Copa do Mundo de Rugby

A Copa do Mundo de Rugby é a competición internacional máis importante do rugby. O evento está organizado pola asociación que goberna este deporte a nivel mundial, a World Rugby, e nel participan seleccións nacionais masculinas. O primeiro mundial foi celebrado en 1987, e dende entón se ven repetindo cada catro anos. O campión recibe a Copa Webb Ellis, bautizada co nome do lendario inventor do deporte do rugby William Webb Ellis.

Copa do Mundo de Rugby
Copa Webb Ellis
Fundación1987
RexiónAfiliados á IRB
Equipos20 (na fase final)
Actual campiónSelección de rugby de Suráfrica Suráfrica (3º título)
Máis laureadoSelección de rugby de Nova Zelandia Nova Zelandia (3 títulos)
Selección de rugby de Suráfrica Suráfrica (3 títulos)
Sitio webwww.irb.com
Vindeira edición Francia 2023

Catro seleccións acadaron o campionato nas nove edicións disputadas, Suráfrica e Nova Zelandia tres veces, Australia dúas veces e Inglaterra unha vez. A vixente campioa é Suráfrica, que derrotou a Inglaterra na final de 2019.

A Copa do Mundo de Rugby está considerada o terceiro evento deportivo máis importante a nivel internacional despois dos Xogos Olímpicos e da Copa do Mundo de Fútbol[1][2].

Finais Editar

Edición Sede Campión Resultado Finalista
2019 International Stadium, Iocoama Suráfrica   32 - 12   Inglaterra
2015 Twickenham Stadium, Londres Nova Zelandia   34 - 17   Australia
2011 Eden Park, Auckland Nova Zelandia   8 - 7   Francia
2007 Stade de France, París Suráfrica   15 - 6   Inglaterra
2003 Stadium Australia, Sydney Inglaterra   20 - 17   Australia
1999 Millennium Stadium, Cardiff Australia   35 - 12   Francia
1995 Ellis Park, Xohanesburgo Suráfrica   15 - 12   Nova Zelandia
1991 Twickenham Stadium, Londres Australia   12 - 6   Inglaterra
1987 Eden Park, Auckland Nova Zelandia   29 - 9   Francia

Estatísticas Editar

Por seleccións Editar

Selección       2019 2015 2011 2007 2003 1999 1995 1991 1987
  Nova Zelandia 3 1 3 3 1 1 ¼ 3 4 2 3 1
  Suráfrica 3 - 2 1 3 ¼ 1 ¼ 3 1 - -
  Australia 2 2 1 ¼ 2 3 ¼ 2 1 ¼ 1 4
  Inglaterra 1 3 - 2 g ¼ 2 1 ¼ 4 2 ¼
  Francia - 3 1 ¼ ¼ 2 4 4 2 3 ¼ 2
  Gales - - 1 4 ¼ 4 g ¼ ¼ g g 3
  Arxentina - - 1 g 4 ¼ 3 g ¼ g g g
  Escocia - - - g ¼ g ¼ ¼ ¼ ¼ 4 ¼
  Irlanda - - - ¼ ¼ ¼ g ¼ g ¼ ¼ ¼
  • 1 = Campión; 2 = Finalista; 3, 4 = Semifinalistas; ¼ = Cuartofinalista; g = Caeu na fase de grupos.

Por xogadores Editar

Xogador Ensaios 2019 2015 2011 2007 2003 1999 1995 1991 1987
  Jonah Lomu 15 8 7
  Bryan Habana 15 5 2 8
  Drew Mitchell 14 4 3 7
  Doug Howlett 13 6 7
  Adam Ashley-Cooper 12 1 4 5 2
  Rory Underwood 11 5 4 2
  Chris Latham 11 5 5 1
  Joe Rokocoko 11 5 6
  Vincent Clerc 11 6 5
  David Campese 10 0 6 4
  Briam Lima 10 3 3 2 2
  Shane Williams 10 3 6 1

Notas Editar

Edicións da Copa do Mundo de Rugby
1987 - 1991 - 1995 - 1999 - 2003 - 2007 - 2011 - 2015 - 2019 - 2023