Carl Nielsen

compositor danés

Carl August Nielsen, nado en Sortelung (Dinamarca) o 9 de xuño de 1865 e finado en Copenhague o 3 de outubro de 1931, foi un compositor, director de orquestra e violinista dinamarqués, amplamente recoñecido como o meirande dos compositores clásicos do seu país.

Carl Nielsen
Carl Nielsen c. 1908 - Restoration.jpg
Nacemento9 de xuño 1865
 Fionia
Falecemento3 de outubro de 1931
 Copenhague
CausaInfarto agudo de miocardio
SoterradoVestre Cemetery
NacionalidadeDinamarca
Alma máterReal Academia Danesa de Música
Ocupacióndirector de orquestra, compositor, coreógrafo, autobiógrafo, profesor de música e pianista
CónxuxeAnne Marie Carl Nielsen
FillosAnne Marie Telmany
Coñecido porsen etiquetar, Clarinet Concerto, Forunderligt at sige, Den milde dag er lys og lang, Min pige er så lys som rav e Irmelin Rose
Carl Nielsen Signature.jpg
editar datos en Wikidata ]

Criado por pais pobres mais con talento musical na illa de Funen, amosou as súas habilidades musicais a unha idade temperá. Inicialmente tocou nunha banda militar antes de asistir á Real Academia Dinamarquesa de Música en Copenhague dende 1884 ata decembro de 1886. Estreou o seu Op. 1, Suite para cordas, en 1888, aos 23 anos. O ano seguinte, Nielsen comezou un período de 16 anos como segundo violinista da Real Orquestra Dinamarquesa baixo a dirección de Johan Svendsen, durante o cal tocou a estrea dinamarquesa das óperas de Giuseppe Verdi, Falstaff e Otello. En 1916, tomou un posto de profesor na Real Academia Dinamarquesa, que ocupou ata a súa morte.

Aínda que as súas sinfonías, concertos e música coral son agora recoñecidos internacionalmente, a carreira e a vida persoal de Nielsen estiveron marcadas por moitas dificultades, que frecuentemente se reflexan na súa música. As obras que compuxo entre 1897 e 1904 son ás veces atribuídas ao seu período "psicolóxico", como resultado dun matrimonio turbulento coa escultora Anne Marie Brodersen. Nielsen é especialmente coñecido polas súas seis sinfonías, o seu Quinteto de vento e os seus concertos para violín, frauta e clarinete. En Dinamarca, a súa ópera Maskarade e moitas das súas cancións convertéronse nunha parte integrante do patrimonio nacional. A súa música temperá estivo inspirada por compositores como Brahms e Grieg, mais axiña desenvolveu o seu propio estilo, primeiro experimentando coa tonalidade progresiva e posteriormente diverxendo aínda máis radicalmente dos estándares de composición que aínda eran comúns na época. A sexta e última sinfonía de Nielsen, Sinfonia semplice, foi escrita en 1924–25. Morreu dun ataque ao corazón seis anos despois e está enterrado no Cemiterio Vestre de Copenhague.

Nielsen mantivo a reputación de estraño musical durante a súa vida, tanto no seu propio país como a nivel internacional. Foi só máis tarde cando as súas obras entraron firmemente no repertorio internacional, aumentando a súa popularidade dende a década de 1960 por medio de Leonard Bernstein e outros. En Dinamarca a reputación de Nielsen selouse en 2006 cando tres das súas composicións foron incluídas polo Ministerio de Cultura entre as doce mellores pezas de música dinamarquesa. Durante moitos anos apareceu no billete dinamarqués de 100 coroas. O Museo Carl Nielsen en Odense documenta a súa vida e a da súa dona. Entre 1994 e 2009 a Real Biblioteca Dinamarquesa, patrocinada polo goberno dinamarqués, completou a Carl Nielsen Edition, dispoñible en liña de xeito gratuíto, que contén información en profundidade e partituras de todas as obras de Nielsen, moitas das cales non foran publicadas previamente.

TraxectoriaEditar

Primeiros anosEditar

 
Casa da infancia de Nielsen en Sortelung, próxima a Nørre Lyndelse.

Nielsen naceu o 9 de xuño de 1865, sendo o sétimo dos doce fillos dunha familia pobre de campesiños, en Sortelung, unha vila próxima a Nørre Lyndelse, ao sur de Odense na illa de Fionia.[1] O seu pai, Niels Jørgensen era pintor de casas e músico tradicional que, coas súas habilidades como violinista e cornetista, tiña unha gran demanda para celebracións locais. Nielsen describiu a súa infancia na súa autobiografía Min Fynske Barndom (traducible ao galego como A miña infancia en Fionia). A súa nai, a quen lembraba cantando cancións populares durante a súa infancia, procedía dunha familia acomodada de capitáns mariños,[2] mentres que un dos seus medio tíos, Hans Andersen (1837–1881), era un músico talentoso.[3][4]

Nielsen relatou a súa introdución á música: "Escoitara música antes, escoitara tocar a meu pai o violín e a corneta, escoitara cantar a miña nai, e, cando estaba na cama co xarampón, tenteino por min mesmo co pequeno violín".[5] Recibira o instrumento da súa nai canto tiña seis anos.[6] Aínda que a súa familia era relativamente pobre, Carl puido estudar violín e piano sendo neno, e escribiu as súas primeiras composicións aos oito ou nove anos: unha canción de berce, agora perdida, e unha polka que menciona na súa autobiografía. Como os seus pais non crían que puidera ter futuro na música, mandárono como aprendiz cun tendeiro nunha vila próxima cando tiña catorce anos. O tendeiro declarouse en quebra a mediados do verán e Nielsen tivo que regresar á casa. Logo de aprender instrumentos de vento-metal, o 1 de novembro de 1879 converteuse en cornetista e trombón alto na banda do 16º Batallón do exército en Odense.[7]

Nielsen non renunciou ao violín durante o tempo que pasou no batallón, e continuaba tocándoo cando volvía á casa a tocar con seu pai en bailes.[7] O exército pagoulle durante dous anos e medio trés coroas e 45 øre e unha barra de pan cada cinco días, logo do cal o seu salario aumentou lixeiramente, o que lle permitiu mercar as roupas que precisaba para tocar nos bailes dos celeiros.[6]

Estudos e inicios da súa carreiraEditar

 
Nielsen, aos 14 anos, en Odense.

En 1881, Nielsen comezou a tomar o violín máis en serio, estudando de xeito privado con Carl Larsen, o sexton da catedral de Odense. Descoñécese canto compuxo Nielsen durante este período, mais a partir da súa autobiografía, pode deducirse que escribiu algúns tríos e cuartetos para instrumentos de metal, e que viviu dificultades co feito de que os instrumentos de metal estaban afinados en distintas tonalidades. Logo dunha presentación a Niels W. Gade, o director da Academia Real en Copenhague, por quen foi ben recibido, Nielsen obtivo a súa liberación da banda militar a curto prazo,[7] e estudou na Academia dende principios de 1884.[8]

Aínda que non era un estudante sobresaliente e compuña pouco, Nielsen progresou ben co violín con Valdemar Toftel (1832-1907), e recibiu unha sólida base en teoría musical con Orla Rosenhoff (1844-1905), quen seguiría sendo unha asesora valiosa durante os seus primeiros anos como compositor profesional.[8] Tamén estudou composición con Gade, quen lle gustaba como amigo mais non pola súa música. Os contactos con outros estudantes e familias cultas de Copenhague, algúns dos cales se converterían en amigos para toda a vida, volvéronse igualmente importantes. A irregular educación resultante da súa experiencia no país deixou a Nielsen insaciablemente curioso respecto das artes, a filosofía e a estética. Mais, na opinión do musicólogo David Fanning, tamén o deixou "cun punto de vista persoal elevado para un home común nestes temas".[9] Deixou a Academia en 1886, logo de graduarse con boas pero non sobresalientes cualificacións en todas as materias. Logo quedou no apartamento do comerciante xubilado de Odense Jens Georg Nielsen (1820–1901) e a súa muller no primeiro piso do número 18 de Slagelsegade, xa que aínda non se encontraba en disposición de pagar a súa propia vivenda.[10] Mentres estivo alí, namorouse da súa filla de 14 anos, Emilie Demant.[11] A aventura duraría os tres anos seguintes.[12]

O 17 de setembro de 1887, Nielsen tocou o violín no Tivolis Koncertsal cando se estreou o seu Andante tranquillo e Scherzo para cordas. Pouco despois, o 25 de xaneiro de 1888, o seu Cuarteto de Corda en fa maior foi interpretado nunha das actuacións privadas da Privat Kammermusikforening (Sociedade Privada de Música de Cámara).[13] Mentres que Nielsen consideraba o Cuarteto en fa maior como o seu debut oficial como compositor profesional, a súa Suite para cordas causou unha impresión moito maior. Interpretada nos Jardins Tivoli de Copenhague o 8 de setembro de 1888, foi designada por Nielsen como o seu Op. 1.[14]

En setembro de 1889 Nielsen progresara o suficiente no violín para conseguir un posto nos segundos violíns da prestixiosa Real Orquestra Dinamarquesa que tocaba no Teatro Real, daquela dirixida por Johan Svendsen. Neste posto tocou nas estreas en Dinamarca das óperas Falstaff e Otello de Verdi. Aínda que o seu emprego ás veces causáballe a Nielsen unha considerable frustración, continuou tocando na orquestra ata 1905. Logo da xubilación de Svendsen en 1906, Nielsen comezou a exercer cada vez máis como director (sendo nomeado oficialmente director asistente en 1910).[11][15] Entre a súa graduación e o momento no que gañou a praza na orquestra, obtivo modestos ingresos dando clases particulares de violín mentres desfrutaba do continuo apoio dos seus patróns, non só Jens Georg Nielsen, senón tamén Albert Sachs (nado en 1846) e Hans Demant (1827–1897) que dirixían fábricas en Odense.[16] Logo de menos dun ano no Teatro Real, Nielsen gañou unha bolsa de estudos de 1 800 coroas que lle deu os medios para pasar varios meses viaxando por Europa.[14]

Matrimonio e descendenciaEditar

Mentres viaxaba, Nielsen descubriu e logo volveuse en contra dos dramas musicais de Richard Wagner, escoitou a moitas das principais orquestras e solistas de Europa, e agudizou as súas opinións tanto sobre a música como sobre as artes visuais. Aínda que veneraba a música de Bach e Mozart, seguía a ser ambivalente respecto de boa parte da música do século XIX. En 1891 coñeceu o compositor e pianista Ferruccio Busoni en Leipzig; ambos mantiveron correspondencia durante máis de trinta anos.[17] Pouco despois de chegar a París a principios de marzo de 1891 Nielsen coñeceu a escultora dinamarquesa Anne Marie Brodersen, que tamén estaba viaxando cunha bolsa de estudos. Percorreron Italia xuntos e casaron na Igrexa Inglesa de San Marcos de Florencia, o 10 de maio dese mesmo ano antes de regresar a Dinamarca.[18] Segundo Fanning, a súa relación non era só un "encontro amoroso", senón tamén unha "reunión de mentes"; Anne Marie era unha artista talentosa e unha "muller decidida e moderna, decidida a forxar a súa propia carreira".[19] Esta determinación tensionou o seu matrimonio con Nielsen, xa que Anne Marie pasaría meses fóra da casa durante as décadas de 1890 e 1900, deixando a Carl, que era susceptible ás oportunidades con outras mulleres, encargado de criar os seus tres fillos pequenos, ademais de compoñer e cumprir coas súas obrigas co Teatro Real.[20]

Nielsen sublimou a súa ira e frustración do seu matrimonio nunha serie de obras musicais, especialmente entre 1897 e 1904, un período que ás veces denominou como o seu período "psicolóxico".[19] Fanning escribe: "Nesta época o seu interese nas forzas condutoras detrás da personalidade humana cristalizaron na ópera Saul og David e a Segunda Sinfonía ("Os catro temperamentos") e as cantatas Hymnus amoris e Søvnen".[19] Carl suxeriu o divorcio en marzo de 1905 e considerou mudarse a Alemaña para comezar de novo,[21] mais a pesar de varios períodos prolongados de separación, os Nielsen permaneceron casados ata o final da vida do compositor.[20]

Nielsen tivo cinco fillos, dous dos cales eran ilexítimos. Xa enxendrara un fillo, Carl August Nielsen, en xaneiro de 1888, antes de coñecer a Anne Marie. En 1912 tivo unha filla ilexítima, Rachel Siegmann, sobre a cal Anne Marie nunca tivo coñecemento.[20] Coa súa muller Nielsen tivo dúas fillas e un fillo. Irmelin, a filla maior, estudou teoría musical con seu pai e en decembro de 1919 casou con Egger Møller (1893–1978), un médico que se converteu en profesor da Universidade de Copenhague e director da policlínica no Rigshospitalet (Hospital Nacional). A filla menor Anne Marie, que se graduou na Academia das Artes de Copenhague, casou co violinista húmgaro Emil Telmányi (1892–1988) en 1918; el contribuíu á promoción da música de Nielsen, tanto como violinista como director de orquestra. O fillo de Nielsen, Hans Børge, foi discapacitado como resultado dunha meninxite e pasou a maior parte da súa vida afastado da familia. Morreu preto de Kolding en 1956.[22]

Compositor maduroEditar

 
Nielsen e a súa familia na Casa señorial de Fuglsang, c. 1915

Ao principio, as obras de Nielsen non tiveron o suficiente recoñecemento para poder manterse a si mesmo. Durante o concerto que viu a estrea da súa Primeira Sinfonía o 14 de marzo de 1894 dirixido por Svendsen, Nielsen tocou na sección de segundos violíns. A sinfonía foi un grande éxito cando se tocou en Berlín en 1896, contribuíndo significativamente na súa reputación. Era cada vez máis demandado para escribir música incidental para o teatro así como cantatas para ocasións especiais, e ambas proporcionaron unha benvida fonte de ingresos adicionais. Fanning comenta sobre a relación que se desenvolveu entre as súas obras programáticas e sinfónicas: "Ás veces encontraría ideas dignas dun escenario na súa música orquestral supostamente pura; ás veces un texto ou escenario forzouno a inventar imaxes musicais vívidas que logo podería empregar para un uso máis abstracto."[19]

A cantata de Nielsen Hymnus amoris para solistas, coro e orquestra foi interpretada por primeira vez na Musikforeningen (Sociedade Musical) de Copenhague o 27 de abril de 1897. Estaba inspirada na pintura de Tiziano Milagra do marido celoso que Nielsen vira na súa lúa de mel en Italia en 1891. Nunha das súas copias, escribiu: "Para a miña propia Maríe! Estes tons de loanza ao amor non son nada comparados cos reais".[23][24]

A principios de 1901, Nielsen recibiu unha modesta pensión estatal ―inicialmente de 800 coroas anuais, que medrou ata as 1 500 coroas en 1927― para aumentar o seu salario como violinista. Isto permitiulle deixar de tomar alumnos privados e deixoulle máis tempo para compoñer. A partir de 1903, tivo tamén un depósito anual do seu principal editor, Wilhelm Hansen Edition. Entre 1905 e 1914 exerceu como segundo director no Teatro Real. Para o seu xenro, Emil Telmányi, Nielsen escribiu o seu Concerto para violín Op. 33 (1911). Dende 1914 ata 1926, dirixiu a orquestra da Musikforeningen. En 1916, tomou un posto de profesor na Real Academia Dinamarquesa de Música en Copenhague, e continuou traballando alí ata a súa morte.[24]

 
Nielsen na década de 1910.

A tensión das dúas carreiras e a constante separación da súa muller ampliaron a brecha do seu matrimonio. A parella comezou os procedementos de separación en 1916, e a separación de mutuo acordo concedeuse en 1919. No período de 1916 a 1922 Nielsen viviu asiduamente en Funen, retirándose ás casas señoriais de Damgaard e Fuglsang, e traballou como director en Gotemburgo.[20] O período foi de crise creativa para Nielsen que, coincidindo coa primeira guerra mundial, influiría fortemente nas súas Cuarta (1914–16) e Quinta sinfonías (1921–22), posiblemente as súas mellores obras segundo Fanning.[25] O compositor estaba particularmente molesto na década de 1920, cando o seu antigo editor dinamarqués, Wilhelm Hansen, non puido realizar a publicación de moitas das súas principais obras, incluídas Aladdin e Pan og Syrinx.[26]

A sexta e última sinfonía, Sinfonia semplice, foi escrita entre 1924 e 1925. Logo de sufrir un grave ataque cardíaco en 1925, Nielsen foi forzado a reducir en gran medida a súa actividade, aínda que continuou a compoñer ata a súa morte. O seu sexaxésimo aniversario en 1925 tróuxolle numerosas felicitacións, un recoñecemento do goberno sueco, e un concerto de gala e recepción en Copenhague. O compositor, con todo, estaba de mal humor; nun artigo en Politiken o 9 de novembro de 1925 escribiu:

Se puidese volver vivir a miña vida de novo, sacaría da miña cabeza calquera pensamento da Arte e sería aprendiz dun comerciante ou realizaría algún outro negocio útil cuxos resultados puideran ser visibles ao final ... De que me serve que todo o mundo me recoñeza, se lisca e me deixa só coas miñas producións ata que todo se derruba e descubro para a miña desgraza que vivía como un soñador parvo e cría que canto máis traballaba e me esforzaba na miña arte, alcanzaría unha mellor posición. Non, non é un destino envexable ser artista.[27]

Últimos anos e morteEditar

As últimas obras a gran escala de Nielsen foron o seu Concerto para frauta (1926) e o Concerto para clarinete (1928), sobre o que Robert Layton sinala: "Se algunha vez houbo música doutro planeta, é esta seguramente. As súas sonoridades son escasas e monocromas, o seu aire enrarecido e vigorizante".[15] A última composición musical de Nielsen, a obra para órgano Commotio, foi estreada postumamente en 1931.[28]

Durante os seus últimos anos, Nielsen realizou un pequeno libro de ensaios titulado Levende Musik (traducible ao galego como Música viva) en 1925, seguido en 1927 polas súas memorias Min Fynske Barndom. En 1926 escribiu no seu diario "A miña terra natal atráeme cada vez máis como un longo bico chuchado. Significa isto que debo regresar finalmente e descansar na terra de Funen? Entón debe ser no lugar onde eu nacín: Sortelung, parroquia de Frydenlands".[29]

Isto non foi así. Nielsen ingresou no Rigshospitalet (Hospital Nacional de Copenhague) o 1 de outubro de 1931 logo dunha serie de ataques cardíacos. Morreu alí pasados dez minutos da media noite o 3 de outubro, rodeado da súa familia. As súas últimas palabras para eles foron "Estades aquí como se estiverades agardando algo".[30]

Foi enterrado no Cemiterio Vestre de Copenhague; toda a música do seu funeral, incluídos os himnos, foron composicións súas.[31] Logo da súa morte, a súa muller recibiu o encargo de esculpir un monumento no seu honor, para ser erixido no centro de Copenhague. Ela escribiu: "Quería tomar o cabalo alado, símbolo eterno da poesía, e situar un músico no seu lombo. Debía sentar alí entre as impetuosas ás soprando unha frauta de cana sobre Copenhague". A disputa sobre o seu deseño e a falta de fondos deron como resultado que a construción do monumento atrasouse e que a propia Anne Marie acabou subsidiándoa. O Monumento Carl Nielsen foi finalmente inaugurado en 1939.[32]

MúsicaEditar

Algunhas veces faise referencia ás obras de Nielsen mediante números CNW, baseados no Catalogue of Carl Nielsen's Works (CNW) publicado en liña pola Biblioteca Nacional Dinamarquesa en 2015. O catálogo CNW está destinado a substituír o catálogo de 1965 compilado por Dan Fog e Torben Schousboe (números FS).[33]

Estilo musicalEditar

 
Cartel da estrea da Quinta sinfonía de Carl Nielsen, 1922.

Na súa obra Lives of the Great Composers, o crítico musical Harold Schonberg enfatiza a amplitude das composicións de Nielsen, os seus ritmos enérxicos, a súa xenerosa orquestración e a súa individualidade. En comparación con Jean Sibelius, considera que Nielsen ten "tanta extensión, mesmo máis poder, e unha mensaxe máis universal".[34] O profesor de música da Universidade de Oxford Daniel M. Grimley cualifica a obra de Nielsen como "unha das voces máis trouleiras, afirmativas e desgarbadas da música do século XX" grazas á "riqueza melódica e á vitalidade harmónica" da súa obra.[35] Anne-Marie Reynolds, autora de Carl Nielsen's Voice: His Songs in Context, cita a visión de Robert Simpson de que "toda a súa música é de orixe vocal", mantendo que a composición de cancións influíu fortemente no desenvolvemento como compositor de Nielsen.[36]

A socióloga dinamarquesa Benedikte Brincker observa que a percepción de Nielsen e a súa música no seu país é bastante diferente da súa apreciación internacional. O seu interese e experiencia na música folk tivo unha resonancia especial para os dinamarqueses, e isto foi intensificado durante os movementos nacionalistas da década de 1930 e durante a segunda guerra mundial, cando o canto era unha base importante para que os dinamarqueses se distinguisen dos seus inimigos alemáns.[37] As cancións de Nielsen conservan un lugar importante na cultura e educación dinamarquesas. O musicólogo Niels Krabbe describe a imaxe popular de Nielsen en Dinamarca como "a síndrome do parrulo feo" – unha referencia ao conto do escritor dinamarqués Hans Christian Andersen – polo cal "un neno pobre ... atravesando a adversidade e a frugalidade ... marcha a Copenhague e ... vén conquistar o posto de rei sen coroa". Polo tanto mentres fóra de Dinamarca Nielsen é amplamente considerado como o compositor de música orquestral e a ópera Maskarade, no seu país é máis un símbolo nacional. Estas dúas partes uníronse oficialmente en Dinamarca en 2006 cando o Ministerio de Cultura emitiu unha lista das doce mellores obras musicais dinamarquesas, que incluían tres de Nielsen – Maskarade, a Cuarta Sinfonía, e un par das dúas cancións dinamarquesas.[38] Krabbe fai a pregunta retórica: "Pode demostrarse en Nielsen 'o nacional' na música en forma de temas particulares, harmonías, sons, formas, etc., ou é unha construción pura da historia recibida?"[39]

O propio Nielsen era ambiguo sobre as súas actitudes cara á música romántica alemá e cara ao nacionalismo na música. Escribiulle ao compositor neerlandés Julius Röntgen en 1909 "Estou sorprendido polas habilidades técnicas dos alemáns hoxe en día, e non podo evitar pensar que todo este deleite na composición debe esgotarse. Prevexo unha arte completamente nova de pura virtude arcaica. Que pensas sobre as cancións cantadas en unísono? Debemos volver ... ao puro e o claro."[40] Por outra banda, escribiu en 1925 "Nada destrúe máis a música que o nacionalismo ... e é imposible entregar música nacional por pedido".[37]

Nielsen estudou a polifonía renacentista de preto, o que explica parte do contido melódico e harmónico da súa música. Este interese está exemplificado nos seus Tre Motetter (Tres Motetes, Op. 55).[41] Para os críticos non dinamarqueses, a música de Nielsen inicialmente tiña un son neoclásico pero tornouse cada vez máis moderno a medida que desenvolveu o seu propio enfoque do que o escritor e compositor Robert Simpson chamou tonalidade progresiva, pasando dunha tonalidade a outra. Tipicamente, a música de Nielsen podería rematar nunha tonalidade diferente da do seu comezo, ás veces como resultado dunha loita como nas súas sinfonías.[42] Existe un debate sobre canto deben eses elementos ás súas actividades na música folclórica. Algúns críticos téñense referido aos seus ritmos, o seu emprego de acciaccaturas ou appoggiaturas, ou o seu uso frecuente de sétima diminuída e terceira menor nas súas obras, como tipicamente dinamarqués.[43][44] O propio compositor escribiu "Os intervalos, como os vexo eu, son os elementos que primeiro espertan un interese máis profundo na música ... [son] intervalos que nos sorprenden e deleitan cada vez que escoitamos cantar o cuco na primavera. O seu atractivo sería menor se toda a súa chamada fose nunha nota".[45]

A filosofía do estilo musical de Nielsen está quizais resumido no seu consello nunha carta de 1907 ao compositor noruegués Knut Harder: "Tes ... fluidez, ata agora, moi ben; mais aconsélloche unha e outra vez, meu querido Sr. Harder: Tonalidade, Claridade, Forza".[46]

SinfoníasEditar

 
A Mansión Odd Fellow en Copenhague, onde se estrearon moitas das composicións de Nielsen.

Nielsen está quizais máis estreitamente asociado fóra de Dinamarca coas súas seis sinfonías, escritas entre 1892 e 1925. As obras teñen moito en común: todas teñen unha duración superior aos 30 minutos, os instrumentos de metal son un compoñente clave da orquestración, e todos exhiben infrecuentes cambios de tonalidade, que aumentan a tensión dramática.[47] Dende os compases iniciais, a Primeira Sinfonía (Op. 7, 1890–92), mentres reflexa a influencia de Grieg e Brahms, amosan a individualidade de Nielsen. Na Segunda Sinfonía (Op. 16, 1901–02), Nielsen embárcase no desenvolvemento do carácter humano. A inspiración veulle dunha pintura nunha pousada que representa os catro temperamentos (colérico, flemático, melancólico e sanguíneo).[48]

O título da Terceira Sinfonía, Sinfonia Espansiva (Op. 27, 1910–11), é entendido polo compositor inglés como referido ao "crecemento externo do alcance da mente" . Explota completamente a técnica de Nielsen de confrontar dúas tonalidades ao mesmo tempo e inclúe unha pacífica sección con voces de soprano e barítono, cantando unha melodía sen palabras.[47] A Cuarta Sinfonia, "Inextinguible" (Op. 29, 1914–16), escrita durante a primeira guerra mundial, está entre as sinfonías máis interpretadas. No último movemento dous conxuntos de timbais están situados en lados opostos do escenario realizando unha especie de duelo musical. Nielsen describiu a sinfonía como "a forza vital, a insaciable vontade de vivir".[49]

Tamén se interpreta frecuentemente a Quinta Sinfonía (Op. 50, 1921–22), que presenta outra batalla entre as forzas da orde e do caos. A un percusionista tocando a caixa encárgaselle interromper a orquestra, tocando ad libitum e fóra de tempo, como para destruír a música. Interpretada pola Orquestra Sinfónica da Radio Dinamarquesa dirixida por Erik Tuxen na edición de 1950 do Festival Internacional de Edinburgo, causou sensación, espertando o interese na música de Nielsen fóra de Escandinavia.[47][50] Na Sexta Sinfonía (sen número de opus), escrita en 1924–25, e subtitulada "Sinfonia Semplice", a linguaxe tonal parece similar á das outras sinfonías de Nielsen, mais a sinfonía desenvólvese nunha secuencia de cameos, algo tristes, algúns grotescos, algúns humorísticos.[51][47]

Óperas e cantatasEditar

 
Nielsen co elenco de Saul og David, Estocolmo, 1931.

As dúas óperas de Nielsen son moi diferentes en estilo. A ópera en catro actos Saul og David (Saúl e David), escrita en 1902 con libreto de Einar Christiansen, conta a historia bíblica dos celos de Saúl do mozo David, mentres Maskarade (Mascarada) é unha ópera cómica en tres actos escrita en 1906 para un libreto dinamarqués de Vilhelm Andersen, baseado na comedia de Ludvig Holberg. Saul og David recibiu comentarios negativos na prensa cando se estreou en novembro de 1902, e non melloraron cando se reviviu en 1904. Por contra, en novembro de 1906 Maskarade foi un éxito rotundo cun total de 25 representacións nos seus catro primeiros meses.[52][53] Xeralmente considerada a ópera nacional de Dinamarca, no seu país natal ten gozado de éxito e popularidade duradeiros, atribuíbles ás súas numerosas cancións estróficas, as súas danzas e a súa subxacente atmosfera do "vello Copenhague".[54]

Nielsen escribiu un considerable número de obras corais, mais moitas delas foron compostas para ocasións especiais e raras veces foron repetidas. Con todo, tres cantatas completas para solistas, orquestra e coro entraron no repertorio. Nielsen compuxo Hymnus amoris (Himno do amor), Op. 12 (1897) logo de estudar o estilo coral polifónico temperán. Escribindo no xornal Dannebrog, Nanna Liebmann referiuse á obra como "unha vitoria decisiva" para Nielsen, e Angul Hammerich de Nationaltidende acolleu a súa mellorada claridade e pureza. Mais o crítico do Berlingske Tidende H.W. Schytte pensou que Nielsen fora pretencioso ao presentar a letra en latín e non en dinamarqués.[55] Søvnen (O soño), Op. 18, a segunda obra coral máis importante de Nielsen, pon en música as diversas fases do soño incluído o terror dun pesadelo no seu movemento central que, coas súas disonancias infrecuentes, sorprendeu a crítica na súa estrea en marzo de 1905.[56] Fynsk Foraar (Primavera en Fionia), Op. 42, completada en 1922, foi citada como a máis dinamarquesa de todas as composicións de Nielsen, xa que ensalza a beleza do campo de Funen.[57]

ConcertosEditar

Nielsen escribiu tres concertos: o concerto para violín, Op. 33 é unha composición do período medio, de 1911, que se encontra dentro da tradición do clasicismo europeo, mentres que o concerto para frauta (sen número de opus) de 1926 e o concerto para clarinete, Op. 57 que lle seguiu en 1928 son obras tardías, influenciadas polo modernismo da década de 1920 e, segundo o musicólogo dinamarqués Herbert Rosenberg, o produto "[d]un compositor extremadamente experimentado que sabe como evitar o non esencial".[58] A diferenza das obras posteriores de Nielsen, o concerto para violín ten unha inequívoca estrutura neoclásica orientada cara á melodía. O concerto para frauta, en dous movementos, foi escrito para o frautista Holger Gilbert-Jespersen, un membro do Quinteto de Vento de Copenhague que estreara o Quinteto de Vento de Nielsen (1922).[59] En contraste co estilo bastante tradicional do concerto para violín, reflexa as tendencias modernistas do período. O primeiro movemento, por exemplo, cambia entre re menor, mi bemol menor e fa maior antes de que a frauta destaque cun tema cantabile en mi maior.[60] O concerto para clarinete foi tamén escrito para un membro do Quinteto de Vento de Copenhague, Aage Oxenvad. Nielsen estende ao máximo as capacidades de instrumento e intérprete; o concerto ten un só movemento continuo e contén unha loita entre solista e orquestra e entre as dúas tonalidades principais, fa maior e mi maior.[61]

Os concertos para ventos presentan moitos exemplos do que Nielsen chamou objektivering ("obxectivación"). Con este termo referíase a dar aos instrumentistas liberdade de interpretación e execución dentro dos límites establecidos pola partitura.[62]

Música orquestralEditar

A primeira composición de Nielsen escrita especificamente para orquestra foi a exitosa Suite para cordas (1888), que evocaba o romanticismo escandinavo como o expresaron Gieg e Svendsen.[63] A obra marcou un fito importante na carreira de Nielsen, xa que non só foi o seu primeiro éxito real senón tamén a primeira das súas pezas que el mesmo dirixiu cando se interpretou en Odense un mes despois.[64]

A Abertua Helios, Op. 17 (1903) provén da estadía de Nielsen en Atenas, que o inspirou para compoñer unha obra que representa a saída do sol e a súa posta sobre o Mar Exeo.[65] A partitura é unha obra mestra para orquestra, e ten estado entre as composicións máis populares de Nielsen.[66] Saga-Drøm (Soño de saga), Op. 39 (1907–08) é un poema sinfónico para orquestra baseado na Saga de Njál islandesa. En palabras e Nielsen:[67]

Hai entre outras cousas catro cadenzas para óboe, clarinete, fagot e frauta que corren libremente unha xunto á outra, sen conexión harmónica, e sen a miña marcación de tempo. Son como catro correntes de pensamento, cada unha segue o seu propio camiño – de xeito diferente e aleatorio para cada interpretación – ata que se encontran nun punto de repouso, como se fluíran cara a unha fechadura onde están unidas.

Ved en ung Kunstners Baare (Féretro para un mozo artista) para cordas foi escrita para o funeral do pintor dinamarqués Oluf Hartmann en xaneiro de 1910 e foi interpretada tamén no propio funeral de Nielsen.[68] Pan og Syrinx (Pan e Syrinx), un vigoroso poema sinfónico de nove minutos inspirado nas Metamorfoses de Ovidio, estreouse en 1911.[69] A abertura rapsódica, En Fantasirejse til Færøerne (Unha viaxe imaginaria ás Illas Feroe), baséase en melodías populares feroesas, mais conteñen tamén seccións compostas libremente.[70]

Entre as obras orquestrais para escena están Aladdin (1919) e Moderen (A nai), Op.41 (1920). Aladdin foi escrita para acompañar a produción do conto de fadas de Adam Oehlenschläger no Teatro Real de Copenhague. A partitura completa, que dura máis de 80 minutos, é a obra máis longa de Nielsen exceptuando as súas óperas, mais unha suite orquestral máis curta formada pola Marcha Oriental, Danza Hindú e a Danza Negra interprétase frecuentemente.[71] Moderen, escrita para celebrar a reunificación de Xutlandia Meridional con Dinamarca, foi interpretada por primeira vez en 1921; é un arranxo de versos patrióticos escritos para a ocasión.[72]

Música de cámaraEditar

Nielsen compuxo varias obras de música de cámara, algunhas delas mantéñense no repertorio internacional. O quinteto de vento, unha das súas pezas máis populares, foi escrito en 1922 especificamente para o Quinteto de Vento de Copenhage. Simpson, explicando que a afección de Nielsen polos instrumentos de vento estaba estreitamente relacionada co seu amor pola natureza escribiu: "Tamén estaba intensamente interesado no carácter humano, e no quinteto de vento compuxo deliberadamente para cinco amigos; cada parte está astutamente feita para adaptarse á individualidade de cada intérprete".[73]

Nielsen escribiu catro cuartetos de corda. O Cuarteto de corda núm. 1 en sol menor, Op. 13 (1889, revisado en 1900) contén unha sección "Résumé" no finale, que reúne temas do primeiro, terceiro e cuarto movemento.[74] O Cuarteto de corda núm. 2 en fa menor, Op. 5 composto en 1890 e o Cuarteto de corda núm. 3 en mi bemol maior, Op. 14 en 1898. O historiador da música Jan Smaczny suxire que nesta obra "o manexo da textura é seguro e moito menos derivado que en composicións anteriores ... [o cuarteto] lamenta que Nielsen non levara o xénero máis aló ... paralelamente ao seu desenvolvemento sinfónico posterior".[75] O Cuarteto de corda núm. 4 en fa maior (1904) inicialmente tivo unha recepción mixta, coa crítica indecisa sobre o seu estilo reservado. Nielsen revisouno varias veces, a versión final de 1919 foi listada como o seu Op. 44.[76]

O violín foi o instrumento de Nielsen e compuxo catro obras de cámara a gran escala para el. As desviacións dos procedementos estándar na primeira sonata, Op. 9 (1895), incluídas as súas modulacións frecuentemente repentinas e o seu material temático conciso, desconcertaron á crítica dinamarquesa na súa estrea. A segunda sonata, Op. 35 de 1912 foi escrita para o violinista Peder Møller, que a principios dese ano estreara o concerto para violín; a obra é un exemplo da tonalidade progresiva do compositor xa que, aínda que afirma estar na tonalidade de sol menor, o primeiro movemento e o movemento final finalizan en tonalidades diferentes. O crítico Emilius Bangert escribiu sobre a estrea (que foi realizada por Axel Gade), "A impresión xeral foi dunha liña fermosa, ininterrompida – un fluxo de notas – onde en particular un marabilloso segundo tema na primeira parte e a alta esfera pura da última parte foron cativadores". Outras dúas composicións son para só de violín. O Preludio, tema e variacións, Op.48 (1923) foi escrito para Telmányi e, como a Chaconne para piano, Op. 32, estaba inspirada pola música de Johann Sebastian Bach. O Preludio e Presto, Op. 52 (1928) foi escrito como tributo polo 60º aniversario do compositor Fini Henriques.[77]

Obras para tecladoEditar

Aínda que Nielsen chegou a compoñer principalmente para piano, só compuxo directamente para el ocasionalmente durante un período de 40 anos, creando obras frecuentemente cun estilo distintivo que diminuíu a súa aceptación internacional.[78] A propia técnica pianística de Nielsen, un eco da cal se conserva probablemente en tres cilindros de cera marcados como "Carl Nielsen" nos Arquivos Nacionais de Aarhus, parece ter sido mediocre.[79] Ao revisar a gravación de 1969 das obras polo pianista John Ogdon, comentou sobre as pezas: "Os recursos técnicos de Nielsen apenas están á altura da grandeza dos seus desexos", mentres que caracteriza as pezas como "pezas fundamentais que poden compararse coa súa música sinfónica".[80] O ton antirromántico da Suite Sinfónica, Op. 8 (1894) foi descrito por un crítico posterior como "nada menos que un puñazo directo na cara de toda a convención musical establecida".[81] En palabras de Nielsen, a Chaconne Op.32 (1917) foi "unha obra realmente grande, e creo que efectiva".[82] Non só inspirado pola obra de Bach, especialmente a chacona para só de violín, senón tamén polos arranxos virtuosos para piano da música de Bach realizados por compositores como Robert Schumann, Johannes Brahms e Ferruccio Busoni.[83] Dunha escala máis grande, e do mesmo ano, é tamén Tema e variacións, Op. 41, no que a crítica discerniu as influencias de Brahms e tamén de Max Reger, de quen Nielsen escribira anteriormente a un amigo "creo que o público será completamente incapaz de comprender a obra de Reger e, con todo, son moito máis comprensivo coas súas achegas que cara a ... Richard Strauss".[84]

Todas as obras para órgano de Nielsen foron composicións tardías. O organista dinamarqués Finn Viderø suxire que o seu interese foi motivado polo Orgelbewegung (en galego "movemento de renovación do órgano"), e a renovación dos tubos dianteiros do órgano Schnitger da igrexa de San Xacobe en Hamburgo, entre 1928 e 1930.[85] A última gran obra de Nielsen – Commotio, Op. 58, unha peza de 22 minutos para órgano – foi composta entre xuño de 1930 e febreiro de 1931, uns poucos meses antes da súa morte.[86]

Cancións e himnosEditar

Cos anos, Nielsen escribiu a música para máis de 290 cancións e himnos, a maioría delas para versos e poemas de autores dinamarqueses famosos como N. F. S. Grundtvig, Ingemann, Poul Martin Møller, Adam Oehlenschläger e Jeppe Aakjær.[87] En Dinamarca, moitas delas son aínda populares nos nosos días tanto para adultos como para nenos.[88] Son vistos como "a parte máis representativa da produción do compositor máis representativo do país".[89] En 1906, Nielsen explicara o significado destas cancións aos seus compatriotas:[90]

Con certas inflexións melódicas os dinamarqueses pensamos inevitablemente nos poemas de, por exemplo, Ingemann, Christian Winther ou Drachmann, e frecuentemente parecemos percibir o cheiro das paisajes dinamarquesas e imaxes rurais nas nosas cancións e na nosa música. Mais tamén está claro que un estranxeiro, que non coñece nin as nosas paisaxes, nin os nosos pintores, os nosos poetas, ou a nosa historia do mesmo xeito íntimo que nos, será completamente incapaz de comprender que é o que nos leva a escoitar e estremecernos con comprensión compasiva.

De grande importancia foi a contribución de Nielsen á publicación de 1922 Folkehøjskolens Melodibog (en galego O cancioneiro da alta escola), do cal foi un dos editores xunto con Thomas Laub, Oluf Ring e Thorvald Aagaard. O libro contén en torno a 600 melodías, das cales unhas 200 foron compostas polos editores, e tíñase a intención de proporcionar un repertorio para o canto comunitario, unha parte integral da cultura popular dinamarquesa. A colección foi extremadamente popular e incorporouse ao sistema educativo dinamarqués. Durante a ocupación alemá de Dinamarca na segunda guerra mundial, as reunións masivas de cancións, empregando estas melodías, formaron parte do "rearme espiritual" de Dinamarca, e despois da guerra en 1945 as contribucións de Nielsen foron caracterizadas por un escritor como "xoias brillantes no noso cofre do tesouro de cancións patrióticas". Isto continúa a ser un factor significativo na valoración dinamarquesa do compositor.[91]

EdiciónsEditar

Entre 1994 e 2009 o goberno dinamarqués encargou unha nova edición completa das obras de Nielsen (cun custo de máis de 40 millóns de euros), a Carl Nielsen Udgaven (en galego Edición Carl Nielsen).[92] Para moitas das obras, incluídas as óperas Maskarade e Saul og David, e toda a música de Aladdin, esta foi a súa primeira publicación impresa, as copias dos manuscritos foran enpregadas previamente nas súas execucións.[93] As partituras están agora dispoñibles para a súa descarga gratuíta no sitio web da Real Biblioteca Dinamarquesa (que tamén posúe a maior parte dos manuscritos da música de Nielsen).[94]

RecepciónEditar

Ao contrario que o seu contemporáneo, o finlandés Jean Sibelius, a reputación de Nielsen non comezou a evolucionar ata despois da segunda guerra mundial. Durante algún tempo, o interese internacional estivo dirixido en grande medida ás súas sinfonías, mentres que as súas outras obras, moitas delas moi populares en Dinamarca, comezaron a formar parte do repertorio mundial recentemente.[95] Mesmo en Dinamarca, moitas das súas composicións non conseguiron impresionar. Foi só en 1897 despois da primeira interpretación do Hymnus amoris cando recibiu o apoio da crítica,[23] para ser reforzado substancialmente en 1906 pola súa recepción entusiasta de Maskarade.[96]

Dous meses despois da súa exitosa estrea na sala de concertos Odd Fellow en Copenhague o 28 de febreiro de 1912, a Terceira Sinfonía (Espansiva) estaba no repertorio da Koninklijk Concertgebouworkest de Amsterdam, e en 1913 fora interpretada en Stuttgart, Estocolmo e Helsinqui. A sinfonía foi a máis popular de todas as obras de Nielsen durante a súa vida e tamén foi interpretada en Berlín, Hamburgo, Londres e Gotemburgo.[97][98] Outras obras causaron certa indecisión, mesmo en Dinamarca. Logo da estrea da súa Quinta Sinfonía (1922) un crítico escribiu: "O tesouro das sinfonías dinamarquesas e a propia produción de Carl Nielsen enriquecéronse cunha obra estraña e orixinal". Outro, con todo, describiuna como un "puño ensanguentado e pechado na cara dunha audiencia esnob nada suspicaz", cualificandoa tamén como "música sucia de trincheiras".[26]

Ao final da década de 1940 apareceron dúas importantes biografías de Nielsen en dinamarqués,[99] que dominaron a opinión sobre a vida e obra do compositor durante varias décadas.[100] O libro de Robert Simpson Carl Nielsen, Symphonist (primeira edición de 1952) foi o primeiro estudo amplo en lingua inglesa.[101]

En 1962 produciuse un avance internacional cando Leonard Bernstein gravou a Quinta Sinfonía coa New York Philharmonic Orchestra para CBS. A gravación axudou á música de Nielsen a lograr unha apreciación máis aló do seu país natal e é considerada unha das mellores gravacións da sinfonía.[102][103] O centenario de Nielsen en 1965 foi amplamente celebrado, tanto en termos de representacións como de publicacións, e Bernstein foi premiado co Sonning Prize pola súa gravación da Terceira Sinfonía.[104] En 1988 publicáronse os diarios de Nielsen e as cartas que lle escribiu a Anne Marie, e estas, xuntas cunha biografía de 1991 realizada por Jørgen Jensen empregando este novo material, conduciron a unha avaliación obxectiva revisada da personalidade do compositor.[105] Escribindo en The New York Times co gallo do 125 aniversario de Nielsen en 1990, o crítico musical Andrew Pincus lembrou que 25 anos antes de que Bernstein crera que o mundo estaba preparado para aceptar ao dinamarqués como un igual a Sibelius, falando do "seu encanto áspero, o seu movemento, o seu impulso, as súas sorpresas rítmicas, o seu estraño poder de relacións harmónicas e tonais – e especialmente a súa constante imprevisibilidade" (que Pincus cría era aínda un desafío para o público).[106] As biografías e estudos en inglés na década de 1990[107] axudaron a establecer o status de Nielsen en todo o mundo,[108] ata o punto de que a súa música fíxose habitual nos programas de concertos nos países occidentais.[109]

Escribindo en The New Yorker en 2008, o crítico musical estadounidense Alex Ross compara a "forza bruta" das sinfonías de Nielsen coa Heroica e a Quinta Sinfonía de Beethoven, pero explica que só agora os estadounidenses lentamente comezaron a apreciar o compositor dinamarqués. En particular, felicita a Alan Gilbert pola súa comprensión e interpretacións das sinfonías de Nielsen.[110]

Nielsen non gravou ningunha das súas obras.[111] Con todo, tres mozos directores contemporáneos que traballaran con el, Thomas Jensen, Launy Grøndahl, e Erik Tuxen, gravaron as súas sinfonías e outras obras orquestrais coa Orquestra Sinfónica da Radio Dinamarquesa entre 1946 e 1952. Jensen tamén realizou a primeira gravación en LP da Quinta Sinfonía en 1954.[112] O traballo realizado pola recente edición completa Carl Nielsen Udgaven revelou que as partituras empregadas nesas gravacións frecuentemente difiren das intencións orixinais do compositor e, polo tanto, a suposta autenticidade destas gravacións é agora discutible.[113]

Agora hai numerosas gravacións de todas as grandes obras de Nielsen, incluídos os ciclos completos de sinfonías dirixidas por, entre outros Sir Colin Davis, Herbert Blomstedt ou Sakari Oramo. Realizáronse máis de 50 gravacións do quinteto de vento de Nielsen.[114] En xaneiro de 2015, a New York Philharmonic dirxida por Alan Gilbert completou as gravacións das seis sinfonías e tres concertos de Nielsen. Anthony Tommasini do The New York Times cualificou o CD das sinfonías números 2 e 3 como "estupendas" na lista que o xornal realizou das mellores gravacións de música clásica de 2012.[115][116]

LegadoEditar

Dende 1916, Nielsen ensinou na Academia Real, da que se converteu no seu director en 1931, pouco antes da súa morte. Tamén tivo alumnos particulares nos seus primeiros anos para complementar os seus ingresos. Como resultado do seu labor docente, Nielsen exerceu unha considerable influencia na música clásica en Dinamarca.[117] Entre os seus alumnos máis exitosos estiveron compositores como Thorvald Aagaard, lembrado en particular polas súas cancións, Harald Agersnap, director de orquestra e compositor orquestral, e Jørgen Bentzon, que compuxo principalmente música coral e camerística para a súa escola de música folclórica (Københavns Folkemusikskole). Entre os seus outros alumnos estiveron o musicólogo Knud Jeppesen, o pianista Herman Koppel, o profesor e compositor sinfónico Poul Schierbeck, o organista Emilius Bangert que tocou na catedral de Roskilde, e Nancy Dalberg, unha das alumnas privadas de Nielsen que axudou coa orquestración de Aladdin. Nielsen tamén instruiu o director de orquestra e coro Mogens Wöldike, lembrado polas súas interpretacións de música barroca, e Rudolph Simonsen, o pianista e compositor que chegou ser director da Academia logo da morte de Nielsen.[118]

A Carl Nielsen Selskabet (en galego Sociedade Carl Nielsen) mantén unha listaxe de interpretacións das obras de Nielsen, clasificadas por rexión (Dinamarca, Escandinavia, resto de Europa e fóra de Europa) o que demostra que a súa música é interpretada regularmente en todo o mundo. Os concerti e sinfonías aparecen con frecuencia nestas listaxes.[119] A Carl Nielsen International Competition (ou Carl Nielsen Konkurrencen) comezou na década de 1970 baixo os auspicios da Orquestra Sinfónica de Odense. Dende 1980 celébrase alí cada catro anos un concurso de violín. Os concursos de frauta e clarinete foron engadidos con posterioridade, mais non tiveron continuidade. Unha competición internacional de órgano, fundada pola cidade de Odense, asociouse co concurso Nielsen en 2009, mais dende 2015 organízanse por separado, con sede na catedral de Odense.[120]

 
Nielsen nun ensaio de Saul og David en 1928 en Gotemburgo. Unha nova produción desta ópera sería dirixida por David Pountney no ano do seu aniversario.[121]

No seu país natal, O Museo Carl Nielsen, en Odense, está adicado a Nielsen e á súa muller, Anne Marie.[122] O compositor aparece no billete de 100 coroas emitido polo Banco Nacional de Dinamarca dende 1997 ata 2010.[123] A súa imaxe foi seleccionada en recoñecemento á súa contribución ás composicións musicais dinamarquesas como a súa ópera Maskarade, a súa sinfonía Espansiva e as súas numerosas cancións, incluída "Danmark, nu blunder den lyse nat".[124]

Programáronse varios eventos especiais ao redor do 9 de xuño de 2015 para conmemorar o 150 aniversario do nacemento de Nielsen. Ademais de numerosas actuacións en Dinamarca, programáronse concertos en cidades de toda Europa, incluídas Londres, Leipzig, Cracovia, Gotemburgo, Helsinqui e Viena, e mesmo máis lonxe en Xapón, Exipto e Nova York.[125] Para o 9 de xuño, o aniversario de Nielsen, a Orquestra Sinfónica Nacional de Dinamarca presentou un programa no Koncerthuset de Copenhague interpretando o Hymnus amoris, o Concerto paa Clarinete e a Cuarta Sinfonía para unha retransmisión que se estendeu por Europa e os Estados Unidos.[126][127] A Real Ópera de Dinamarca programou Maskarade[128] e unha nova production (dirxida por David Pountney) de Saul og David.[121] Ao longo de 2015, o Danish String Quartet programou actuacións interpretando os cuartetos de Nielsen en Dinamarca, Israel, Alemaña, Noruega e o Reino Unido (no Cheltenham Music Festival).[129] No Reino Unido, a BBC Philharmonic preparou unha serie de concertos sobre Nielsen a partir do 9 de xuño en Manchester.[130] A abertura de Maskarade de Nielsen foi tamén a primeira obra para a noite inaugural dos BBC Promenade Concerts de 2015 en Londres, mentres que as súas composicións apareceron noutros cinco concertos na tempada do Prom.[131] A cidade de Odense, que posúe fortes conexións con Nielsen, desenvolveu un extenso programa de concertos e eventos culturais para o ano do aniversaio.[132]

O planetoide 6058 Carlnielsen foi nomeado no seu honor.[133]

NotasEditar

  1. Hagen, S. A. E. (1898). "Nielsen, August Carl". En Bricka, Carl Frederik. Dansk Biografisk Leksikon 12. pp. 213–214. 
  2. Lawson 1997, p. 16.
  3. "Funen Childhood" (en inglés). Carl Nielsen Society. Consultado o 1 de febreiro de 2020. 
  4. Larsen 2015.
  5. Nielsen 1953, p. 23.
  6. 6,0 6,1 "The Early Years". Carl Nielsen 2015 (en inglés). carlnielsen.org. Consultado o 1 de febreiro de 2020. 
  7. 7,0 7,1 7,2 "Military musician in Odense" (en inglés). Carl Nielsen Society. Consultado o 24 de maio de 2020. 
  8. 8,0 8,1 Ahlgren Jensen 2008.
  9. Fanning 2001, p. 888.
  10. "Study years" (en inglés). Carl Nielsen Society. Consultado o 14 de marzo de 2020. 
  11. 11,0 11,1 "Timeline" (en inglés). Carl Nielsen Society. Consultado o 14 de marzo de 2020. 
  12. Fellow 2005.
  13. "Young and promising" (en inglés). Carl Nielsen Society. Consultado o 14 de marzo de 2020. 
  14. 14,0 14,1 Fanning 2001, pp. 888–89.
  15. 15,0 15,1 Layton. Oxford Companion to Music.
  16. "Carl Nielsen & Anne Marie Carl-Nielsen" (en dinamarqués). Odense Bys Museer. Consultado o 14 de marzo de 2020. 
  17. Grimley 2005, pp. 212–13.
  18. Lawson 1997, p. 58.
  19. 19,0 19,1 19,2 19,3 Fanning 2001, p. 889.
  20. 20,0 20,1 20,2 20,3 "Years of crisis" (en inglés). Carl Nielsen Society. Consultado o 24 maio 2020. 
  21. Lawson 1997, p. 104.
  22. "Family life" (en inglés). Carl Nielsen Society. Consultado o 24 de maio de 2020. 
  23. 23,0 23,1 Carl Nielsen Edition: Cantatas 1, pp. xi–xiv.
  24. 24,0 24,1 "Symphonist and opera composer" (en inglés). Carl Nielsen Society. Consultado o 24 de maio de 2020. 
  25. Fanning 2001, p. 890.
  26. 26,0 26,1 "...a whole pile of works" (en inglés). Carl Nielsen Society. Consultado o 24 de maio de 2020. 
  27. "Art and consciousness" (en inglés). Carl Nielsen Society. Consultado o 17 de marzo de 2020. 
  28. Gibbs 1963, p. 208.
  29. Cited in Grimley 2005, p. 218.
  30. Ketting, Knud. "Carl Nielsen biografi" (en inglés). Carl Nielsen Society. Consultado o 19 de marzo de 2020. 
  31. "Last years" (en inglés). Carl Nielsen Society. Consultado o 19 de marzo de 2020. 
  32. Holmen 1985, pp. 29–31.
  33. "List of Works". Carl Nielsen Society. Consultado o 30 April 2015. 
  34. Schonberg 1997, p. 94.
  35. Grimley 2010, p. ix.
  36. Reynolds 2010, pp. 13–14.
  37. 37,0 37,1 Brincker 2008, p. 684.
  38. Krabbe 2012, p. 55.
  39. Krabbe 2007, p. 44.
  40. Brincker 2008, p. 689.
  41. Tollåli, Aksel (11 de marzo de 2015). "National poetry and polyphony: Exploring the choral music of Sibelius and Nielsen" (en inglés). Bachtrack. Consultado o 16 de abril de 2020. 
  42. Pankhurst 2008, pp. 113, 165.
  43. White & Murphy 2001, p. 129.
  44. Johnson, Stephen. "Carl Nielsen" (en inglés). Classical-music.com: Website of BBC Music Magazine. Consultado o 16 de abril de 2020. 
  45. Brincker 2008, p. 694.
  46. Citado en Grimley 2005, p. 216.
  47. 47,0 47,1 47,2 47,3 "Carl Nielsen – Composer" (en inglés). BBC. Consultado o 24 de maio de 2020. 
  48. Simpson 1979, p. 25.
  49. Embaixada de Dinamarca. Symphony No. 4.
  50. Guildmusic. Comentarios.
  51. Simpson 1979, p. 113.
  52. Carl Nielsen Edition: Saul og David, pp. xi–xxx.
  53. Carl Nielsen Edition: Maskarade, pp. xi–xxxvii.
  54. Schepelern 1987, pp. 346–51.
  55. Carl Nielsen Edition: Cantatas 1, p. xiii.
  56. Carl Nielsen Edition: Cantatas 1, p. xxi.
  57. Carl Nielsen Edition: Cantatas 1, p. xxvii.
  58. Rosenberg 1966, p. 49.
  59. "Art and consciousness" (en inglés). Carl Nielsen Society. Consultado o 24 de maio de 2020. 
  60. "Carl Nielsen: Flute Concerto, FS119" (en inglés). Classical Archives. Consultado o 24 de maio de 2020. 
  61. Reisig. Clarinet Concerto.
  62. Slattery 2015.
  63. Lawson, Jack. Nielsen String Quartets Volume 1. Chandos Records. 
  64. Carl Nielsen Edition: Suite for String Orchestra, p. vii.
  65. Carl Nielsen Edition: Helios, p. vii.
  66. Hodgetts. Helios Overture.
  67. Carl Nielsen Edition: Orchestral Works 2, p. xi.
  68. Carl Nielsen Edition: Orchestral Works 2, p. xvii.
  69. Carl Nielsen Edition: Orchestral Works 2, p. xxi.
  70. Carl Nielsen Edition: Orchestral Works 2, p. xxvi.
  71. Carl Nielsen Edition: Aladdin, p. xi.
  72. Carl Nielsen Edition: Incidental Music 2, pp. xi–xxviii.
  73. Sierra Chamber Society. Quintet.
  74. Carl Nielsen Edition: Piano and Organ Works, p. xiv.
  75. Smaczny 2003, p. 274.
  76. Carl Nielsen Edition: Chamber Music 1, p. xi.
  77. Ketting 2007.
  78. Skjold-Rasmussen 1966, p. 57.
  79. Grimley 2005, p. 203.
  80. Horton 1969, p. 499.
  81. Tørsleff, Hans. Citado en Grimley 2005, p. 205.
  82. Carl Nielsen Edition: Piano and Organ Works, pp. xxiii–xxvi.
  83. Grimley 2005, pp. 210–12.
  84. Grimley 2005, pp. 218–19.
  85. Viderø 1966, p. 69.
  86. Carl Nielsen Edition: Piano and Organ Works, p. xlix.
  87. Carl Nielsen Edition: Songs, pp. 528–31.
  88. Carl Nielsen Edition: Songs, pp. 21–22.
  89. Krabbe, Niels. "Preface". En Reynolds 2010, p. 8.
  90. Vestergård & Vorre 2008, p. 85.
  91. Vestergård & Vorre 2008, pp. 83–84.
  92. Krabbe 2012, pp. 3–4.
  93. Krabbe 2012, p. 7.
  94. "Carl Nielsen Edition – Download" (en inglés). Royal Danish Library. Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2014. Consultado o 24 de maio de 2020. 
  95. "Nielsen Calendar" (en inglés). Carl Nielsen Society. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2015. Consultado o 31 de maio de 2015. 
  96. Carl Nielsen Edition: Maskarade, p. xiii.
  97. Carl Nielsen Edition: Symphony 3 Preface, p. xv.
  98. Phillips 2014.
  99. Meyer & Petersen 1947; Dolleris 1949.
  100. Krabbe 2007, p. 45.
  101. Simpson 1979.
  102. Fanning 1997, p. 92.
  103. Burton 2006.
  104. Krabbe 2007, p. 47.
  105. Krabbe 2007, pp. 47–48.
  106. Pincus 1990.
  107. Miller 1994; Fanning 1997; Lawson 1997.
  108. Krabbe 2007, pp. 50–53.
  109. "Carl Nielsen 150th Anniversary" (en inglés). Ministry of Foreign Affairs of Denmark. Arquivado dende o orixinal o 24 de abril de 2015. Consultado o 24 de maio de 2020. 
  110. Ross 2008.
  111. "The Historic Carl Nielsen Collection: Vol. 1" (en inglés). MusicWeb International. Consultado o 24 de maio de 2020. 
  112. Cane 2014, pp. 12–18.
  113. Krabbe 2012, pp. 6–7.
  114. "Discography" (en inglés). Carl Nielsen Society. Consultado o 24 de maio de 2020. 
  115. "The Nielsen Project" (en inglés). New York Philharmonic. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2014. Consultado o 24 de maio de 2020. 
  116. Cenicola 2012.
  117. Grimley 2010, p. 10 footnote.
  118. Caron 2013.
  119. "Performances" (en inglés). Carl Nielsen Society. Arquivado dende o orixinal o 3 de decembro de 2019. Consultado o 26 de maio de 2020. 
  120. Nielsen Notes 2015; Odense Symphony Orchestra.
  121. 121,0 121,1 "Carl Nielsen: Saul og David" (en inglés). Operabase. Arquivado dende o orixinal o 26 de abril de 2015. Consultado o 26 de maio de 2020. 
  122. "The Carl Nielsen Museum" (en inglés). Odense City Museums. Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2014. Consultado o 26 de maio de 2020. 
  123. "The 1997 Series" (en inglés). Danmarks Nationalbank. Consultado o 26 de maio de 2020. 
  124. "Ny 100-kroneseddel til november". Berlingske (en dinamarqués). 17 de agosto de 1999. Consultado o 26 de maio de 2020. 
  125. "Nielsen Calendar" (en inglés). Carl Nielsen Society. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2015. Consultado o 27 de abril de 2015. 
  126. "Gallaconcert: Carl Nielsen 150 år" (en dinamarqués). Danmarks Radio. Arquivado dende o orixinal o 19 de maio de 2015. Consultado o 26 de maio de 2020. 
  127. "Milestones" (en inglés). Carl Nielsen 2015. Consultado o 26 de maio de 2020. 
  128. "Carl Nielsen: Maskarade" (en inglés). Operabase. Arquivado dende o orixinal o 26 de abril de 2015. Consultado o 26 de maio de 2020. 
  129. "Danish Quartet" (en inglés). Danish Quartet. Consultado o 26 de maio de 2020. 
  130. "Nielsen Symphony Cycle I" (en inglés). BBC. Consultado o 26 de maio de 2020. 
  131. "First night of the Proms" (en inglés). BBC. Consultado o 26 de maio de 2020. 
    "Carl Nielsen". Proms Events (en inglés). BBC. Arquivado dende o orixinal o 3 de decembro de 2019. Consultado o 26 de maio de 2020. 
  132. "Carl Nielsen 2015" (en dinamarqués). oplev.odense.dk. Arquivado dende o orixinal o 20 de abril de 2015. Consultado o 26 de maio de 2020. 
  133. "(6058) Carlnielsen = 1974 OM = 1978 VL5 = 1981 UF13" (en inglés). Minor planet center. Consultado o 26 de maio de 2020. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar