O fado é un estilo musical portugués.[1] Xeralmente é cantado por unha soa persoa (fadista) e acompañado por viola e guitarra portuguesa. Os temas máis cantados no fado son a saudade, a nostalxia, a señardade ou as pequenas historias do cotián dos bairros típicos.

O fado, canto popular urbano de Portugal
FadoInPorto01.JPG
Cantante interpretando un fado en Porto, a esquerda pódese ver unha guitarra portuguesa.
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísPortugal Portugal
LocalizaciónN/D
TipoCultural inmaterial
CriteriosR1, R2, R3, R4 e R5
Inscrición2011 (VI sesión)
Rexión da UNESCOEuropa e América do Norte
Identificador00563
FadoInPorto02.JPG

A palabra fado vén do latín fatum, ou sexa, "destino". De orixe obscura, terá xurdido probablemente na primeira metade do século XIX. Hai quen sinala na súa xénese unha síntese de xéneros musicais brasileiros, na altura de gran popularidade en Lisboa, como o lundun e a modiña.

A primeira cantadeira de fado da que se ten coñecemento foi Maria Severa.

O fado de CoímbraEditar

Fado tradicional de Coímbra, moi ligado ás tradicións académicas da Universidade de Coímbra. É exclusivamente cantado por homes. Tanto os cantores coma os músicos vesten de negro. Os temas respectan os amores estudantís e o amor pola cidade. O máis coñecido dos fados de Coímbra é Coimbra é unha canción, que tivo un éxito salientable en toda a Europa coa letra Avril au Portugal.

O fado de LisboaEditar

É cantado tipicamente nas "casas de fado" tanto por homes como por mulleres. As mellores casas de fado encóntranse nos barrios típicos de Alfama, Mouraria, Bairro Alto e Madragoa. Ten como característica fundamental o cantar con tristura e con sentimento mágoas pasadas e presentes, mais tamén pode contar unha historia divertida con ironía, malia que son as menos. Tivo o seu expoñente máximo con Amália Rodrigues.

FadistasEditar

GuitarristasEditar

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar