Abrir o menú principal

Coordenadas: 54°22′N 18°38′L / 54.367, -18.633

Gdańsk (en polaco [ˈɡdaɲsk] (AFI), en caxubio Gduńsk) é unha cidade polaca, antigamente coñecida coma Danzig (en alemán [ˈdantsɪç] (AFI)) e tamén chamada Dantiscum, Gedanum, Gedania, Gydannyzc, Danczik e Dantzig. É a capital da rexión de Pomerania con preto de 464.000 habitantes, sendo a sexta cidade máis poboada do país e a súa maior cidade portuaria.

Gdańsk
Gdansk flag.svg
POL Gdańsk COA.svg
Collage of views of Gdansk.jpg
Vistas da cidade
Localización
Gdańsk en Polonia
Gdańsk
Gdańsk
PaísPolonia Polonia
VoivodatoPomerania
PowiatCondado da cidade
Xeografía
Superficie262 km²
Demografía
Poboación461.935 hab. (2014)
Densidade1.763 hab/km²
Outros datos
Código postal80-008 a 80-958
AlcaldePaweł Adamowicz
Páxina oficial de Gdańsk

A súa importancia histórica en dúas ocasións foi fundamental: na Segunda Guerra Mundial foi o primeiro escenario de enfrontamententos armados, ao ser asaltada polo exército alemán; e durante a guerra fría, por seren os seus estaleiros o lugar que viu nacer o sindicato católico Solidariedade (en polaco, Solidarność) que desestabilizaría o maior país satélite do bloque comunista.

A súa conurbación metropolitana é tan grande que se une con outras dúas cidades (Gdynia e Sopot), sendo coñecido coloquialmente o conxunto como "as tres cidades" (en polaco: Trójmiasto).

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar