The Rugby Championship

(Redirixido desde «Rugby Championship»)

O The Rugby Championship (en galego O Campionato de Rugby) é un torneo internacional de rugby que se disputa cada ano entre as catro seleccións que compoñen o SANZAAR, e dicir, Arxentina, Australia, Nova Zelandia e Suráfrica. Este torneo é continuador do Tri Nations que disputaron a seleccións de Nova Zelandia, Suráfrica e Australia entre 1996 e 2011. No ano 2012 incorporouse Arxentina. A edición 2020 recuperou a antiga denominación Tri Nations debido á renuncia obrigada dun dos catro equipos, Suráfrica, por mor da pandemia de COVID-19. A edición 2021 volveu a contar cos seus catro participantes.

The Rugby Championship
The Rugby Championship

Flag of Australia.svg Flag of South Africa.svg Flag of Argentina.svg Flag of New Zealand.svg
Fundación1996
RexiónHemisferio Sur
EquiposSelección de rugby da Arxentina Arxentina
Selección de rugby de Australia Australia
Selección de rugby de Nova Zelandia Nova Zelandia
Selección de rugby de Suráfrica Suráfrica
Actual campiónSelección de rugby de Nova Zelandia Nova Zelandia (2020)
Máis laureadoSelección de rugby de Nova Zelandia Nova Zelandia (17)
Sitio webPáxina oficial do SANZAR
Vindeira edición The Rugby Championship 2021

O torneo lévase a cabo durante os meses do inverno austral, polo xeral entre xullo e setembro, malia que pode adiantarse ou retrasarse un mes cando no mesmo ano se disputan eventos cuadrienais da máxima categoría como Copas do Mundo ou Xiras dos Lions.

Trátase dun torneo de gran prestixio, con menos historia que o Torneo das Seis Nacións pero con seleccións que son consideradas as máis potentes do planeta. Das nove edicións da Copa do Mundo de Rugby disputadas entre 1987 e 2019 Nova Zelandia gañou tres, Suráfrica gañou outras tres e Australia gañou dúas.

ParticipantesEditar

 
 
 
 
 
 
 
 
 
Arxentina
Pumas
Campionatos: 0.


 
 
 
 
 
 
 
 
 
Australia
Wallabies
Campionatos: 4.


 
 
 
 
 
 
 
Nova Zelandia
All Blacks
Campionatos: 17.


 
 
 
 
 
 
 
 
 
Suráfrica
Springboks
Campionatos: 4.


HistoriaEditar

Edición Campión Partidos
xogados
Partidos
gañados
Partidos
empatados
Partidos
perdidos
Puntos
a favor
Puntos
en contra
Dif. de
puntos
Puntos
extra
Táboa de
puntos
Tri Nations 1996   Nova Zelandia 4 4 0 0 119 60 (+) 59 1 17
Tri Nations 1997   Nova Zelandia 4 4 0 0 159 109 (+) 50 2 18
Tri Nations 1998   Suráfrica 4 4 0 0 80 54 (+) 26 1 17
Tri Nations 1999   Nova Zelandia 4 3 0 1 103 61 (+) 42 0 12
Tri Nations 2000   Australia 4 3 0 1 104 86 (+) 18 2 14
Tri Nations 2001   Australia 4 2 1 1 81 75 (+) 6 1 11
Tri Nations 2002   Nova Zelandia 4 3 0 1 97 65 (+) 32 3 15
Tri Nations 2003   Nova Zelandia 4 4 0 0 142 65 (+) 77 2 18
Tri Nations 2004   Suráfrica 4 2 0 2 110 98 (+) 12 3 11
Tri Nations 2005   Nova Zelandia 4 3 0 1 111 86 (+) 25 3 15
Tri Nations 2006   Nova Zelandia 6 5 0 1 179 112 (+) 67 3 23
Tri Nations 2007   Nova Zelandia 4 3 0 1 100 59 (+) 41 1 13
Tri Nations 2008   Nova Zelandia 6 4 0 2 152 106 (+) 46 3 19
Tri Nations 2009   Suráfrica 6 5 0 1 158 130 (+) 28 1 21
Tri Nations 2010   Nova Zelandia 6 6 0 0 184 111 (+) 73 3 27
Tri Nations 2011   Australia 4 3 0 1 92 79 (+) 13 1 13
The Rugby Championship 2012   Nova Zelandia 6 6 0 0 177 66 (+) 111 2 26
The Rugby Championship 2013   Nova Zelandia 6 6 0 0 202 115 (+) 87 4 28
The Rugby Championship 2014   Nova Zelandia 6 4 1 1 164 91 (+) 73 4 22
The Rugby Championship 2015   Australia 3 3 0 0 85 48 (+) 37 1 13
The Rugby Championship 2016   Nova Zelandia 6 6 0 0 262 84 (+) 178 6 30
The Rugby Championship 2017   Nova Zelandia 6 6 0 0 246 119 (+) 127 4 28
The Rugby Championship 2018   Nova Zelandia 6 5 0 1 225 132 (+) 93 5 25
The Rugby Championship 2019   Suráfrica 3 2 1 0 97 46 (+) 51 2 12
Tri Nations 2020   Nova Zelandia 4 2 0 2 118 54 (+) 64 3 11

EstatísticasEditar

AnotadoresEditar

  • Datos actualizados o 16 de agosto de 2021

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar