Dinamarca (Gl-Dinamarca.ogg pronunciación ) (en dinamarqués: Danmark), cuxo significado literal é "a terra ou marca dos dinamarqueses", oficialmente Reino de Dinamarca (Gl-Reino de Dinamarca.ogg pronunciación ) (en dinamarqués: Kongeriget Danmark), é o menor en extensión entre os países nórdicos, ademais de o máis meridional, formando parte de Escandinavia. Ten os seus límites terrestres ao sur con Alemaña e dende 1999 atópase unida por estrada e ferrocarril con Suecia pola Ponte de Oresund, ao sueste do país. Rodeada polos mares Báltico e do Norte, limita ao norte con Noruega a través do estreito de Skagerrak. Conta ademais con dous territorios dependentes, Groenlandia e as Illas Feroe, os cales gozan dun elevado nivel de autonomía. O territorio dinamarqués comprende 443 illas, entre as que destacan Selandia, Fionia, Vendsyssel-Thy, Lolland e Bornholm, a máis afastada do arquipélago. Esta posición deu a Dinamarca, historicamente, o control sobre o acceso ao mar Báltico.

Dinamarca é unha monarquía constitucional dende 1849, data na que quedou abolida a monarquía absoluta que rexera o país dende 1660, e converteuse en monarquía parlamentaria en 1901. En termos de permanencia, a monarquía dinamarquesa pode considerarse a segunda máis antiga do mundo, despois da casa imperial de Xapón, ao existir durante polo menos un milenio. Dinamarca forma parte da Unión Europea (aínda que non emprega o euro). Cando o país se adheriu á CEE en 1973, fíxoo sen as Illas Feroe, mentres que Groenlandia optou por separarse da CEE en 1985. Tamén se converteu nun membro fundador da OTAN en 1949, rematando coa tradicional política de neutralidade que o país sostivera ata ese momento.

Pola súa natureza pobre en recursos xeolóxicos, Dinamarca sostivo a súa economía na actividade agrícola grazas ás súas granxas, a explotación pesqueira e a industria naval. No último século, os dinamarqueses déronlle un pulo á industrialización do seu país e favoreceron o establecemento dun estado de benestar garantindo o acceso a servizos públicos dende que en 1933 se asinase o acordo de Kanslergade. Dinamarca foi ocupada polos nazis durante a Segunda Guerra Mundial.

Artigo destacado

editar

O Reino de Dinamarca ten só unha lingua oficial en todo o seu territorio, o dinamarqués, a lingua nacional dos dinamarqueses, pero hai varias linguas minoritarias faladas no territorio, e oficiais nas súas respectivas zonas. Estas son o alemán, o feroés e o groenlandés. Unha grande maioría dos dinamarqueses tamén fala inglés como segunda lingua.

O alemán fálase no antigo Condado de Xutlandia Sur (na Rexión Syddanmark), que era parte do Imperio Alemán antes do Tratado de Versalles. Pola súa banda, o feroés é a lingua propia das Illas Feroe (un territorio autónomo dende 1948) e a primeira lingua oficial. A outra lingua minoritaria oficial é o groenlandés (kalaallisut), que é a primeira lingua dos 54,000 Inuit que viven en Groenlandia e ten status de oficialidade dende 1979.

Na illa de Bornholm fálase o bornholmsk, que comparte moitas características co sueco e pode ser considerado un subdialecto do escaniano, aínda que carece de oficialidade. No país fálanse ademais gran variedade de linguas nas comunidades inmigrantes, especialmente o árabe, o serbio e o croata.

Cidade destacada

editar

Copenhague (en dinamarqués: Da-København.ogg København ) é a capital e a cidade máis poboada de Dinamarca, cunha poboación urbana de 1.230.728 e unha poboación metropolitana de 1.967.727, o 1 de outubro de 2013. Está situada na costa oriental de Selandia, a 28 km de Malmö (Suecia), e a 164 km de Odense. A cidade esténdese por partes da illa de Amager e tamén contén o enclave do municipio de Frederiksberg. Foi premiada co título Capital Verde Europea en 2014.

A historia da cidade remóntase a arredor do ano 800, sendo orixinalmente unha vila de pescadores viquinga. Copenhague converteuse na capital de Dinamarca a principios do século XV. Durante o século XVII, baixo o reinado de Cristián IV, converteuse nun importante centro rexional, consolidando a súa posición como capital de Dinamarca e Noruega coas súas institucións, defensas e forzas armadas. Logo de sufrir os efectos de lumes e pragas no século XVIII, a cidade viviu unha etapa de remodelacións. Logo de diferentes desastres no século XIX, cando Horatio Nelson atacou a frota dinamarquesa e bombardeou a cidade, as reconstrucións durante a Idade de Ouro dinamarquesa levaron un novo estilo neoclásico á arquitectura. Máis tarde, trala Segunda Guerra Mundial, o Proxecto dos Dedos fomentou a creación de vivendas e negocios ao longo das cinco rutas ferroviarias urbanas.

A cidade é sede dunha serie de grandes empresas e institucións culturais como AP Moller-Maersk, Carlsberg, Park, o Museo Nacional, o Ópera e o teatro do Rei.

Categorías
Biografía destacada

editar

Carl August Nielsen, nado en Sortelung (Dinamarca) o 9 de xuño de 1865 e finado en Copenhague o 3 de outubro de 1931, foi un compositor, director de orquestra e violinista dinamarqués, amplamente recoñecido como o meirande dos compositores clásicos do seu país.

Criado por pais pobres mais con talento musical na illa de Funen, amosou as súas habilidades musicais a unha idade temperá. Inicialmente tocou nunha banda militar antes de asistir á Real Academia Dinamarquesa de Música en Copenhague dende 1884 ata decembro de 1886. Estreou o seu Op. 1, Suite para cordas, en 1888, aos 23 anos. O ano seguinte, Nielsen comezou un período de 16 anos como segundo violinista da Real Orquestra Dinamarquesa baixo a dirección de Johan Svendsen. En 1916, tomou un posto de profesor na Real Academia Dinamarquesa, que ocupou ata a súa morte.

Aínda que as súas sinfonías, concertos e música coral son agora recoñecidos internacionalmente, a carreira e a vida persoal de Nielsen estiveron marcadas por moitas dificultades, que frecuentemente se reflexan na súa música. As obras que compuxo entre 1897 e 1904 son ás veces atribuídas ao seu período "psicolóxico", como resultado dun matrimonio turbulento coa escultora Anne Marie Brodersen. Nielsen é especialmente coñecido polas súas seis sinfonías, o seu Quinteto de vento e os seus concertos para violín, frauta e clarinete. En Dinamarca, a súa ópera Maskarade e moitas das súas cancións convertéronse nunha parte integrante do patrimonio nacional. A súa música temperá estivo inspirada por compositores como Brahms e Grieg, mais axiña desenvolveu o seu propio estilo, primeiro experimentando coa tonalidade progresiva e posteriormente diverxendo aínda máis radicalmente dos estándares de composición que aínda eran comúns na época. Morreu dun ataque ao corazón en 1931 despois e está enterrado no Cemiterio Vestre de Copenhague.

Imaxe destacada
Sabías que...?

editar

Bandeira de Groenlandia.


Artigos de calidade e bos

editar

Artigos de calidade (1)

Artigos bos (0)

Proxectos relacionados
Portais relacionados
Proxectos irmáns

editar

Wikimedia Commons
Wikimedia Commons

en Commons