Castelo de San Xurxo de Lisboa

Coordenadas: 38°42′50″N 9°08′01″O / 38.71389, -9.13361

Coñécese como Castelo de San Xurxo (en portugués: Castelo de São Jorge) ás ruínas dun castelo no outeiro de San Xurxo (portugués: Castelo de São Jorge), en Lisboa. Primitivamente coñecido simplemente como Castelo dos Mouros, érguese en posición dominante sobre o máis alto outeiro do centro histórico, proporcionando aos visitantes unha das máis fermosas vistas sobre a cidade e sobre o estuario do río Texo, polo que o goberno portugués fai grandes esforzos en conservalo.

Castelo de San Xurxo.
Castelo de San Xurxo de Lisboa, iniciado polos musulmáns.

O recinto do castelo conta con aproximadamente 6 000 m². A edificación consta de varias torres e garitas, un foso e dous patios grandes.

Características editar

O castelo defende a antiga cidadela árabe, ou Alcázar, abríndose nos seus muros con ameas doce portóns, sete deles polo lado da igrexa de Santa Cruz do Castelo. Polo exterior, un pano de muralla dá acceso a unha torre barbacana. Dezaoito torres de sustentación reforzan os muros. Polo Portal Sul, a través da rúa de Santa Cruz do Castelo, accédese á Praza de Armas.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar