Río Vístula
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2016.) |
O Vístula (en polaco : Wisła, en alemán: Weichsel) é o principal río de Polonia con 1.047 km de curso.
Vístula | |
---|---|
![]() O Vístula desde o castelo de Grudziadz | |
País | Polonia |
Nacemento | Barania Góra |
Lonxitude | 1.047 km |
Conca | 194.424 km2 |
Caudal medio | 1.054 m³/s |
Desembocadura | Mar Báltico |
PercorridoEditar
O Vístula ten a súa fonte nos montes Beskides occidentais na Alta Silesia, a 1.106 msnm. Percorre todo o seu curso a través de Polonia antes de desaugar no Mar Báltico preto de Gdańsk. O seu caudal medio anual na desembocadura é de 1.054 m³/s.
O percorrido do río consta de tres seccións:
- O curso superior, desde o nacemento até Sandomierz, onde recibe ao San, afluente pola beira dereita.
- O curso medio, desde Sandomierz á confluencia co Bug, acrecentado polo Narew, importantes afluentes da beira dereita.
- O curso inferior, desde a unión co Bug até a foz en delta na baía de Gdańsk.
O delta do Vístula sufriu importantes modificacións no seu trazado ao longo de tempos históricos.
ConcaEditar
A conca hidrográfica do Vístula esténdese na parte oriental do país nunha área de 194.424 km², o que representa máis do 60% de toda a superficie de Polonia (case o resto do territorio é drenado polo río Oder ou Odra en polaco). A altitude media da conca é de 270 msnm, localizándose a maior altura nos montes Tatra, a 2.663 metros. Porén o 55% da superficie está situada en elevacións comprendidas entre 100 e 200 m, e aínda o 75% entre 100 e 300 m. É unha conca moi disimétrica, pois na súa maior parte se estende cara oriente do río principal.
AfluentesEditar
HidroloxíaEditar
O aspecto aplanado da conca explica, en parte, que o Vístula fose a orixe de cheas catastróficas, coma por exemplo as rexistradas en 1813, 1888, 1934, 1960.
Principais cidades ás beirasEditar
De sur a norte o Vístula atravesa varias cidades das que destacan:
- Cracovia.
- Tarnobrzeg.
- Sandomierz.
- Varsovia.
- Plock.
- Wloclawek.
- Toruń.
- Bydgoszcz.
- Grudziadz.
- Malbork.
- Gdańsk.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Río Vístula |