Austria (Gl-Austria.ogg pronunciación ) (en alemán: Österreich, De-Österreich.oga [ˈøːstɐˌʁaɪç] ), oficialmente República de Austria (Gl-República de Austria.ogg pronunciación ) (en alemán: Republik Österreich, Republik Österreich.ogg [Republik Österreich] )), é un estado da Europa central sen saída cara o mar, con máis de 8,5 millóns de habitantes. Fai fronteira con Alemaña e a República Checa ao norte, Eslovaquia e Hungría ao leste, Eslovenia e Italia ao sur, e Suíza e Liechtenstein ao oeste. O territorio de Austria abrangue 83.872 quilómetros cadrados e posúe un clima temperado e alpino. O terreo austríaco é altamente montañoso debido á presenza dos Alpes, polo que tan só o 32% do país se atopa por debaixo dos 500 metros, sendo o seu punto máis alto 3.798 metros. A meirande parte da poboación fala en lingua alemá, a cal é o idioma oficial da República. A parte do alemán, son linguas rexionais oficiais o croata, o esloveno e o húngaro.

As orixes de Austria datan da época do Imperio Romano, cando un reino celta foi conquistado polos romanos ao redor do ano 15 a.C.. Ese territorio pasou a ser a mediados do século I a provincia romana de Noricum, nun área que se correspondería aproximadamente ao actual país. No ano 788 d.C., o rei franco Carlomagno conquistou a area e introduciu o cristianismo. Baixo a dinastía Habsburgo, Austria converteuse nunha das principais potencias europeas. En 1867, o Imperio Austríaco foi pasou ser o Imperio Austro-Húngaro, que colapsou en 1918 co fin da Primeira Guerra Mundial, sendo estabelecida en 1919 a Primeira República Austríaca. No Anschluss de 1938, Austria foi ocupada e anexionada pola Alemaña nazi. Esta situación durou até a fin da Segunda Guerra Mundial en 1945. En 1955, despois da restauración definitiva do Estado, Austria declarouse permanentemente neutral.

Hoxe, Austria é unha democracia parlamentar composta por nove estados federais. A capital, é cidade máis grande do país, con 1,7 millóns de habitantes, é Viena. Austria é ademais un dos países máis ricos do mundo, cun PIB nominal per cápita de 43.723 dólares estadounidenses. O país desenvolveu pois un alto nivel de vida, e en 2008 era o número catorce do mundo en Índice de Desenvolvemento Humano. Austria é membro das Nacións Unidas dende 1955, forma parte da Unión Europea dende 1995 e é membro fundador da OCDE. Austria tamén asinou o Acordo de Schengen en 1995, adoptando como moeda o euro en 1999.

Artigo destacado

editar

O Red Bull Ring (chamado anteriormente A1-Ring e antes Österreich-Ring), é un autódromo situado na vila austríaca de Spielberg (Estiria).

O circuíto de carreiras foi fundado como Österreichring e foi sede do Gran Premio de Austria de Fórmula 1 durante 18 anos consecutivos, de 1970 a 1987. Máis tarde acurtado e reconstruído foi rebautizado como A1-Ring, foi de novo sede do Gran Premio de Austria desde 1997 a 2003. O circuíto quedou obsoleto para a Fórmula Un, polo que foi elaborado un plan para redeseñalo. Foron demolidas algunhas partes do circuíto, incluíndo os pits e a tribuna principal, pero os traballos de construción detivéronse e o circuíto quedou inutilizable durante varios anos antes de que fora comprado e reconstruído polo propietario de Red Bull, Dietrich Mateschitz. Chamado agora Red Bull Ring a pista inaugurouse de novo o 15 de maio de 2011. Posteriormente organizou unha rolda da tempada 2011 do DTM e unha rolda do campionato de F2 de 2011.

Cidade destacada

editar

Viena (en alemán: Wien (Wien1.ogg [viːn] ; en bavarés: Wean)) é unha cidade situada en Europa Central, capital de Austria, ademais dun dos nove Bundesländer ou Estados austríacos. Situada á beira do río Danubio e ao pé dos primeiros ramais dos Alpes é, cunha poboación de 1 765 .649 (2013), a maior cidade e centro político e cultural do país.

Rodeada polo estado de Baixa Austria, a súa área metropolitana acada os 2 419 000 habitantes, poboación semellante á que tiña no ano 1914. A cidade ten unha longa historia, sendo unha das máis antigas capitais de Europa, polo que conta cun importante patrimonio artístico. Capital do Imperio austrohúngaro medrou pasando a súa poboación de 724.000 habitantes en 1880 a 2 000 000 en 1910. Durante o século XIX foi unha das grandes capitais musicais do mundo e a principios do século XX un dos focos da filosofía e o debate político de Occidente, así como un dos principais centros culturais mundiais. Durante esa época constrúense grandes palacios arredor da Ringstraße, perímetro da muralla medieval reconvertida a amplo bulevar.

Durante a segunda guerra mundial foi bombardeada polas forzas aliadas e, até 1955, permaneceu baixo ocupación cuadripartita, xa que estaba controlada por soviéticos, franceses, estadounidenses e británicos, sistema semellante ao de Berlín. Está situada a 50 quilómetros de Bratislava (capital de Eslovaquia), ademais de estar conectada por unha ampla rede de autoestradas intereuropeas con Alemaña, República Checa e Eslovenia. A maioría da poboación que profesa unha relixión declárase católica.

Divisións administrativas
Categorías
Biografía destacada

editar

Johannes Chrysostomus Wolfgangus Theophilus Mozart, máis coñecido co nome de Wolfgang Amadeus Mozart (ˈvɔlfgaŋ amaˈdeus ˈmoːtsart), nado en Salzburgo o 27 de xaneiro de 1756 e finado en Viena o 5 de decembro de 1791, está considerado como un dos máis grandes compositores de música clásica europea. A súa obra abarca todos os xéneros musicais da súa época e alcanza máis de seiscentas creacións, na súa maioría recoñecidas como obras mestras da música sinfónica, concertante, de cámara, para piano, operística e coral, logrando unha popularidade e difusión universal.

Na súa nenez máis temperá en Salzburgo, Mozart mostrou unha capacidade prodixiosa no dominio de instrumentos de teclado e no violín. Con tan só cinco anos xa compuña obras musicais e as súas interpretacións eran do aprecio da aristocracia e realeza europea. Aos dezasete anos foi contratado como músico na corte de Salzburgo, pero a súa inquietude levoulle a viaxar en busca dunha mellor posición, sempre compoñendo de forma prolífica. Durante a súa visita a Viena en 1781, tras ser despedido do seu posto na corte, decidiu instalarse nesta cidade onde alcanzou a fama que mantivo o resto da súa vida, a pesar de pasar por situacións financeiras difíciles. Nos seus anos finais, compuxo moitas das súas sinfonías, concertos e óperas máis coñecidas, así como o seu Réquiem. As circunstancias da súa temperá morte foron obxecto de numerosas especulacións e elevadas á categoría de mito.

A súa influencia en toda a música occidental posterior é profunda; Ludwig van Beethoven escribiu as súas primeiras composicións á sombra de Mozart, de quen Joseph Haydn escribiu que «a posteridade non verá tal talento outra vez en cen anos».

Imaxe destacada

editar

Imaxe panorámica de Schoppernau, no distrito de Bregenz.
Vexa o artigo Vorarlberg.


Sabías que...?

editar

Großglockner.


Artigos de calidade e bos

editar

Artigos de calidade (0)

Artigos bos (2)

Proxectos relacionados
Portais relacionados
Proxectos irmáns

editar

Wikimedia Commons
Wikimedia Commons

en Commons