Un arcaísmo[1] (do grego antigo: ἀρχαϊκός, archaïkós, 'anticuado', ou de grego antigo: ἀρχαῖος, archaîos, 'antigo'), é un termo ou elemento lingüístico amplamente empregado nunha época pasada, e que en gran parte caeu en desuso, sendo utilizado marxinalmente en contextos moi específicos ou con fins especiais.

Cartel co arcaísmo inglés Ye Olde.

Arcaísmos lingüísticos editar

En lingüística histórica, o termo arcaísmo úsase para designar un termo léxico ou un elemento gramatical empregado no pasado na maior parte do dominio dunha lingua determinada, pero que desapareceu da fala cotiá maioritaria,[2] e só é usado en certos contextos, en certas variantes illadas e non ten un uso amplo na maioría de variedades da lingua.

O oposto a un arcaísmo relativo é unha innovación. Cando un elemento vello é substituído nalgunha das variedades dunha lingua, dise que devandita variedade innovou no uso dese elemento.

No galego editar

Os arcaísmos galegos son palabras que existían no galego medieval, mais que no presente non se aceptan por seren consideradas antigas debido a tres factores:

  • Algunhas destas palabras xa eran pouco usuais na época medieval (ex. *vegada, por vez).
  • Outras voces interpretáronse mal: como o tan empregado erroneamente *conquerir (usado como conseguir), e que na Idade Media significaba conquistar.
  • E incluso outras formas estaban nunha fase evolutiva (como *caor ou *coor)

Outros arcaísmos editar

  • *capiduo, *caloña, *estormento, *estoria, *maor, *outo, *tiduo, *trebuto... Algúns deles aínda existen nos topónimos, como é o caso de Montouto ou Toxosoutos.

A aceptación editar

Existen casos específicos onde un termo moi habitual do galego medieval si que se acepta. Este pode ser o caso dos indefinidos "ren" e "res", que figuraban no DRAG en 2014.[3] Ás veces a lingua común ou a terminoloxía e a neoloxía poden botar man de formas antigas para ampliar o seu significado ó presente e recuperar o seu uso. Así, estas dúas palabras, perdidas no galego oral, recuperáronse a partir de galego medieval (ou a partir do seu outro herdeiro directo, o portugués).

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para arcaísmo.
  2. Thomas Burns McArthur; Roshan McArthur (2005). Oxford University Press, ed. Concise Oxford Companion to the English Language. p. 162. ISBN 978-0-19-280637-6. Consultado o 4 de setembro de 2013. 
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para ren.