Protohistoria
A Protohistoria é un período da historia da humanidade posterior á prehistoria e anterior á historia propiamente dita.
Acepcións
editarAtópanse dúas acepcións:
- Segundo a escola francesa, unha sociedade pertence a a Protohistoria cando, a pesar de ser unha cultura ágrafa, tense noticias escritas sobre ela mediante fontes indirectas: p.e., a cultura de La Tène e Hallstatt respecto dos escritores clásicos.
- Segundo a escola inglesa, as sociedades protohistóricas son aquelas en transición cara á cultura escrita, á súa vez, en proceso de formación dun Estado; en Europa, xa que logo, faría referencia á Idade dos metais.
Idade de Ferro
editarA protohistoria adoita relacionarse coa Segunda Idade de Ferro, por ser esta a última fase da prehistoria. Dentro do período protohistórico en Europa desenvolvéronse numerosas entidades políticas semicentralizadas, que coincidiron co inicio da escritura e da metalurxia. Esas civilizacións produciron documentos epigráficos breves e posteriormente crónicas extensas, considerándose ese punto Historia antiga.
Protohistoria Europea
editarAplicase, sobre todo, á Idade de Bronce e boa parte da de Ferro na área occidental de Europa.
Fontes de estudo
editarAs fontes para o seu estudo son case na súa totalidade arqueolóxicas, aínda que tamén se posúen tradicións orais. Tendo en conta que os milenios que van desde a invención da escritura (en distintos focos en todo o mundo, dos que Oriente Próximo foi o primeiro) ata a súa difusión por todo o mundo (particularmente para Europa e a conca do Mediterráneo no caso citado), poden utilizarse as fontes escritas por gregos, fenicios, hebreos ou exipcios para o estudo dese período en Europa (milenios IV a.C. ao I a.C.) e eses lugares, que propiamente non entraran na Historia.
Na Península Ibérica
editar- Pobos protohistóricos presentes na Península Ibérica
- Cántabros
- Ástures
- Vascóns; moi posiblemente en Aquitania (segundo o Libro III, De Belo Gallico de Xulio César.
- Celtas
- Iberos
- Tartessos
- Lusitanos
- Colonias protohistóricas na Península Ibérica
Véxase tamén
editarBibliografía
editarPor favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |