editar
O
Torneo das Seis Nacións (coñecido coma RBS 6 Nations por motivos de patrocinio), coñecido antes do ano
2000 coma o
Cinco Nacións, é unha competición anual de
rugby entre seis seleccións europeas:
Escocia,
Francia,
Gales,
Inglaterra,
Irlanda,
Italia.
O Six Nations Championship, cos seus predecesores o Cinco Nacións e o Campionato das Home Nations, e o primeiro torneo internacional de rugby no Hemisferio Norte. Os campións do Seis Nacións son vistos tamén coma os Campións de Europa. O evento está patrocinado actualmente polo RBS, o Royal Bank of Scotland (Banco Real de Escocia).
Irlanda é o equipo que ostenta o título do Grand Slam, recoñecido oficialmente por primeira vez dende 1948, tras gañar a competición de 2009 gañando a tódalas outras selección, sendo ademais os gañadores da Triple Coroa tras vencer a Escocia, Gales e Inglaterra (os catro equipos das Illas Británicas).
Existe á parte do masculino o torneo das Seis Nacións feminino e unha versión Xuvenil, para menores de 20 anos. Cabe resaltar que cando o nome do torneo non está acompañado por ningunha outra sinalización refírese ao torneo orixinal masculino. Nestes outros dous torneos participan os mesmos seis países que no de homes.