Skagerrak

O Skagerrak (Skagerack, Skagerak) é un estreito entre o sur da Noruega, o Bohuslän sueco e o noroeste da Xutlandia dinamarquesa. Une o Kattegat e o mar do Norte dunha banda e o mar Báltico, pasando por Öresund, da outra.

Skagerrak
Fraktebåt i Skagerrak.JPG
Localización administrativa
EstadoNoruega Noruega
Suecia Suecia
Dinamarca Dinamarca
DivisiónFlag of Norway.svg Condados de Østfold, Akershus, Oslo, Vestfold, Telemark, Aust-Agder e Vest-Agder
Flag of Sweden.svg Condado de Västra Götaland
Dinamarca Rexión de Jutlandia Setentrional
Localización xeográfica
Océano / MarMar do Norte - mar Báltico
(océano Atlántico)
ContinenteEuropa
Coordenadas57°50′50″N 9°04′23″L / 57.84722, -9.07306Coordenadas: 57°50′50″N 9°04′23″L / 57.84722, -9.07306
Xeografía
SubdivisiónsFiorde de Oslo
Cidades ribeiregasFlag of Norway.svg Kristiansand, Grimstad, Arendal, Larvik, Oslo, Fredrikstad
Flag of Sweden.svg Strömstad, Lysekil
Dinamarca Hirtshals, Hanstholm
Accidentes
Características
Lonxitude máxima240 km.
Anchura máxima80-90 km.
Profundiade máxima725 m.
Profundidade media200 m.
Capacidade47.000 km²
Mapa
Locatie Skagerrak.PNG
Localización do Skagerrak
Carte Skagerrak-Kattegat2.png

Mapa da zona

Cunha superficie de aproximadamente 32 000 km², forma un rectángulo de 240 km de lonxitude por 130–145 km de largura, delimitado

  • ao oeste pola liña Lindesnes (Noruega) — Hanstholn (Dinamarca) e
  • ao leste pola liña Pater-Nosterskären (Suecia) — Grenen (cabo setentrional da Dinamarca).

A súa profundidade máxima é de cerca de 700 metros preto das costas norueguesas, sendo que a súa profundidade media é de 210 metros (23 metros no Kattegat).

O seu nome deriva do nome da cidade de Skagen, a máis setentrional da Dinamarca.

O estreito ten un tránsito intenso, pois constitúe a única pasaxe (co canal de Kiel) ligando o mar do Norte ao mar Báltico.

En ambas as guerras mundiais, o Skagerrak foi estratexicamente moi importante para a Alemaña. Unha das maiores batallas marítimas da primeira guerra mundial, a batalla de Xutlandia, tamén coñecida como a batalla do Skagerrak, aconteceu aquí do 31 de maio ao 1 de xuño de 1916. A importancia do control desa pasaxe, o único acceso ao Báltico, foron motivos para as invasións da Dinamarca e da Noruega pola Alemaña durante a segunda guerra mundial.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar