Selección de rugby de Suráfrica
A Selección de rugby de Suráfrica (popularmente coñecida coma os Springboks, Springbokke en afrikaans e Amabokoboko en zulú) representa a Suráfrica en rugby. Son os actuais posuidores da Copa do Mundo de Rugby tras gañala en Xapón 2019[1] e actualmente ocupan o primeiro posto na clasificación mundial da IRB[2]. Ademais de xogar a Copa do Mundo xoga outras competicións internacionais coma o Rugby Championship e numerosos amigábeis.
Suráfrica | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Alcume(s) | Springboks (Boks) Springbokke (Bokke) Amabokoboko | ||
Emblema | Antílope e protea | ||
Unión | SA Rugby | ||
Adestrador | Jaques Nienaber | ||
Capitán | Siya Kolisi | ||
Mais caps | Victor Matfield (127) | ||
Máximo anotador | Percy Montgomery (893) | ||
Máis ensaios | Bryan Habana (67) | ||
| |||
Ranking World Rugby | |||
Actual | 1 (2 de decembro de 2019) | ||
Máximo | 1 (2007-08, 2009, 2019) | ||
Mínimo | 7 (2017, 2018) | ||
Estrea internacional | |||
Suráfrica ![]() ![]() Cidade do Cabo, Suráfrica; 30 de xullo de 1891 | |||
Maior vitoria | |||
Suráfrica ![]() ![]() East London, Suráfrica; 11 de xuño de 2005 | |||
Maior derrota | |||
Nova Zelandia ![]() ![]() Auckland, N. Zelandia; 16 de setembro de 2017 | |||
Copa do Mundo | |||
Participacións | 7 (primeira en 1995) | ||
Mellor resultado | 1º (1995, 2007, 2019) |
Aínda que Suráfrica foi parte na creación do Mundial de Rugby, os Springboks non competiron nas dúas primeiras edicións de 1987 e 1991 debido á loita contra o apartheid deportivo en Suráfrica. O equipo capitaneado por Francois Pienaar fixo o seu debut nesta competición en 1995, ano no que a nova Suráfrica democrática acolleu o torneo, o cal gañou tras vencer aos All Blacks na final do torneo, no que se lembra coma un dos mellores momentos da historia do deporte surafricano, xusto nunha época de consolidación nacional tralo apartheid. Suráfrica revalidou o título de campión en 2007, tras gañar a Inglaterra 15 a 6. Coma resultado do torneo os Springbokke acadaron a primeira praza na clasificación mundial por primeira vez.
Os Springboks xogan con camisola verde e dourada, e os seus emblemas son o Springbok (o Antílope) e Protea (planta floral típica do sur de África). Suráfrica leva xogando ao rugby dende 1891, cando un combinado das Illas Británicas fixo unha xira polo país, xogando os Boks o seu primeiro partido o 30 de xullo. O actual adestrador do equipo é Peter de Villiers, despois de que Jake White, que levou ao equipo ao título mundial de 2007, anunciara a súa dimisión do cargo a finais dese ano. O capitán é John Smit, o cal xogou durante toda a súa carreira coma talonador, mais dende os partidos de fin de ano de 2008 xoga coma pilier dereito.
O apartheid Editar
Incluso antes de que as leis do apartheid fosen promulgadas en Suráfrica os Springoboks foran sempre un equipo formado por xogadores de cor branca. O equipo converterase nun símbolo de división racial neste Estado, mais despois das primeiras eleccións abertas de 1994, o partido gobernante Congreso Nacional Africano (ANC) instituíu a política de cambio no deporte surafricano. Neste contexto, a transformación pode definirse como "unha completa alternancia da aparencia ou carácter do rugby surafricano", converténdose oas Springboks nun equipo máis representativo de toda Suráfrica.
Na Copa do Mundo de 1995 gañado por Suráfrica só participou un xogador non branco, Chester Williams. Isto continuou durante as grandes citas da selección nos mundiais de 1999 e 2003. Noa final do mundial de 2007 participaron dous xogadores non brancos. A pesar de que existe un sistema de cotas para fomentar a participación de xogadores non brancos na Super 14 (liga de rugby do país) e aos equipos de ámbito provincial hai por agora moitos máis xogadores brancos de rugby en Suráfrica, a transformación está sendo lenta en palabras do presidente da SARU Oregan Hoskins. Porén, a presión política sobre os adestradores e administradores para seleccionar a xogadores non brancos, dezaseis dos trinta e cinco novos Sprinboks seleccionados polo ex-adestrador John White eran non brancos. O ministro do Parlamento Butana Komphela expresou a opinión de moitos políticos do país cando dixo: "O deporte non pode ser excluído dos imperativos da potenciación e a transformación"[3].
Os símbolos Editar
Equipamento Editar
Suráfrica xoga con camisola verde, pantalóns brancos e medias verdes. O seu xersei leva bordado o emblema da SA Rugby (Federación Surafricana de Rugby) na esquina superior dereita e na manga tradicionalmente adoita levar un colar dourado. O equipamento está elaborado por Canterbury of New Zealand e o seu patrocinador na camisola é a compañía química Sasol. A camisola verde foi utilizada por primeira vez cando o equipo das Illas Británicas fixeron a súa xira surafricana en 1896[4]. Na primeira xira dos Boks polo Reino Unido e Irlanda entre 1906 e 1907 os surafricanos levaron un xersei verde con cores brancas e pantalóns e medias azuis. Unha réplica desta vestimenta foi utilizada en 2006 contra Irlanda en Dublín para conmemorar o centenario da xira[5].
Springboks Editar
O alcume de springbok e o logotipo datan da xira de 1906 e 1907 pola Gran Bretaña. A gacela (springbok, un tipo de antílope) foi elixido para representar ao equipo polo capitán da selección neses intres, Paul Ross, nunha tentativa de evitar que a prensa británica se inventase o seu propio nome. O emblema non estaba só restrinxido para o equipo de xogadores de cor branca, o primeiro equipo nacional de cores usouno en 1939 e o primeiro equipo de cor negra en 1950[4]. Despois da caída do apartheid en 1992 engadiuse ao logo a flor da protea. Cando o ANC foi electo en 1994 o nome do equipo non foi cambiado a Proteas como noutros deportes debido exclusivamente á intervención do Presidente Nelson Mandela[6].
En decembro de 2008, a SARU decidiu colocar a protea no lado esquerdo da camisola dos Boks, ao igual que outros equipos nacionais surafricanos, e mover o springbok cara o lado dereito[7]. A nova camisola será estreada na xira dos Brithish and Irish Lions de Suráfrica en 2009[8].
Estadios representativos dos Springboks Editar
- Véxase tamén: Ellis Park.
Os Springboks non teñen un estadio único para os seus partidos na casa, xogando arredor de toda Suráfrica. O estadio Ellis Park, con capacidade para 60.000 espectadores, en Xohanesburgo foi o principal durante o mundial de 1995 en Suráfrica, lugar onde os Boks derrotaron aos All Blacks na final. Outros estadios habituais son o Loftus Versfeld Stadium de Pretoria, o Newlands Stadium en Cidade do Cabo, o ABSA Stadium en Durban, o Vodacom Park en Bloemfontein ou o EPRFU Stadium en Porto Elizabeth.
O primeiro partido internacional de Suráfrica foi no St George's Park Cricket Ground de Porto Elizabeth en 1891. O Ellis Park foi construído en 1928, acollendo en 1955 unha marca de 100.000 espectadores nun partido amigábel entre Suráfrica e os Britsh Lions.
Dise dos Boks que teñen unha notábel vantaxe sobre outras localizacións fora da casa cando xogan a unha grande altitude na montañosa rexión do Highveld. Nos partidos no Ellis Park, Loftus Versfeld ou no Vodacom Park dise que se presentan problemas físicos, influíndo ademais nun gran número doutros factores coma a traxectoria do balón ao patealo. Os expertos discrepan sobre se é real o desafío físico ou só se debe a un estado psicolóxico.
Rexistros Editar
Copa do Mundo de Rugby Editar
Participacións de Nova Zelandia na Copa do Mundo.
Edición | Organizador | Posto |
---|---|---|
1987 | Nova Zelandia e Australia | Non participou |
1991 | Inglaterra[9] | Non participou |
1995 | Suráfrica | Campión |
1999 | País de Gales[10] | Terceiro |
2003 | Australia | 1/4 Finalista |
2007 | Francia[11] | Campión |
2011 | Nova Zelandia | 1/4 Finalista |
2015 | Inglaterra[12] | Terceiro |
2019 | Xapón | Campión |
The Rugby Championship Editar
Arxentina |
Australia |
Nova Zelandia |
Suráfrica | |
---|---|---|---|---|
Torneos | 10 | 26 | 26 | 25 |
Vitorias | 0 | 4 | 18 | 4 |
Partidos xogados | 52 | 124 | 124 | 120 |
Gañados | 6 | 53 | 93 | 50 |
Empatados | 3 | 6 | 2 | 5 |
Perdidos | 43 | 65 | 29 | 65 |
Rexistros de xogadores Editar
Máis partidos coa selección Editar
A seguinte listaxe recolle os rexistros máis notábeis de partidos xogados coa selección surafricana[13]. A lista inclúe xogadores dos últimos 25 anos, é preciso sinalar que unha clasificación por número de selección non depende só da calidade do xogador senón só do número de partido disputados internacionalmente. Co nacemento da copa do mundo en 1987 a periodicidade dos partidos variou de xeito destacábel. En letra grosa xogadores que seguen en activo na selección de Suráfrica.
- Victor Matfield - 113
- John Smit - 111
- Percy Montgomery - 102
- Bryan Habana - 97
- Jean de Villiers - 96
Máis ensaios Editar
Bryan Habana é o xogador que conseguiu máis ensaios coa selección de Suráfrica. Cómpre destacar tamén a Joost van der Westhuizen[13], o xogador, hoxe retirado, ocupa o doceavo posto na clasificación de número ensaios da historia coas súas seleccións nacionais (empatado con francés Serge Blanco).
- Bryan Habana - 55
- Joost van der Westhuizen - 38
- Jaque Fourie - 32
- Breyton Paulse - 26
- Percy Montgomery - 25
- Jean de Villiers - 25
Puntos Editar
A maior marca de puntos marcados cos Springboks posúea Percy Montgomery con 893 puntos[13]. Este xogador, xa retirado, ocupa o setimo posto na lista histórica internacional de puntos coa súa selección.
- Percy Montgomery - 893
- Morné Steyn - 688
- Naas Botha - 312
- Bryan Habana - 265
- Joel Stransky - 240
Notas Editar
- ↑ "Sudáfrica gana el Mundial a Inglaterra en una final casi perfecta". Marca (en castelán). 2 de novembro de 2019. Consultado o 2 de novembro de 2019.
- ↑ IRB Ranking Arquivado 15 de abril de 2012 en Wayback Machine., consultado a 5 de abril de 2009 (en inglés)]
- ↑ Springboks keep up search for the right blend of colour coordination (en inglés)
- ↑ 4,0 4,1 A unidade do símbolo: o Springbock vs a Protea (en inglés)
- ↑ Boks to wear original strip against Irish (en inglés)
- ↑ Strains show as nation cheers on the Boks (en inglés)
- ↑ Springbok badge to move to right Arquivado 18 de febreiro de 2009 en Wayback Machine. (en inglés)
- ↑ New Springbok jersey to be launched in time for British & Irish Lions tour Arquivado 20 de febreiro de 2009 en Wayback Machine. (en inglés)
- ↑ coa asistencia de País de Gales, Escocia, Irlanda e Francia
- ↑ coa asistencia de Escocia, Inglaterra, Irlanda e Francia
- ↑ coa asistencia de País de Gales e Escocia
- ↑ coa asistencia do País de Gales
- ↑ 13,0 13,1 13,2 SuperRugby Arquivado 06 de marzo de 2009 en Wayback Machine. (en inglés)