Alfama é o máis antigo e un dos máis típicos barrios da cidade de Lisboa. Dende 2012, abrangue unha parte da freguesía de Santa Maria Maior[1] e outra da freguesía de São Vicente. O seu nome deriva do árabe al-hamma (الحمّة), que significa "fonte de augas quentes, augas boas’.

Modelo:Xeografía políticaAlfama
Imaxe

Localización
Mapa
 38°42′38″N 9°07′57″O / 38.710662, -9.132385
EstadoPortugal
DistritosDistrito de Lisboa
Cidade grandeLisboa
FreguesíaSanta Maria Maior Editar o valor en Wikidata
Sen protección legal

As vistas máis espectaculares sobre Alfama atópanse no paseo público formado polos miradoiros das Portas do Sol , da Torre da Igrexa de Santa Cruz do Castelo (a Torre máis alta da Lisboa antiga) e de Santa Luzia. Por cima e envolvendo Alfama están o outeiro do Castelo de San Xurxo, fortaleza e palacio real até o século XVI, e o outeiro de São Vicente. Ademais do castelo, os principais monumentos da zona son a catedral de Lisboa, a igrexa de Santo Estêvão e a igrexa de São Vicente de Fora.

Alfama é un barrio moi peculiar porque se asemella a unha aldea, no aspecto e por ter unha comunidade relativamente pequena e próxima. Tamén é coñecido polos seus restaurantes e casas de fado, así como polas festas dos santos populares, especialmente na noite de Santo Antonio de Lisboa, do 12 ao 13 de xuño.

Vistas

editar
 
Panorama de Alfama dende a Praza das Portas do Sol.
  1. Lei n.º 56/2012 (Reorganización administrativa de Lisboa). Diário da República, 1.ª Série, n.º 216. Data de acceso: 25/11/2012.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar