Lingua caxubia
O caxubio[2] é unha lingua da familia eslava falada polo pobo caxubio ó norte da República de Polonia, na costa do Mar Báltico. A súa proximidade lingüística co polaco fai que haxa moita xente que a considere coma un dialecto do polaco (lingua lequítica), aínda que en realidade forma parte dun subgrupo eslavónico diferente, dentro do cal se emparenta co polabio e o eslovincio. Estruturalmente, ten unha gran cantidade de arcaísmos e empréstimos xermánicos cando se compara coas linguas eslavas veciñas.
Caxubio kaszëbsczi, pòmòrsczi | ||
---|---|---|
Outros nomes: | Caxubiano, Casubio | |
Falado en: | Polonia, Canadá. | |
Rexións: | Pomerania (Caxubia) | |
Total de falantes: | 50.000 a 200.000 | |
Familia: | Indoeuropea Eslava Occidental Lequítico Caxubio | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | csb | |
ISO 639-3: | csb
| |
SIL: | CSB
| |
Mapa | ||
Status | ||
Datos básicos
editarAutoglotónimo: kaszëbsczi
Heteroglotónimo: caxubio (galego), kassubian (inglés), kashubian (inglés), Kaschubische Sprache (alemán), ...
Familia lingüística: linguas eslavas
Orde de constituíntes: ¿?
Número de falantes: 30 000 a 300 000
Status sociolingüístico: lingua minorizada de Polonia
Código ISO 639-3: csb [3]
Sociolingüística
editarSociolingüisticamente, distribúese polo rural, especialmente nas camadas menos escolarizadas da poboación, polo que os falantes desenvolveron un sentimento de estigma e autoodio propio de moitas linguas minorizadas sen recoñecemento oficial. Dende hai uns anos, o goberno polaco potenciou a súa presenza na televisión e radio estatais e, cumprindo co Convenio Europeo para a Eliminación de tódalas formas de Discriminación (CERD), estableceu o ensino de lingua caxubia en 19 centros para 1 470 alumnos (1999-2000) e mesmo o ensino optativo na Universidade de Gdańsk.
Literatura
editarO seu sistema literario baséase en xéneros como a poesía ou a regueifa e na exaltación rexionalista, temática a prol da lexitimación que é habitual nas linguas estigmatizadas. As súas asociacións son máis activas e agrúpanse na "Asociación Caxubio-pomerana" (Zrzeszenie Kaszubsko-Pomorskie) dende 1929.
Notas
editar- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
- ↑ "Entrada caxubio en Digalego". Arquivado dende o orixinal o 09 de febreiro de 2018. Consultado o 31 de maio de 2017.
- ↑ "Kashubian". Ethnologue (en inglés). Consultado o 2022-06-10.
Véxase tamén
editarExiste unha versión da Wikipedia en Lingua caxubia |
Outros artigos
editar Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |