O Estado de Israel (hebreo: מדינת ישראל, transliteración: Medinat Yisra'el; Árabe: دولة اسرائيل, transliteración: Daulat Isra'il) é un país no Oriente Medio (oeste de Asia, no chamado 'crecente fértil'), situado na costa oriental do mar Mediterráneo. É unha democracia parlamentaria e legalmente un estado xudeu. Fai fronteira co Líbano ao norte, con Siria ao nordeste, con Xordania e Cisxordania ao leste, con Exipto e a [[fran

xa de Gaza]] ao suroeste, e co golfo de Aqaba (no mar Vermello) ao sur. O Mediterráneo bordéao polo seu oeste, e entre Xordania e Exipto sae uns poucos quilómetros ó golfo de Aqaba, extensión do mar Vermello (tamén chamado golfo de Eilat). Igualmente, ten costa co mar Morto (mar interior). Xeograficamente, contén diversas características dentro do seu relativamente pequeno territorio Israel defínese como un "Estado xudeu e democrático" nas súas Leis Básicas e é o único Estado de maioría xudía do mundo...

Artigo destacado

Balfour declaration unmarked.jpg
A Declaración Balfour, redactada o 2 de novembro de 1917, foi unha manifestación formal e pública do goberno británico durante a primeira guerra mundial, para anunciar o seu apoio ao establecemento dun «fogar nacional» para o pobo xudeu na rexión de Palestina, que nese momento formaba parte do Imperio otomán. A declaración foi incluída nunha carta asinada polo ministro de Relacións Exteriores británico (Foreign Office) Arthur James Balfour dirixida ao barón Lionel Walter Rothschild, un líder da comunidade xudía en Gran Bretaña, para a súa transmisión á Federación Sionista de Gran Bretaña e Irlanda. O texto foi publicado na prensa o 9 de novembro de 1917.

Durante o período das discusións do Gabinete de Guerra británico, que conduciu á declaración, a guerra máis ampla chegara a un período de estancamento. As tropas estadounidenses aínda non estaban despregadas e os rusos estaban distraídos pola axitación interna...

Biografía destacada

Ilan Ramon, NASA photo portrait in orange suit.jpg
Ilan Ramon (hebreo: אילן רמון, pronunciado iˈlan raˈmon), nado en Ramat Gan o 20 de xuño de 1954 e finado en Texas o 1 de febreiro de 2003, foi un coronel da Forza Aérea Israelí e astronauta da NASA.

Ramon foi especialista de carga no transbordador espacial STS-107, a misión do Columbia, na cal faleceu xunto a outros seis membros da tripulación durante o accidente de re-entrada na atmosfera terrestre. Tralo accidente foi condecorado a título póstumo nos Estados Unidos de América coa medalla de honra no espazo do Congreso...

Sabías que...?

  • ...o 93% dos fogares de Israel utilizan enerxía solar para quentar o auga?
  • ...a pesar do seu tamaño, Israel é o país do mundo con maior taxa de inmigración da Terra? Recibiu o 350% da súa poboación nos últimos 60 anos.
  • ...Israel é o terceiro país do mundo con maior taxa de mulleres emprendedoras?

Símbolos nacionais

Imaxe destacada

Bedouinwomanb.jpg
Muller beduína en Xerusalén (entre 1898 e 1914)
Vexa o artigo árabes.

Artigos de calidade e bos

Nuvola filesystems services.svg Artigos de calidade (1)

Crystal Clear action bookmark Silver.png Artigos bos (0)

Categorías

Portal Alemaña

Alemaña

Portal Austria

Austria

Portal España

España

Portal Estonia

Estonia

Portal Francia

Francia

Portal Hungría

Hungría

Portal Italia

Italia

Portal Países Baixos

Países Baixos

Portal Reino Unido

Reino Unido

Portal Rusia

Rusia

Portal Segunda Guerra Mundial

Segunda Guerra Mundial

Índice de Portais

Outros portais