O Zézere (en grafía portuguesa Zêzere) é un río portugués que nace na serra da Estrela, a cerca de 1900 m de altitude, xunto ao Cântaro Magro, onde define un val glaciar. Seguindo para suroeste, conflúe co río Texo ao oeste da localidade de Constância, despois dun curso de cerca de 242 quilómetros.

Río Zézere
PaísPortugal
Lonxitude242 km
DesembocaduraRío Texo
Afluente do Texo (Nº 5, O Zézere)
O río Zézere o seu paso por Constância

Características editar

O río Zézere é o segundo maior río exclusivamente portugués, tras o río Mondego. Os seus principais afluentes na marxe dereita son: o río Alge, o río Cabril, a ribeira de Unhais, o río Nabão, a ribera de Paul e a ribeira de Pêra. Na marxe esquerda recibe o ribeira de Bogas, a ribeira de Río Caria, a ribeira da Malhadancha, a ribeira da Isna, a ribeira de Meimoa, a ribeira da Sertã e a ribeira de Teixeira.

Da súa conca hidrográfica con 5043 km², 1056 km² pertencen ao río Nabão. Os grandes desnivéis, aliados ao volume de auga (por veces superior a 10.000 m3/s), representam unha notábel riqueza hidroeléctrica, aproveitada en três encoros: o de (Bouçã, o de Cabril e a presa de Castelo de Bode), que producen anualmente 700 millóns de kW/hora.

Véxase tamén editar