Öresund
Coordenadas: 55°45′N 12°45′L / 55.75, 12.75
Öresund (en sueco [œrəˈsɵnd] (AFI)) ou Øresund (en dinamarqués [ˈøːɐsɔnˀ] (AFI)) é un estreito entre Dinamarca e mais Suecia, máis precisamente entre a illa dinamarquesa de Selandia e a provincia sueca de Escania.
Öresund | |
---|---|
Øresund - Öresund | |
Localización administrativa | |
Estado | Dinamarca Suecia |
División | Hovedstaden Condado de Escania |
Localización xeográfica | |
Océano / Mar | Mar Báltico - Kattegat (mar do Norte) |
Continente | Europa |
Illa/s | Selandia |
Xeografía | |
Illas interiores | Amager, Saltholm, Peberholm, Middelgrundsfortet e Flakfortet Ven |
Características | |
Lonxitude máxima | 118 km |
Anchura máxima | 3 - 48 km |
Anchura mínima | 3 km |
Profundiade máxima | 40 m |
Profundidade media | 11 m |
Outros datos | |
Ponte | Ponte de Øresund |
Mapa | |
Localización do estreito de Öresund | |
Mapa do estreito | |
Xeografía
editarO estreito liga o mar Báltico (ao sur) ao estreito de Kattegat (ao norte), en dirección ao mar do Norte, estendéndose por preto de 118 km nun eixo sur-sueste/nor-noroeste, cunha anchura de 3 km a 48 km. Separa, ao sur, as cidades portuarias de Copenhaguen (Dinamarca) e Malmö (Suecia) e, ao norte, as cidades de Elseneur (Dinamarca) e de Helsingborg (Suecia).
Os relevos submarinos e a pouca profundidade de Øresund contribúen a limitar as trocas de auga entre o mar do Norte e o mar Báltico.
Historia
editarO estreito de Øresund foi palco de numerosos naufraxios. Os principais factores son a súa baixa profundidade, ás veces inferior a 10 metros, e a súa forte frecuentación.
A ponte
editarDesde o 1 de xullo de 2000, a Ponte de Øresund liga Copenhaguen a Malmö.
Illas
editarNotas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Öresund |
Ligazóns externas
editar- Páxina oficial da Ponte de ØresundArquivado 04 de setembro de 2013 en Wayback Machine.
- Øresunddirekt – Sitio oficial de información pública para os habitantes da rexión Øresund
- Øresund Trends – Un sitio oficial de información pública con información actualizada sobre a rexión, dispoñible en inglés
- Øresundstid – A historia da Rexión de Øresund (en inglés) (en sueco) (en dinamarqués)