Fionia (en danés Fyn) é unha illa de Dinamarca. É a segunda illa máis grande de Dinamarca e ten unha poboación de 445.000 habitantes. Pertence actualmente á rexión de Syddanmark. Ata 2006, Fionia formou un distrito particular.

Fionia
Fyn
Location map Funen.svg
Localización da illa
Egeskov Slot spejling Edit 2.jpg
Castelo de Egeskov
Situación
PaísDinamarca Dinamarca
MarMar Báltico
Coordenadas55°21′0″N 10°21′0″L / 55.35000, -10.35000Coordenadas: 55°21′0″N 10°21′0″L / 55.35000, -10.35000
Xeografía
Superficie3.100´7 km²
Longura máxima85 km.
Largura máxima60 km.
Punto máis alto131 m. Frøbjerg Bavnehøj
Demografía
CapitalOdense (pob. 165,305)
Poboación462.625 (1 de xaneiro de 2016)
Densidade150 hab./km²
Vivenda tradicional en Svendborg, Fionia

Fionia é coñecida como o "xardín de Dinamarca" pola súa natureza ben coidada. A cidade máis grande é Odense co recordo imperecedero de Hans Christian Andersen, cuxa casa alzase nesta cidade. Tamén en Fionia atópase Ærø, coa preciosa cidade mariñeira de Ærøkøbing e os seus barquiños embotellados e o seu museo marítimo, a tumba do xefe viquingo enterrado no seu drakkar en Ladbyskibet ou Nyborg Slot, o castelo real máis antigo de Dinamarca. Á parte de Odense, outras cidades de importancia son Kerteminde, Nyborg, Svendborg, Fåborg, Assens, Middelfart e Bogense, todas situadas na costa.

A illa está conectada a Xutlandia por unha ponte construída nos anos 1930 antes da segunda guerra mundial e polo que pasan autos e trens. Doutra banda, Fionia conéctase á illa de Selandia polo Storebæltsbroen, o segundo ponte colgante máis extenso no mundo, o cal foi inaugurado nos anos 1970 para o uso de automóbiles.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar