Lusitanos
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
As referencias deste artigo non teñen un formato correcto. Podes colaborar editándoas como se indica nesta páxina. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Os lusitanos eran un dos pobos celtiberos da Península Ibérica. Durante séculos o estado portugués utilizounos como os antergos máis antigos no novo estado.
Eran un pobo prerromano que habitaba parte do centro do actual Portugal, desde a beira esquerda do Douro até as inmediacións do Algarve. Séguese a dubidar sobre a súa celticidade ou si son un pobo nativo influído por correntes centroeuropeas.
Sociedade
editarA estrutura social lusitana estaba baseada nas gentilitates[1] e sobre elas existía unha elite gobernada por un princeps elixido de entre a aristocracia; semella que tiñan tanto propiedades privadas (casa, gando) como comunais (terras de pasto, murallas) e guiábanse polo espírito bélico que os levaba a organizar expedicións non de conquista pero si de botín como ritual de paso da xuventude. Podían usar da súa forza empregándose como mercenarios en exércitos estranxeiros.
O seu hábitat repartíase entre poboados fortificados (castros)[2] e granxas; o comercio levábase a cabo mediante o pago en metálico (lingotes de prata) ou o intercambio de bens con agasallos, as rutas comerciais eran axilizadas usando curraghs (barcos de coiro e vime) ou troncos baleirados.[3]
A explotación mineira levábase a cabo en escavacións superficiais de filóns mentres que os ourives e ferreiros se movían por todo o territorio traballando segundo as demandas e conseguindo un alto nivel en trebellos de luxo, como son as famosas lúnulas (como a moi famosa lúnula lusitana de Chao de Lamas) con técnicas de repuxado; tamén se traballou o ferro, sobre todo en armas (espadas de antenas, falcatas, lanzas, puñais...) que formaban parte da panoplia do guerreiro lusitano (que durante anos se confundiu cos estatuas de guerreiros galaicos bracarenses a pesar de que estas estatuas só se dan no territorio galaico e non lusitano).
A súa cultura era típica da Idade de Ferro e conservouse parte da lingua lusitana a través das inscricións de Arroyo de la Luz (Estremadura), Cabeço das Fráguas (Guarda, Portugal), Lamas de Moledo (Viseu) e Arronches (Alto Alentexo, Portugal).
Relixión lusitana
editarA relixión dos lusitanos era politeísta de carácter panteísta;[4] descoñécese moito sobre ela pero sábese que debía existir algo semellante aos druídas[5] (que oficiaban sacrificios humanos para adiviñar o futuro) que se atopaban nos santuarios lusitanos de Panoias, Lamas de Moledo ou San Miguel da Mota.
Os seus deuses eran comúns a outros pobos veciños (Galaicos, Vetóns):[6]
- Caricocecus: Deus da guerra, un dos máis importantes debido a que recibe os mellores sacrificios (humanos e de cabalos e cabras)
- Ataecina: Deusa da vida e da morte, compartía o control da saúde con Bormánico.
- Bandagona.
- Bormánico: Deusa da saúde.
- Duberdicos: Deus das augas.
- Navia: Deusa dos ríos.
- Runesocesios: Consérvase un ritual baseado en lanzas completas de bronce relacionado con este teónimo.
- Sucellos: Deus da abundancia.
Notas
editar- ↑ Francisco Martins Sarmento"Lusitanos, lígures e celtas"
- ↑ Virgílio Correia"Conímbriga: noticia do «Oppidum» e das escavações nele realizadas. Coimbra, Tipografia da Gráfica de Coimbra, 1936
- ↑ Joaquina Soares "Embarcacións tradicionais do Sado" 2008
- ↑ Juan Carlos Olivares Pedreño "Los dioses de la hispania céltica" Real Academia de Historia
- ↑ Estrabón "Xeografía"
- ↑ Rosa Brañas, "Galaicos e Romanos na Galicia céltica" ed Toxosoutos 2000