Bornholm
Bornholm (bɒːnˈhʌlˀm; nórdico antigo: Burgundaholmr) é unha illa dinamarquesa situada no Mar Báltico, ao leste de Dinamarca entre a costa sur de Suecia e Polonia. A illa de Bornholm, xunto a pequena illa de Ertholmene situada 18 quilómetros ao noroeste, conforman un concello rexional pertencente á Rexión Hovedstaden, unha das cinco rexións nas que se atopa dividido o país.
Bornholm | |
---|---|
![]() Localización da illa | |
![]() Mapa da illa | |
Situación | |
País | ![]() |
Mar | Mar Báltico |
Coordenadas | 55°8′35″N 14°55′15″L / 55.14306, -14.92083Coordenadas: 55°8′35″N 14°55′15″L / 55.14306, -14.92083 |
Xeografía | |
Superficie | 588´36 km² |
Punto máis alto | 162 m. Rytterknægten |
Demografía | |
Capital | Rønne (pob. 13.639 hab.) |
Poboación | 39.664 (1 de abril de 2017) |
Densidade | 67´41 hab./km² |
No ano 2017 a illa tiña unha poboación de 39.664 habitantes e unha superficie de 588,53 quilómetros cadrados.
HistoriaEditar
Estratexicamente localizada no Báltico, Bornholm foi controlada por Dinamarca durante a maior parte da súa historia, aínda que tamén formou parte de Suecia e de Lübeck. As ruínas do castelo de Hammershus no extremo noroeste da illa dan testemuño da súa importancia en épocas pasadas.
EconomíaEditar
As principais industrias da illa están formadas pola da pesca, a cerámica, a fabricación de reloxos e máis os produtos lácteos. Así mesmo, existen unha importante produción de bicicletas, caramelos e cristais, estes dous últimos na parte leste da illa. Por outra banda, cómpre salientar que o turismo é un foco económico básico durante os meses do verán. Un dos maiores atractivos turísticos da illa son as súas catro igrexas redondas.
Galerías de fotosEditar
LocalidadesEditar
Allinge-Sandvig · Arnager · Balka · Gudhjem · Hasle · Klemensker · Listed · Lobbæk · Muleby · Nexø · Nyker · Nylars · Olsker · Pedersker · Rutsker · Rø · Rønne · Snogebæk · Stenseby · Svaneke · Tejn · Vang · Vestermarie · Aakirkeby · Aarsdale · Østerlars · Østermarie · Årsballe
Véxase taménEditar
Outros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Bornholm |