Lingua baixo saxoa
O baixo saxón é unha varidedade do baixo alemán, que conta con 5 millóns de falantes. É lingua rexional cooficial de 8 estados federados: Baixa Saxonia, Renania do Norte-Westfalia, Hamburgo, Schleswig-Holstein e Bremen. (A poboación do estado federado de Saxonia de hoxe en día non é realmente da pendente saxoa. Esta zona recibiu ese nome no século XVI debido a un matrimonio aristocrático para desgusto dos verdadeiros saxóns.)
Baixo saxón 'Nedersaksisch' | ||
---|---|---|
Falado en: | Alemaña e Países Baixos | |
Rexións: | Europa | |
Total de falantes: | 5 millóns | |
Posición: | Non está entre as 100 máis faladas. | |
Familia: | Indoeuropea Xermánica Xermánica occidental Baixo saxón | |
Escrita: | Alfabeto latino | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | É lingua administrativa en: Baixa Saxonia Bremen Hamburgo Renania do Norte-Westfalia Saxonia-Anhalt Schleswig-Holstein Lingua rexional en: Países Baixos | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | nds | |
ISO 639-3: | nds
| |
Mapa | ||
Status | ||
O baixo saxón tamén é falado aproximadamente por un millón e medio de persoas nas provincias do noroeste dos Países Baixos.
O baixo saxón polo mundo
editarOs enclaves non europeos máis grandes do baixo saxón atópanse en América do Norte, sobre todo nos estados do medio oeste dos Estados Unidos. Tamén en América Latina, en Rusia e en Asia Central.
Historia
editarO baixo saxón é o descendente do saxón antigo, que é tamén unha das linguas ancestrais do inglés e do escocés.
Despois da cristianización e da subxugación por parte Carlomagno, nación saxoa atopou a riqueza e o poder grazas ao comercio, sobre todo ao comercio marítimo. A extensión comercial da Liga Hanseática saxoa ao redor do Mar Báltico e na costa norueguesa, con representacións diplomáticas en Inglaterra, nos Países Baixos, en Bélxica e en Rusia, provocou unha extensión da lingua saxoa ao longo da maior parte da Idade Media. O saxón medio usábase como unha lingua franca internacional durante aquel período, e as súas influencias transformaron as linguas escandinavas. Ademais, durante e despois daquel período influíu o saxón medio no caxubio, o estoniano e as linguas bálticas.
Actualidade
editarO baixo saxón é unha lingua fortemente fragmentada, recoñecida e protexida pola Unión Europea dende 1994. Actualmente, mesmo se pode utilizar como lingua administrativa en varios dos estados federados nos que goza de maior difusión. O seu código ISO segundo a norma ISO 639-2 é nds.
A pesar da súa oficialidade e debido ao predominio do idioma alto alemán, o baixo saxón estase a extinguir, sobrevivindo case unicamente na contorna rural.
Notas
editar- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
Véxase tamén
editarExiste unha versión da Wikipedia en Lingua baixo saxoa |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Baixo Saxón en Ethnologue
- Listaxe de lingazóns
- Streektaal.net Arquivado 13 de febreiro de 2006 en Wayback Machine., información sobre os dialectos Baixo Saxóns
- Nu is de Welt platt! Procuras internacionais sobre Baixo Saxón
- Niederdeutsch/Plattdeutsch in Westfalen, by Olaf Bordasch;
- Mönsterlänner Plat, by Klaus-Werner Kahl
- Plattdeutsch heute
- Building Blocks of Low Saxon (Low German), introdución á gramática en Inglés e Alemán