A Serra da Estrela é o maior cordal montañoso de Portugal e inclúe a cota máis elevada do país en territorio continental, con 1.993 m sobre o nivel do mar no cume da Torre, que son superados só na Montaña do Pico, no arquipélago dos Azores, con 2.351 m sobre o nivel do mar.

Vista da Serra da Estrela

A Torre

editar

O rei Xoán V de Portugal mandou construír, entre 1716 e 1726, na mesma cima da cadea montañosa, unha torre, de xeito que a súa punta atinxise a altitude dos 2000 m[Cómpre referencia]. Hoxe en día ao cumio chámaselle A Torre.

A serra

editar

O complexo montañoso desenvólvese sobre unha extensión duns 100 km, cun largo máximo duns 30 km. Está formado por unha vasta cadea de granito que en tempos medievais delimitou a fronteira meridional do país. A paisaxe natural comprende gargantas entalladas pola auga, freitas, torrentes e pequenas lagoas de montaña.

Tres ríos importante nacen na Serra da Estrela: o Mondego, o maior dos ríos con curso completo en territorio portugués, o Zézere, que é un afluente do río Texo; e un tributario do Mondego, o Alva.

Parque Nacional

editar

O grupo montañoso forma a parte principal do Parque nacional da Serra da Estrela, que cobre unha área de 1.010 km², da cal cerca da metade está por encima dos 700 m sobre o nivel do mar.

Esquí

editar

A serra acolle a única zona salientábel para practicar o esquí alpino en Portugal, nas proximidades da estación invernal de Loriga.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar