O lusitano[5] é unha lingua paleohispánica da familia indoeuropea, coñecida por unhas cinco inscricións e abundantes antropónimos, topónimos e teónimos, e falada no territorio da antiga Lusitania romana ata algún momento dos primeiros séculos da nosa era.

Lusitano
Falado en: Lusitania
Rexións: Beira Alta, Beira Baixa e Alto Alentejo en Portugal. Estremadura e parte da Salamanca en España.
Extinción: século II
Familia: Indoeuropea
 Itálica (?)[1][2]
  Para-céltica (?)[3][4]
   Lusitano
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: xls
Mapa
Status

A Lusitania histórica, é dicir, o territorio habitado polos pobos lusitanos estenderíase polo centro-sur do Texo e parte da actual Estremadura.

Historia

editar

É de supoñer que, ao igual que todos os demais pobos indoeuropeos, os lusitanos entraron na península nalgún momento anterior ao s. II a.C, pudendo ser mesmo anterior á expansión celta do século VIII - VII antes da nosa era e cunha data probable no século VI antes da nosa era. Algúns autores considéranos provenientes dos Alpes e outros en cambio prefiren consideralos un pobo autóctono.

A Lusitania foi conquistada por Roma cara ao -150. Ao igual que as demais linguas peninsulares, o lusitano finalmente sucumbiu á presión e o prestixio do latín.

Relación con outras linguas

editar

Como xa se mencionou, trátase dunha lingua indoeuropea, pero a súa filiación exacta segue a ser discutida.

  • Unha primeira teoría relaciona a lingua coa póla céltica. A teoría baséase en parte no feito de seren os celtas historicamente os únicos pobos indoeuropeos dos que se ten noticia na península. Pero maior peso ten a obvia celticidade de parte do léxico, sobre todo os antropónimos e topónimos. Existe un problema substancial nesta teoría: a conservación inicial do /p/, como se ve en PORCOM. As linguas celtas perden este /p/ inicial ao longo da evolución: compárese athir / orc (irlandés) e pater / porcum (latín) significando "pai" e "porco" respectivamente. A presenza deste /p/ poderíase explicar por ser unha lingua celta moi primitiva, anterior á perda ou ben por seren estas palabras préstamos do latín.
  • Unha segunda teoría, defendida por Francisco Villar Liébana, Rosa Pedrero e Blanca María Prósper, pona en relación coas linguas itálicas. A teoría baséase en paralelismos de nomes de deuses (Consus latín / Cossue lusitano, Seia latín / Segia lusitano, Iovia marrucino / Iovea(i) lusitano) e outro léxico (gomia umbro / comaiam lusitano) xunto con algúns outros elementos gramaticais.
  • Finalmente Schmoll propuxo que o lusitano constitúe unha rama propia da familia indoeuropea, que chama galego-lusitano.

Non existen textos de suficiente lonxitude como para decidir o tema nunha ou outra dirección.

Extensión xeográfica

editar

As inscricións atopáronse en Arroyo de la Luz (España), Cabeço das Fráguas (Guarda, Portugal), Lamas de Moledo (Viseu, Portugal) e Arronches (Portalegre, Portugal). Se se ten en conta tamén a información dada polos diferentes teónimos, antropónimos e topónimos, a extensión corresponde ao nordeste do moderno Portugal e zonas adxacentes de España, con centro na Serra da Estrela.

Existen sospeitas fundadas de que a zona dos pobos galaicos, ástures e quizais os vetóns, é dicir, todo o noroeste peninsular, falarían linguas emparentadas co lusitano.

Textos

editar

Coñécense só cinco inscricións lusitanas moi tardías inscritas sobre pedra todas en alfabeto latino. Anteriormente ao período romano non existira unha epigrafía lusitana propia. As dúas principais inscricións foron en territorio portugués en Lamas de Moledo, Cabeço das Fraguas, a terceira inscrición procede de Arroyo de la Luz (España). Recentemente, atopouse unha nova inscrición en Ribeira da Venda, ao norte da vila de Arronches (distrito de Portalegre, Alto Alentejo), en Portugal.[6]

A continuación os textos coñecidos:

Lamas de Moledo: Arronches:

RUFUS ET
TIRO SCRIP
SERUNT
VEAMINICORI
DOENTI
ANGOM
LAMATICOM
CROUCEAO
MACA
REAICOI PETRANOI R(?)
ADOM PORCOM IOUEAS(?)
CAELOBRICOI

[- - - - - - - -] XX • OILAM • ERBAM
HARASE • OILA • X • BROENEIAE • H
OILA • X • REVE AHARACVI • T • AV [...]
IEATE • X • BANDI HARACVI AV [....]
5 MVNITIE CARIA CANTIBIDONE •
APINVS • VENDICVS • ERIACAINV[S]
OVOVIANI [?]
ICCINVI • PANDITI • ATTEDIA • M • TR
PVMPI • CANTI • AILATIO

Arroyo de la Luz (I y II): Arroyo de la Luz (III):

AMBATVS
SCRIPSI
CARLAE PRAISOM
SECIAS ERBA MVITIE
AS ARIMO PRAESO
NDO SINGEIETO
INI AVA INDI VEA
VN INDI VEDAGA
ROM TEVCAECOM
INDI NVRIM INDI
VDEVEC RVRSENCO
AMPILVA
INDI
LOEMINA INDI ENV
PETANIM INDI AR
IMOM SINTAMO
M INDI TEVCOM
SINTAMO

ISACCID·RVETI ·
PVPPID·CARLAE·EN
ETOM·INDI·NA.[
....CE·IOM·

 

Cabeço das Fraguas: Posible interpretación

OILAM TREBOPALA
INDI PORCOM LAEBO
COMAIAM ICONA LOIM
INNA OILAM USSEAM
TREBARUNE INDI TAUROM IFADEM [...]
REVE TRE[...]

[sacrifícase] unha ovella para Trebopala
e un porco a Laebo
ofrenda a Iccona Luminosa
unha ovella dun ano
a Trebaruna e un touro semental
a Reve Tre[baruna(?)][7]

  1. Prósper, Blanca Maria; Villar, Francisco (2009). "NUEVA INSCRIPCIÓN LUSITANA PROCEDENTE DE PORTALEGRE". EMERITA, Revista de Lingüística y Filología Clásica (EM). LXXVII (1): 1–32. Consultado o 11 de xuño de 2012. 
  2. Villar, Francisco (2000). Indoeuropeos y no indoeuropeos en la Hispania Prerromana (en castelán) (1st ed.). Salamanca: Ediciones Universidad de Salamanca. ISBN 84-7800-968-X. Consultado o 22 de setembro de 2014. 
  3. Kruta, Venceslas (1991). The Celts. Thames and Hudson. p. 55. 
  4. Stifter, David (2006). Sengoídelc (Old Irish for Beginners). Syracuse University Press. pp. 3, 7. ISBN 0-8156-3072-7. 
  5. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para lusitano.
  6. Carneiro, André; D'Encarnação, José; De Oliveira, Jorge; Teixeira, Claudia (2008). "Uma inscrição votiva em língua lusitana" (PDF). Palaeohispanica (PDF). Institución Fernando el Católico (Excma. Diputación de Zaragoza). 8. 
  7. A. Tovar. "L'inscription du Cabeço dans Fraguas et la langue des Lusitanians" Études Celtiques XI 1966 - 1967. p. 238 ss.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Prósper, Blanca María, Lenguas y religiones prerromanas del occidente de la Península Ibérica, Salamanca, 2002, ISBN 84-7800-818-7
  • Palaeohispanica (revista sobre lengua y culturas de la Hispania antigua), tomo 1 (págs. 235-274), Zaragoza, 2001, ISSN 1578-5386.

Ligazóns externas

editar