Cultura arqueolóxica

conxuntos de artefactos e outros elementos materiais correspondentes a unha época e un lugar (xacemento ou rexión) determinados

Unha cultura arqueolóxica é un conxunto recorrente de tipos de artefactos, edificios e monumentos dun período e rexión (ou xacemento) específicos que poden constituír os restos da cultura material dunha determinada sociedade humana pasada.[1] A conexión entre estes tipos é unha observación empírica, pero a súa interpretación en termos de grupos étnicos ou políticos baséase na comprensión e interpretación dos arqueólogos e, en moitos casos, está suxeita a debates que levan tempo sen resolver. O concepto de cultura arqueolóxica é fundamental para a arqueoloxía cultural e histórica.

Notas editar

  1. Renfrew, Colin; Bahn, Paul (1998). Arqueología. Teorías, métodos y práctica. Ediciones Akal. ISBN 84-460-0234-5.