Portugal, oficialmente República Portuguesa, é unha República unitaria semipresidencialista situada en Europa Occidental. Ademais do territorio continental, no oeste da Península Ibérica, o territorio da República comprende os arquipélagos autónomos dos Azores e Madeira. Cunha extensión total de 92.212 km², a súa capital é a cidade de Lisboa.
A terra dentro das fronteiras da actual República Portuguesa leva habitada continuamente dende a era prehistórica. Durante os seguintes séculos chegaron á Península Ibérica os romanos, seguidos tempo despois dos suevos e dos visigodos, así como posteriormente os musulmáns no século VIII. Trala caída do Imperio Romano, no ano 410 estabeleceuse no norte peninsular o Reino de Galicia, do cal sete séculos máis tarde, no ano 1128, se separaría a súa parte sur formando o que daría lugar ao actual Portugal. Nos séculos XV e XVI, na era dos descubrimentos, Portugal estendeuse por todo o mundo converténdose nunha superpotencia política, económica e militar, que levou a ser o primeiro Imperio global. O Imperio Portugués foi o máis lonxevo dos modernos imperios coloniais europeos, xa que durou case 600 anos, dende a captura de Ceuta en 1415 até a entrega de Macau a China en 1999 (de facto) ou a concesión da soberanía a Timor Leste en 2002 (de iure). O imperio estendeuse ao longo dun gran número de territorios que hoxe forman parte de cincuenta e tres Estados soberanos diferentes, deixando un legado de máis de 240 millóns de falantes de lingua portuguesa e varios de crioulos de base portuguesa.
Portugal é membro de diferentes organizacións internacionais como as Nacións Unidas, a Unión Europea, a Eurozona, a OCDE, a OTAN, o Fondo Monetario Internacional, a Organización Mundial do Comercio, Organización dos Estados Iberoamericanos e a Comunidade dos Países de Língua Portuguesa.
|
Artigo destacado
editar
O portugués é unha lingua romance nada na alta Idade Media na Gallaecia, que agora é Galiza e o norte de Portugal. Estendeuse polo mundo nos séculos XV e XVI, na época en que Portugal fundou un imperio colonial, incluíndo o Brasil en Suramérica, Goa na India e Macau na China. Daquela xurdiron tamén varias linguas crioulas baseadas no portugués, sobre todo en África, Asia e o Caribe.
Hoxe en día é unha das linguas do mundo máis faladas, ocupando a sexta posición en canto a falantes como primeira lingua (uns 250 millóns). É a lingua con maior número de falantes en Suramérica (más de 200 millóns), así como unha importante lingua franca en África.
O portugués é lingua oficial de nove países - Portugal, Brasil, Angola, Cabo Verde, Guinea-Bissau, Guinea Ecuatorial, Mozambique, San Tomé e Príncipe e Timor Leste, sendo cooficial co español e francés en Guinea Ecuatorial, co chinés na rexión Especial Administrativa Chinesa de Macau, e co tetum en Timor Leste.
O galego e o portugués eran a mesma lingua, o galego-portugués, até como mínimo os séculos XII-XIII. Hoxe en día o galego e o portugués considéranse oficialmente como dúas linguas distintas, aínda que existen posicións diferentes, incluíndo un movemento social chamado reintegracionismo, que afirma que o galego e o portugués son simplemente dúas variantes da mesma lingua.
Cidade destacada
editar
Lisboa é a capital e maior cidade de Portugal, situada na foz do río Texo. Alén diso é tamén capital do distrito de Lisboa, da rexión de Lisboa, da área metropolitana de Lisboa, e é tamén o principal centro da subrexión estatística da Grande Lisboa. A cidade ten unha poboación de 545.245 habitantes (2011), mais a súa área metropolitana ten preto de 2,9 millóns, un 27% da poboación do país.
A cidade corresponde ao concello, que é pequeno cos seus 83,84 km². A densidade demográfica sobe a 6.518,1 hab./km². O concello subdivídese en 53 freguesías e está limitado ao norte polos municipios de Odivelas e Loures, ao oeste por Oeiras, ao noroeste pola Amadora e ao leste e sur polo estuario do Texo. A través do estuario, Lisboa lígase aos concellos da marxe sur: Almada, Seixal, Barreiro, Moita, Montijo e Alcochete.
Entre os monumentos máis salientables da cidade encóntranse o Castelo de São Jorge, a Sé de Lisboa, o Convento do Carmo, ou as dúas construcións clasificadas pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade: o Mosteiro dos Xerónimos e a Torre de Belém, ambas en Belém. Tamén destaca o barrio de Alfama, de estreitas vielas e que sobreviviu ao terremoto que arrasou a cidade en 1755.
Categorías
editar
Queres atopar artigos relacionados con Portugal? Proba buscando nas seguintes categorías:
Biografía destacada
editar
Amália da Piedade Rebordão Rodrigues, más conocida como Amália Rodrigues, nada en Lisboa o 23 de xullo de 1920 e finada na mesma cidade o 6 de octubre de 1999), foi unha cantante de fados e actriz portuguesa. Recibiu o alcume da «Raíña do Fado» ( Rainha do Fado), e foi a cantante que máis popularizou este tipo de música no mundo. Do mesmo xeito, foi unha gran embaixadora cultural de Portugal, e a súa voz valeulle un importante recoñecemento.
Tivo unha carreira profesional, tanto na música como na actuación, de máis de corenta anos. A súa fama internacionalizouse durante as décadas de 1950-1970, mais os seus vínculos co réxime de António de Oliveira Salazar obrigárona a retirarse dos escenarios durante a década posterior á Revolución dos Caraveis de 1974. Ao longo da súa carreira, cantou sobre todo en portugués, mais tamén en castelán, inglés, italiano e en francés.
Ao longo da súa vida, Amália Rodrigues gravou máis de 170 discos.
Imaxe destacada
Sabías que...?
Artigos de calidade e bos
editar
Artigos de calidade (4)
Artigos bos (0)
Proxectos relacionados
Portais relacionados
Proxectos irmáns
|
|
|