Miradoiro de Santa Luzia
O miradoiro de Santa Luzia é un miradoiro da cidade de Lisboa. Ten unha ampla vista sobre o barrio de Alfama e o río Texo. Os puntos característicos, ollando de esquerda a dereita, son a cúpula do Panteón Nacional de Lisboa, a igrexa de Santo Estêvão e as dúas torres brancas da igrexa de São Miguel.
Descrición
editarA muralla sur de Santa Luzia ten dous modernos paneis de azulexos, un da Praça do Comércio de antes do terremoto de 1755 e outro cos cristiáns atacando o castelo de San Xurxo, de António Quaresma e feitos na fábrica da Viúva Lamego.
A carón do miradoiro tamén se atopa a igrexa de Santa Luzia e São Brás, cabeceira da antiga comenda de S. Brás de Lisboa e actual sede nacional da Asemblea dos Cabaleiros Portugueses da Orde Soberana e Militar de Malta.[1]
Notas
editar- ↑ Pinho, António Brandão de (2017). Chiado Editora, ed. A Cruz da Ordem de Malta nos Brasões Autárquicos Portugueses. Lisboa. p. 426. Arquivado dende o orixinal o 16 de agosto de 2017. Consultado o 28 de agosto de 2017.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Miradoiro de Santa Luzia |