Kattegat
O Kattegat, ou Kattegatt, é unha baía do Mar do Norte (continuación do estreito de Skagerrak) bordeada por Dinamarca e Suecia. O Mar Báltico emboca no Kattegat a través de Öresund e do Gran Belt, entre outros estreitos dinamarqueses.
Kattegat | |
---|---|
![]() | |
Localización administrativa | |
Estado | ![]() ![]() |
División | Rexións: Xutlandia Setentrional, Xutlandia Central, Selandia e Capital (DIN) Condados de Halland e Escania (SUE) |
Localización xeográfica | |
Océano / Mar | Mar Báltico - Skagerrak (mar do Norte) |
Continente | Europa |
Illa/s | Selandia e Samsø |
Xeografía | |
Subdivisións | Baías de Albaek, Alborg e Hessele (DIN) Skalderviken (SUE) |
Illas interiores | Anholt e Læsø |
Afluentes | Gudenå (176 km) (DIN) Göta (en Gotemburgo, 750 km) e Lagan (244 km), Nissan (200 km), Atran (240 km) e Viskan (140 km) (Halland) (SUE) |
Cidades ribeiregas | Skagen e Frederikshavn (DIN) Goteborg, Kungsbacka, Varberg, Falkenberg, Halmstad, Bastad, Angelholm, Höganas (SUE) |
Características | |
Superficie | 22.000 km² |
Lonxitude máxima | 220 km (N-S) |
Mapa | |
![]() O estreito de Kattegatt coma continuación do Skagerrak | |
![]() Localización de Kattegat | |
Os ríos que verten as súas augas no Kattegat son o Göta en Gotemburgo, xunto co Lagan, Nissan, Ätran e Viskan na provincia sueca de Halland; e o río Gudenå en Xutlandia, do lado dinamarqués.
As principais illas do Kattegat son Samsø, Læsø e Anholt, sendo coñecidas as dúas últimas como "o cinto desértico danés", debido ó seu clima seco.
O nome de Kattegat deriva das palabras holandesa e baixo saxoa Kat (gato) e Gat (burato). Isto fai referencia á navegación medieval, cando os navegantes dicían desta zona que era "tan estreita como o buraco dun gato", xa que había tantos barcos no mar que facían difícil de máis a navegación.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Kattegat |