Cultura de La Tène

A cultura de La Tène (Pronunciación francesa: ​[la tɛn]) foi unha cultura da Idade de Ferro europea. Desenvolveuse e prosperou durante a Idade de Ferro serodia (dende o -450 até a conquista romana no século -1), sucedendo a Idade de Ferro temperá da cultura de Hallstatt sen unha rotura cultural definitiva, baixo o pulo dunha influencia mediterránea considerábel por parte dos gregos na Galia prerromana, dos etruscos[1] e da cultura de Golasecca.[2]

Mapa mostrando a distribución da cultura Hallstatt e La Tène.      O centro do territorio Hallstatt (sobre o 800 AdC) móstrase en amarelo escuro,      a eventual área de influencia da cultura Hallstatt (sobre o 500 AdC) en amarelo claro.      O centro do territorio da cultura La Tène (450 AdC) móstrase en verde escuro,      a eventual área de influencia da cultura La Tène (sobre o 50 AdC) móstrase en verde claro.

A extensión territorial da cultura de La Tène correspóndese co que hoxe é Francia, Bélxica, Suíza, Austria, o sur de Alemaña, a República Checa, partes do norte de Italia,[3] Eslovenia e Hungría, así como partes adxacentes dos Países Baixos, Eslovaquia,[4] Croacia,[5] Transilvania (oeste de Romanía), e Transcarpatia (oeste de Ucraína).[6] Os celtiberos do oeste de Iberia compartían moitos trazos desta cultura, aínda que non así o estilo artístico. Polo norte estendíase a contemporánea Idade de Ferro prerromana do norte de Europa, que incluía a cultura de Jartorf do norte de Alemaña.

NotasEditar

  1. Sarunas Milisauskas, European Prehistory: a survey, p. 354
  2. Venceslas Kruta, La grande storia dei Celti. La nascita, l'affermazione, la decadenza, (Newton & Compton), Roma, 2003 ISBN 978-88-8289-851-9, a translation of Les Celtes, histoire et dictionnaire. Des origines à la romanisation et au christianisme, Robert Laffont, París, 2000, without the dictionary
  3. "Manufatti in ferro di tipo La Tène in area italiana : le potenzialità non sfruttate". 
  4. A cultura de La Tène estivo presente na zona suroeste de Eslovaquia, limitando ou superpoñéndose coa cultura de Púchov na paret norte e central de Eslovaquia.
  5. Croatia formou parte da zona oriental de Hallstatt, e os Ilirios da antigüidade clásica foron culturalmente influenciados tanto polos celtas (La Tène) como pola cultura helenística.
  6. G. Kazakevich, "The La Tène culture of the Trans-Carpathian area: Is the migration model still relevant?", UDK 94(477.87:364): "The only region of the present day Ukraine where the La Tène sites are sufficiently widespread is the Trans-Carpathian area which lies south-westwards of the Carpathian mountains."