu
tʼaːtʃʼi huta:ʦy *putaː-tu
'3' saɴ
san
*sam uru-fu mitːsɯ
mittsu
miːtʃʼi my:ʦy *miː-tu
'4' ɕi
shi
*sî jo < *do jotːsɯ
yottsu
ju:tʃʼi ju:ʦy *ju-tu
'5' ɡo
go
*ŋwo itu itsɯtsɯ
isutsu
ʔitʃʼtʃʼi issy *itu-tu
'6' ɾokɯ
roku
*li̯uk mu- mɯtːsɯ
muttsu
mu:tʃʼi ny:tsy / mu:ʦy *mu-tu
'7' ɕitɕi
shichi
*tsʰit nana nɑnɑtsɯ
nanatsu
nanatʃʼi nanaʦy *nana-tu
'8' hɑtɕi
hachi
*pat ja < *da jɑtːsɯ
yattsu
ja:tʃʼi ja:ʦy *ja:-tu
'9' kʲɯː
kyuu
*ki̯u kokono- kokonotsɯ
kokonotsu
kukunutʃʼi hakonaʦy *kokono-tu
'10' dʑɯː
juu
*ʂip towo toː
too
tu: tu: *towo

Notas editar

  1. "Japonic Numerals (Eugene Chan)". Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2014. Consultado o 08 de maio de 2012.