Copa do Mundo de Rugby 1995
A Copa do Mundo de Rugby 1995 foi a 3ª edición da Copa do Mundo de Rugby, e disputouse en Suráfrica. O campionato comezou o 25 de maio do 1995 e rematou o día 24 de xuño de 1995 coa final xogada no estadio Ellis Park de Xohanesburgo. A selección anfitrioa, Suráfrica, participaba por vez primeira nun mundial despois do boicot sufrido durante anos por mor do apartheid. Na final enfrontáronse os locais de Suráfrica fronte a Nova Zelandia, con resultado final de 15 a 12, o que supuxo o primeiro título mundial para os Springboks.
Véxase tamén Editar
Ligazóns externas Editar
Este artigo sobre deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |